ACTIVIDADES

Novembro 2019

REVISTA AGACA

  • 145 portada

    Coperación Galega 145 Outubro 2019

    Editorial: «Comprometidos, non privilexiados»
    A fondo: Entrevista a Rafael Prieto, director xeral de Clun: «Case é imprescindible ter unha industria láctea cooperativa forte»
    Caderno Técnico: A innovación agroforestal en Galicia

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Esta mañá AGACA organizaou a Xornada sobre Creación de Emprego e Riqueza mediante o Uso Cooperativo do Monte Comunal, no Barco de Valdeorras, no marco da Rede Eusumo para o fomento da economía social, co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
  • Expertos en rendibilidade, xestión e innovación no eido forestal explicaro como identificar e potenciar os recursos dos montes en man común para os veciños.

20170428_eusumo_CCMMVV_Barco_Valdeorras

O Barco de Valdeorras acolleu a primeira das actividades do ano do ciclo “Creación de Emprego e Riqueza mediante o Uso Cooperativo do Monte Comuna”, impulsado pola Rede Eusumo para fomentar a dinamización destes espazos, que en Galicia supoñen dous terzos dos 2 millóns de has de monte totais.

Medio centenar de comuneiros e comuneiras e demáis persoas relacinadas coa xestión de montes veciñais en man común (MVMC) asistiron aos relatorios.

Higinio Mougán, director-xerente de AGACA, fixo referencia á necesidade de dinamizar os montes con actividades que poidan proporcionar un valor engadido para os veciños, especialmente con actividades que creen postos de traballo, o que axudaría no só a fixar senón tamén a atraer habitantes.

A nivel empresarial, expuxo as características de cooperativas, sociedades mercantís e sociedades agrarias de transformación, salientando ás cooperativas como base sólida sobre a que constituír e activar as iniciativas de explotación de recursos forestais: “Os montes comunais son de todos os veciños, como as cooperativas, onde non hai personalismos e hai compromiso e xenerosidade”.

En canto a xestión forestal, Calixto Escariz, asesor de comunidades de montes, explicou as posibilidades de investimento para Comunidades de MVMC acordes á Lei de Montes.

En canto a innovación, Manuel Eirín, director xerente da empresa Gaélica Solar, afondou en xeitos de lograr a eficiencia enerxética e na identificación de iniciativas innovadoras no medio rural. Expúxose tamén o novo proxecto “O Dourado Verde” con financiamento do FEADER, que investiga as posibilidades de resinación de coníferas mediante electroestimulación.

Casos de éxito

Varias persoas expuxeron exemplos de uso rendible dos montes veciñais. No Barco de Valdeorras, Aurelio Prado explicou o funcionamento de Amarelante, cooperativa dedicada á castaña, e Manuela González falou do cultivo de olivas. Tamén se presentou un novo proxecto, con financiamento do FEADER, para extraer resina sen danar a madeira das coníferas e que sirva así para taboleiros.