ACTIVIDADES

Novembro 2019

REVISTA AGACA

  • 145 portada

    Coperación Galega 145 Outubro 2019

    Editorial: «Comprometidos, non privilexiados»
    A fondo: Entrevista a Rafael Prieto, director xeral de Clun: «Case é imprescindible ter unha industria láctea cooperativa forte»
    Caderno Técnico: A innovación agroforestal en Galicia

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

night scenes of shanghai financial center district

26/02/2015

Os días 26 e 27 de febreiro, Valencia acolle a celebración da VII edición deste Congreso que coincidirá tamén, coa celebración do 25 aniversario da Entidade

Valencia

 

NOTA DE PRENSA

 

Os días 26 e 27 de febreiro, Valencia acolle a celebración da VII edición deste Congreso que coincidirá tamén, coa celebración do 25 aniversario da Entidade.

 

Casa Real confirmou a presencia do Rei felipe VI ao evento, que se celebra nos días 26 e 27 de febreiro en Valencia. Isabel García Tejerina, ministra de Agricultura, estivo presente na Inauguración do Congreso, que ten como lema “Razóns de Futuro”. Phil Hogan, comisario de Agricultura da Unión Europea, participará nunha conferencia maxistral o mesmo día.

Os principais eixes temáticos que se tratan no encontro son a integración das cooperativas, a innovación e a internacionalización, que se irán debullando a través de varias mesas redondas, relatorios e talleres de traballo.

O acto inaugural contou coa presenza do presidente da Organización, Angel Villafranca, acompañado do presidente de Cooperatives Agro-alimentàries da Comunitat Valenciana, José V. Torrent; o presidente do Banco de Crédito Cooperativo-Cajamar, Luis Rodríguez González; o presidente da Generalitat Valenciana, Alberto Fabra, e a ministra de Agricultura, Alimentación e Medio, Isabel García Tejerina. Tejerina subliñou que a Lei de Integración Cooperativa é “un reflexo da confianza […] nas cooperativas e do valor que estas poden dar a España” como “parte importante da transformación tan grande que sufriu o sector agroalimentario español nos últimos anos, hoxe un referente a nivel mundial”. Destacou, ademais, que a Normativa servirá para conseguir “as tres Ies: internacionalización, integración e innovación”.

Por outro lado, Phil Hogan Comisario Europeo de Agricultura, explicou na súa conferencia os instrumentos que establece a nova PAC, tanto no marco da Organización Común de Mercado (OCM) Única coma nos programas de Desenvolvemento Rural, para fomentar a figura das Organizacións de Produtores (OPs), en cuxa creación as cooperativas son estruturas clave e deben xogar un papel primordial.

Hogan tamén fixo referencia á necesidade de actuar a nivel europeo para eliminar as prácticas comerciais desleais no funcionamento da cadea alimentaria

Ver programa