2 de xullo – Día Internacional das Cooperativas: o poder de actuar por un futuro sostible

Agaca
Por Agaca Xullo 1, 2016 15:24

ACTIVIDADES

Novembro 2019

REVISTA AGACA

  • 145 portada

    Coperación Galega 145 Outubro 2019

    Editorial: «Comprometidos, non privilexiados»
    A fondo: Entrevista a Rafael Prieto, director xeral de Clun: «Case é imprescindible ter unha industria láctea cooperativa forte»
    Caderno Técnico: A innovación agroforestal en Galicia

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

COMUNICADO DE PRENSA: Cooperativas Agro-alimentarias de España

Cooperativas: o poder de actuar por un futuro sustentable

  • Baixo o lema “Cooperativas: o poder de actuar por un futuro sustentable” celébrase mañá 2 de xullo o Día Internacional das Cooperativas 2016. Este tema escolleuse para deixar constancia da contribución das cooperativas aos obxectivos de desenvolvemento sustentable de Nacións Unidas. O concepto de sustentabilidade repousa en tres grandes alicerces: o ambiental, o social e o económico.

Nas cooperativas a sustentabilidade social presuponse porque forma parte da nosa identidade. A nosa misión é mellorar a vida dos agricultores socios e por extensión das súas familias e dos pobos e zonas onde habitan. As cooperativas ademais, garanten a igualdade de oportunidades para os agricultores das zonas rurais, en particular para mulleres e novas, e proporcionan formación e información aos seus socios.

CAE LogoA sustentabilidade ambiental é procurar realizar as actividades de produción, transformación e comercialización co mínimo impacto posible, é dicir sendo preciso nos consumos de auga, enerxía, xeración de residuos etc., ademais de ter presente sempre unha actitude de mellora continua no comportamento ambiental. As cooperativas fomos pioneiras na utilización de control biolóxico como alternativa e complemento aos tratamentos fitosanitarios. Tamén na implantación de sistemas de xestión de calidade de produtos, de estándares de produción integrada e sistemas de xestión ambiental. E tamén nos últimos anos no ámbito enerxético habemos introducido técnicas de eficiencia enerxética, reducimos a pegada de carbono ou incorporamos as enerxías renovables ou a co-xeración.

Respecto da sustentabilidade económica, a unión dos produtores en cooperativas permite sen dúbida unha maior organización da oferta, un mellor poder de negociación e unha ordenación do mercado, facendo que os nosos socios se beneficien do valor engadido xerado na cadea. Ademais, as cooperativas xeramos economías de escala, facemos que as explotacións dos socios sexan máis eficientes, reduzan os seus custos de produción, accedan a servizos de asistencia técnica e a compra en común de subministracións, garantindo a trazabilidade do proceso e do produto e un abastecemento continuado aos seus clientes. Ademais, como proxecto empresarial na súa concepción estratéxica as cooperativas incorporan beneficio á sociedade e aos axentes que lle rodean como un obxectivo complementario.

Dar emprego estable a traballadores fixando poboación nos medios rurais, satisfacer aos clientes con produtos de calidade e con trato cómplice e permanente, formar ao persoal de forma continua e crendo nas súas posibilidades profesionais, prestar apoio a concellos e resto de axentes sociais nas actividades que melloren a vida dos municipios rurais, facer participes aos socios nas decisións estratéxicas que toma a cooperativa a través dos seus órganos democráticos, ser transparente ante os seus socios, clientes e traballadores etc…. estas son algunhas das cuestións que forman parte do noso día a día, ás que iremos incorporando outras para atender as necesidades dos nosos socios.

Desde Cooperativas Agro-alimentarias de España temos claro que debemos contribuír á sustentabilidade do sector agroalimentario español. Estamos convencidos que non debe limitarse a un compromiso cosmético ou de imaxe, debemos facilitar activamente unha sustentabilidade real e baseada nos tres alicerces ás 3.838 empresas cooperativas e ao máis de millón de familias que representamos.

Ángel Villafranca (Presidente)

Agaca
Por Agaca Xullo 1, 2016 15:24
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*