ACTIVIDADES

Outubro 2019

REVISTA AGACA

  • 144_portada_wb

    Cooperación Galega Nº 144 Agosto 2019

    Editorial: Viticultores en problemas coa Seguridade Social
    A fondo: Daniel Ferreiro: “A decisión de fusionar Aira foi un acerto”
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

Fonte: Nota de prensa RP Galicia

As asembleas xerais das tres cooperativas aprobaron a súa integración, efectiva desde hoxe.

Feiraco, co 97,6% dos votos; Melisanto co 96,03%; Os Irmandiños co 97%; apoian con amplísima maioría o proxecto.
A cooperativa Xallas non aproba o proxecto de integración
O novo grupo cooperativo ten vocación de ser referencia no sector agro-ganadero, ao gañar tamaño e eficiencia a curto prazo, e así converterse nun grupo líder na economía agro ganadera galega.
Nace con tres grandes obxectivos estratéxicos, que contribúen á sustentabilidade da produción láctea galega: integración dos servizos técnicos financeiros para alcanzar unha maior eficiencia dos custos de produción, optimizar os suministros e agregar volume para mellorar a cadea de valor e contribuír ao seu estructuración
Este paso importante vai na liña dos grandes movementos cooperativos europeos.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2016.- As Asembleas Xerais de tres cooperativas ganaderas galegas, Feiraco, Irmandiños, e Melisanto ratificaron hoxe con amplísima maioría —era imprescindible que fose superior a dous terzos— o acordo alcanzado polos seus respectivos consellos rectores, polo que inician un proceso de integración das súas actividades e negocios nunha cooperativa de segundo grado, cuxa denominación farase pública nos próximos días, e que terá efectos desde o día de hoxe. A cooperativa Xallas non aprobou a súa integración.
As cooperativas que aprobaron o acordo de integración dedícanse principalmente á fabricación de piensos, tenda agrícola e á prestación de servizos aos seus socios e á recolleita, envasado e distribución de leite, así como doutros derivados lácteos.
Cada unha das cooperativas partícipes procederá a aportar a totalidade dos seus negocios – activos e persoal- á nova cooperativa a cal, a partir da integración, pasará a realizar todas as actividades fronte a terceiros.
O novo grupo contará con participacións significativas nas sociedades Feiraco Piensos S.L, Feiraco Lácteos S.L, Clesa – Acolat, Ucoga Asesores, Delagro S.C. e Artesans Gandeiros.