ACTIVIDADES

Outubro 2019

REVISTA AGACA

  • 144_portada_wb

    Cooperación Galega Nº 144 Agosto 2019

    Editorial: Viticultores en problemas coa Seguridade Social
    A fondo: Daniel Ferreiro: “A decisión de fusionar Aira foi un acerto”
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Cooperativas Agro-alimentarias de Castela-A Mancha mantivo hoxe un encontro coa Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (Agaca) co fin de compartir as súas iniciativas en materia de Igualdade Efectiva e intercambiar sinerxías para a incorporación da muller e a súa integración nas cooperativas agroalimentarias.

O director de Cooperativas Agro-alimentarias de Castela-A Mancha, José Luís Rojas, acompañado dos técnicos en Igualdade, Tomás Merino e Ana Olmedo e de reitoras da cooperativa conquense Nuestra Señora de Manjavacas, reuníronse co director xerente de Agaca, Higinio Mougán, en Pazo Baión (Pontevedra), propiedade da cooperativa de viño Condes de Albarei.

Neste encontro intercambiaron experiencias e opinións sobre as accións executadas para que a muller teña un papel máis activo nas cooperativas agroalimentarias e para a súa incorporación nos consellos reitores das mesmas.

En Pazo Baión, ambas as organizacións desenvolveron as Xornadas de Transferencia de Coñecementos onde Cooperativas Agro-alimentarias de Castela-A Mancha coñeceu os proxectos de Agaca en materia de desenvolvemento rural. Ademais, comprobaron o funcionamento das accións de Agaca en proxectos sociais.

Doutra banda, visitaron a sociedade cooperativa láctea galega, Feiraco, onde tamén intercambiaron experiencias con mulleres da mesma.

Cooperativas Agro-alimentarias de Castela-A Mancha desenvolve actualmente un proxecto para alcanzar a igualdade efectiva nas cooperativas da rexión que conta co financiamento do Ministerio de Sanidade, Igualdade e Benestar Social