ACTIVIDADES

Setembro 2019

ÚLTIMAS NOTICIAS

REVISTA AGACA

  • 144_portada_wb

    Cooperación Galega Nº 144 Agosto 2019

    Editorial: Viticultores en problemas coa Seguridade Social
    A fondo: Daniel Ferreiro: “A decisión de fusionar Aira foi un acerto”
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) e Obra Social “la Caixa” levan a cabo a iniciativa “Coidar, coidarte” para contribuír ao envellecemento activo.
  • A adega Condes de Albarei (Cambados) acollerá a Xornada durante a mañá do 1 de xuño. É a primeira participante neste ciclo de xornadas, que se repetirán en cooperativas de toda Galicia.
31/05/2016

Coidar, coidarte - Envellecemento Activo AGACA e Obra Social la CaixaUn grupo de socias da cooperativa vitivinícola Condes de Albarei participará na charla “Coidar, coidarte” impartida por expertos en atención a persoas maiores e con dependencia.

A xornada dará visibilidade aos diferentes procesos asociados co envellecemento, a nivel físico, emocional e social, e achegará pautas para tratar de mitigar o deterioro asociado a cumprir anos, aconsellando sobre alimentación, exercicio físico e mental e interacción social, fomentando o envellecemento activo.

Ademais, os relatores explicarán técnicas para o coidado no fogar de persoas maiores dependentes, tratando de mellorar o seu benestar co menor detrimento para coidadores que, na contorna do cooperativismo agroalimentario, adoitan ser mulleres da familia segundo se deduce de enquisas efectuadas por AGACA

Compromiso social

De feito, “Coidar, coidarte” responde directamente ás demandas das cooperativistas que interviñeron no programa de empoderamento “Atrévete contigo mesma”, tamén desenvolvido por AGACA e Obra Social “la Caixa”, que solicitaban formación sobre atención a maiores ao seu cargo.

AGACA e Obra Social “la Caixa” reafirman mediante as xornadas de “Coidar, coidarte” o seu compromiso co medio rural galego, contribuíndo ao seu avance social.

Lugar: Condes de Albarei, Lugar de A Bouza, 1, Cambados – Pontevedra
Horario: mércores 1 de xuño, de 10:00 a 14:00 h.