ACTIVIDADES

Outubro 2019

REVISTA AGACA

  • 144_portada_wb

    Cooperación Galega Nº 144 Agosto 2019

    Editorial: Viticultores en problemas coa Seguridade Social
    A fondo: Daniel Ferreiro: “A decisión de fusionar Aira foi un acerto”
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

COMUNICADO DE PRENSA: O 26 de febreiro presentáronse os resultados do proxecto europeo TESLa, liderado por Coperativas Agro-alimentarias de España

  • O proxecto TESLA presentou os seus resultados durante a celebración da xornada “A eficiencia enerxética na industria alimentaria europea”.
  • Tal e como destacou na inauguración Ángel Villafranca, presidente de Cooperativas Agro-alimentarias de España, os aforros enerxéticos provocados polo proxecto TESLA alcanzarán ao final do ano os 38 millóns de kWh en termos de enerxía primaria anual e suporá, ademais, un alivio para as emisións de gases de efecto invernadoiro de 4.300 toneladas de CO2 equivalente.

Neste proxecto, coordinado por Cooperativas Agro-alimentarias de España, participaron dende 2013, 110 cooperativas de Italia, Francia, Portugal e España pertencentes aos sectores de bodegas, fábricas de pensos, centrais hortofrutícolas e muíños de aceite.

Proxecto Tesla
Como consecuencia da auditoría enerxética realizada nas súas plantas de produción, moitas cooperativas realizaron importantes melloras nas súas instalacións. Estas inversións acadaron os 10,8 millóns de euros, tendo en conta o financiamento comunitario recibido para o proxecto, a taxa de retorno de cada euro investido pola Unión Europea multiplicouse por 7.

O proxecto deixa ademais outros resultados que poden ser aproveitados de forma gratuíta por empresas con similares características ás estudadas. Todas as ferramentas están dispoñibles na web do proxecto www.teslaproject.org. Tanto os Manuais Sectoriais de eficiencia enerxética, que pretenden familiarizar ás empresas coas medidas que se teñen demostrado de éxito en industrias similares á súa, como as Boas Prácticas Dispoñibles, dirixidas aos profesionais do deseño e enxeñería industrial agroalimentaria, teñen por obxecto mellorar a eficiencia nos procesos incorporando tecnoloxías coñecidas e tamén prometedoras.

Así mesmo, co proxecto deseñouse o “TESLA tool”, un software que permite un autodiagnóstico enerxético para muíños de aceite, bodegas, fábricas de pensos e centrais de horta e froita. A súa adaptación aos procesos e equipamentos específicos permite deseñar plans individualizados de aforro enerxético a través da simulación da posta en funcionamento de medidas.