Día Internacional das Cooperativas: Sociedades sustentables grazas á cooperación

Agaca
Por Agaca Xullo 6, 2018 14:38

ACTIVIDADES

Setembro 2018

REVISTA AGACA

  • !·9 Cooperación Galega

    Cooperación Galega Nº 139 Agosto 2018

    Editorial- A reforma da Política Agraria Común
    A Fondo- CEPES. Mellorar o agro formando á xuventude
    Caderno Técnico- Recomendacións para cumprir coa Condicionalidade en medioambiente, cambio climático e boas condicións agrícolas da terra

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

Día Internacional das Cooperativas: Sociedades sustentables grazas á cooperación

Mañá 7 de xullo a Alianza Cooperativa Internacional, ACI, celebra como cada primeiro sábado de xullo o Día Internacional das Cooperativas, cuxo lema na súa 96 edición é “sociedades sustentables grazas á cooperación”. Os valores, principios e estruturas de gobernanza, a sustentabilidade e a resiliencia forman parte do movemento cooperativo que conta con máis de 1.200 millóns de membros no mundo. As sociedades sustentables son aquelas que reflicten os límites ambientais, sociais e económicos do crecemento

Pola súa propia natureza, as cooperativas xogan un importante papel:

  • Como actores económicos crean oportunidades de emprego, medios de vida xeración de ingresos. A unión dos produtores en cooperativas permite unha maior organización da oferta, un mellor poder de negociación e unha ordenación do mercado, facendo que os nosos socios se beneficien do valor engadido xerado na cadea. Ademais, as cooperativas xeramos economías de escala, facemos que as explotacións dos socios sexan máis eficientes, reduzan os seus custos de produción, accedan a servizos de asistencia técnica e a compra en común de subministracións, garantindo a trazabilidad do proceso e do produto e un abastecemento continuado aos seus clientes. As cooperativas ofrecen emprego estable a traballadores fixando poboación nos medios rurais e forman ao persoal de forma continua e crendo nas súas posibilidades profesionais.
  • Como empresas con obxectivos sociais e centradas nas persoas, contribúen á equidade e a xustiza social. A nosa misión é mellorar a vida dos agricultores socios e, por extensión, das súas familias e dos pobos e zonas onde habitan. As cooperativas, ademais, abordan a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres coa posta en marcha de liñas e políticas de actuación que contribúan a incrementar a porcentaxe de mulleres nos órganos de decisión e gobernanza das cooperativas, necesario para a construción dunha sociedade igualitaria e sustentable. Tratamos de atraer talento e novos produtores ao sector, fundamentais para o mantemento da poboación e o medio rural.
  • Como institucións democráticas, son controladas polos seus membros e desempeñan un papel de liderado na sociedade e as comunidades locais. Como proxecto empresarial, na súa concepción estratéxica as cooperativas incorporan beneficio á sociedade e aos axentes que as rodean como un obxectivo complementario. Así, as cooperativas prestan apoio a concellos e resto de axentes sociais nas actividades que melloren a vida dos municipios rurais, fan partícipes ás persoas socias nas decisións estratéxicas que toma a cooperativa a través dos seus órganos democráticos, son transparentes ante as persoas soicas, clientes e traballadores etc.
  • Como entidades comprometidas co medio ambiente. As cooperativas realizan as actividades de produción, transformación e comercialización co mínimo impacto posible, sendo conscientes de que os recursos naturais son a base e o futuro da súa actividade. As cooperativas fomos pioneiras na utilización de control biolóxico como alternativa e complemento aos tratamentos fitosanitarios; na implantación de sistemas de xestión de calidade de produtos, de estándares de produción integrada e sistemas de xestión ambiental. E nos últimos anos introducimos técnicas de eficiencia enerxética, reducimos a pegada de carbono ou incorporamos as enerxías renovables ou a coxeración. As cooperativas apostan por unha nova agricultura competitiva e  descarbonizada, por novas oportunidades baseadas na bioeconomía circular, co aproveitamento sustentable de fluxos de subproductos e residuos ata agora infrautilizados.

Dende a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias sumámonos ás declaracións de Cooperativas Agro-alimentarias de España. Temos claro que debemos contribuír á sustentabilidade do sector agroalimentario español e do galego. Estamos convencidos de que non debe limitarse a un compromiso de imaxe, que debemos facilitar activamente unha sustentabilidade real e baseada nos tres alicerces ao centenar de cooperativas e ás 30.000 familias galegas que representamos dende AGACA, así como ás 3.740 empresas cooperativas e ao máis do millón de familias que, a nivel nacional, representa Cooperativas Agro-alimentarias de España.

Gran parte dos nosos valores e do que achegamos á sociedade reflíctese no siguente video “Cooperativas, juntos somos más fuertes”

 

 

Agaca
Por Agaca Xullo 6, 2018 14:38
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*