ACTIVIDADES

Xullo 2019

REVISTA AGACA

  • Cooperación Galega Nº 143 Maio 2019

    Editorial: Asociación “Nós, as mulleres”
    A Fondo: A visibilidade da muller na cooperativa
    Caderno: Efecto do tipo de concentrado na dieta de cebo

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Extracto de “Distribución y Consumo” – nº 140 – Año 2015 Vol. V
  • Achegamos unha reportaxe publicada na revista “Distribución y Consumo”, co título “Tendencias en los mercados mundiales de leche y productos lácteos” escrita por José Luis Murcia.

As tendencias no mercado do leite cambian rapidamente en todo o mundo. En América do Norte, Oceanía e Australia, o leite fresco continúa a ser un valor seguro, os queixos gañan terreo dende os anos 80, especialmente o tipo mozzarella, tanto con leite de búfala coma de vacún, sobre todo en Estados Unidos.

Europa
O leite, tanto fresco como pasteurizado, cede terreo pouco a pouco ás denominadas bebidas de orixe vexetal, mentres os queixos soben o seu consumo e os iogures abren novas fontes.

América Latina
Conxuga o consumo de leite con produtos tradicionais coma o doce de leite ou o leite confeitado, unha tradición antiquísima que agora atopa resposta nas sobremesas lácteas elaboradas en Occidente, mesmo con derivados do iogur.

Asia
Agás A India, cunha longa tradición láctea, o resto de Asia ábrese ás modas occidentais dende China a Indonesia, Malaisia ou Tailandia.

África
Mesmo en países árabes, onde hai tradición nos pobos nómades de beber leite de camela, os produtos lácteos son considerados un luxo.

España
O outono de 2014, segundo a consultora Nielsen, rematou cunha caída do 2,6% do consumo de leite e un lixeiro aumento das vendas de pouco máis do 1% con 2.111 millóns de euros. As bebidas vexetais con améndoa, avea, coco ou soia, xunto coas baixas en lactosa, subiron as súas vendas máis dun 10% en volume e case un 14% en volume.

Crecemento futuro
De aquí a 2050, o crecemento prevese nos países emerxentes, especialmente do sueste asiático, pero tamén dalgunhas nacións de África que están en disposición de xerar riqueza.

En canto a envases, na Unión Europea e Australia teñen éxito os modelos máis asépticos, que non precisan refrixeración durante un período mínimo de 6 meses grazas ao UHT (Ultra High Temperature) para eliminar bacterias. Os Estados Unidos de América apostan pola tradicional High Temperature Short Time (HTST) aínda que algúns expertos prognostican que a expansión de envases asépticos pode favorecer o consumo de leite líquido.

Para ver o documento completo (Formato PDF – 470 Kb), prema o botón “Documentación 1”