Dolores Calvo, presidenta de Nós, As Mulleres, fala sobre educación no Parlamento Europeo

Agaca
Por Agaca Outubro 16, 2019 12:55

ACTIVIDADES

Novembro 2019

REVISTA AGACA

  • 145 portada

    Coperación Galega 145 Outubro 2019

    Editorial: «Comprometidos, non privilexiados»
    A fondo: Entrevista a Rafael Prieto, director xeral de Clun: «Case é imprescindible ter unha industria láctea cooperativa forte»
    Caderno Técnico: A innovación agroforestal en Galicia

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Con motivo do Día Internacional da Muller Rural, o 15 de outubro celebrouse no Parlamento Europeo un encontro do Comité de Mulleres de Copa Cogeca acerca da formación académica das mulleres traballadoras do sector primario.
  • Interveu Dolores Calvo, presidenta da Asociación Galega de Mulleres de Cooperativas Agroalimentarias, Nós, As Mulleres, e vicepresidenta da Asociación de Mulleres de Cooperativas Agro-alimentarias de España.

Durante a tarde de onte tivo lugar no Parlamento Europeo un encontro titulado “A educación das mulleres da agricultura, un paso fundamental par asegurar a igualdade de xénero e a substitución xeracional na agricultura”, organizado polo Comité de Mulleres do Copa (Comité de Organizacións Profesionais Agrícolas) e o Cogeca (Comité Xeral do Cooperativismo Agrario na Unión Europea).

lolicalvoweb-101x116

Dolores Calvo —presidenta da Asociación Galega de Mulleres de Cooperativas Agroalimentarias de Galicia Nós, As Mulleres; vicepresidenta da Asociación de Mulleres de Cooperativas Agro-alimentarias de España; vogal en AGACA e presidenta da adega cooperativa Condes de Albarei— interveu expoñendo os programas que poden ofrecer as cooperativas agroalimentarias para a formación e fixación das mulleres no sector: “As cooperativas son unha ferramenta moi importante para reforzar a posición de profesionais da agricultura e gandería na cadea de valor da alimentación. As mulleres agrogandeiras deben estar involucradas nos Consellos Reitores para facelos máis fortes”, afirmou Calvo.

Copa Cogeca ofreceu datos para contextualizar a situación do sector: na Unión Europea, o 35,1% das persoas que traballan na agricultura e o 30% das que dirixen explotacións son mulleres. En termos de formación, o 70,7% das persoas que dirixen explotacións só teñen experiencia práctica; o 20,7%, formación básica en agricultura e o 8,6%, formación completa. En termos de idade, o 19,2% de profesionais da agrogandería xóvenes conta con formación completa (fronte a só o 2,6% de maiores de 65 anos) e continúa a asistir a cursos.

Copa Cogeca afirma que, se ben non hai datos oficiais da cantidade de mulleres en escolas agrarias nin cantas delas continúan ou renuncian a traballar no sector, é crítico atraer e reter a persoas con formación para loitar contra o envellecemento e o despoboamento no medio rural, que abarca o 93% do territorio da UE pero concentra só un 28% da poboación. Mellorar o nivel educativo e as capacidades da poboación rural axudaría a pechar a brecha salarial con respecto das zonas urbanas e promovería a produtividade empresarial.

Outros dos temas que se abordaron inclúen modos de atraer ás mulleres cara as escolas agrarias e o equilibrio de xénero nas mesmas, políticas nacionais para promover a agricultura entre as mulleres e o desenvolvemento profesional das mulleres en negocios agrarios.

16/10/2019

Agaca
Por Agaca Outubro 16, 2019 12:55
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*