A cooperativa Xallas – Santa Comba acollerá un obradoiro de Apoderamento de mulleres socias de cooperativas

Agaca
Por Agaca Xullo 11, 2019 14:10

ACTIVIDADES

Novembro 2019

REVISTA AGACA

  • 145 portada

    Coperación Galega 145 Outubro 2019

    Editorial: «Comprometidos, non privilexiados»
    A fondo: Entrevista a Rafael Prieto, director xeral de Clun: «Case é imprescindible ter unha industria láctea cooperativa forte»
    Caderno Técnico: A innovación agroforestal en Galicia

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • O 17 de xullo celebrarase a primeira sesión do obradoiro “Apoderamento de Mulleres Socias de Cooperativas”, na cooperativa Xallas – Santa Comba.
  • Os días 18, 23 e 30 de xullo continúan as actividades do Obradoiro.
  • A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organiza o Obradoiro no marco da Rede Eusumo.

O obradoiro “Apoderamento de mulleres socias de cooperativas”, que comeza  o 17 de xullo en Xallas – Santa Comba ten por obxectivos impulsar a autoestima e o apoderamento das mulleres socias de cooperativas e a súa presenza en órganos directivos de cooperativas, así como impulsar proxectos empresariais, profesionais ou agroalimentarios nos ámbitos social e asistencial, tomando a cooperativa como base de mellora.

A primeira sesión, inaugural, dedicarase a presentar oportunidades do sector primario e o apoderamento das mulleres socias. Ao día seguinte presentaranse dous casos prácticos de novos cultivos e producións agrogandeiras: Kalekoi, fabricante de iougures gourmet, e Bisqato, fabricante de queixo.

O día 23 de xullo as persoas que participen no Obradoiro desprazaranse ata Asturias, nunha viaxe para coñecementos de experiencias cooperativas no ámbito agrario e no ámbito social de interese para as socias, onde se visitarán unha explotación da cooperativa Campoastur e tamén Agropres, unha fábrica de pensos.

O Obradoiro remata o 30 de xullo cunha exposición de iniciativas no ámbito social do rural de España e plan de traballo final de traballo.

Consultar programa (PDF)

Rede Eusumo

20190618_logos-REDE-EUSUMOEsta actividade enmárcase no programa de actuación 2018 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

11/07/2019

Agaca
Por Agaca Xullo 11, 2019 14:10
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*