ACTIVIDADES

Decembro 2019

REVISTA AGACA

  • 145 portada

    Coperación Galega 145 Outubro 2019

    Editorial: «Comprometidos, non privilexiados»
    A fondo: Entrevista a Rafael Prieto, director xeral de Clun: «Case é imprescindible ter unha industria láctea cooperativa forte»
    Caderno Técnico: A innovación agroforestal en Galicia

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

NOTA DE PRENSA: BASF

Presentación Enervin Duo
A última novidade en funxicidas para cultivos hortícolas de aire libre desenvolvida por Basf, e presentada o 19 de outubro, en Murcia, Enervin Duo®, combina dúas materias activas complementarias nun só produto: unha molécula pertencente á clase química das triazolo-piridimilaminas, ametoctradin (Initium® )e dimetomorf.

A importancia do produto radica en que Intium® actúa inhibindo a respiración mitocondrial do fungo provocando a súa morte, sendo o único ingrediente activo que actúa desta forma polo que non existe resistencia cruzada con outras moléculas comercializadas na actualidade e contribuíndo a dar un novo impulso aos programas de tratamentos

Está autorizado en multitude de cultivos, cunha formulación versátil e sen problemas de mesturas; é resistente ao lavado e selectivo en todos os cultivos autorizados.

BASF destaca a seguridade do produto tanto para os consumidores, como para os operadores e traballadores e para o medio ambiente.

 
Pode consultar máis información en “Documentación 1”

31/01/2017