Continúa aberto o prazo de presentación de viños aos Premios Manojo ata o 11 de maio

Agaca
Por Agaca Maio 4, 2018 14:04

ACTIVIDADES

Maio 2018

REVISTA AGACA

  • portada

    Cooperación Galega Nº 137 Marzo 2018

    Editorial- O Plan forestal de Galicia a debate
    A Fondo- Cooperativas galegas apostan polas gasolineiras automáticas
    Caderno Técnico- Escolma do borrador da primeira revisión do Plan Forestal de Galicia

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

NOTA DE PRENSA: Unión Regional de Cooperativas Agrarias de Castilla y León

  • Despois de que se abrise o prazo o pasado 23 de Abril, xa se presentaron case 150 viños dos ao redor de 500 que se espera concursen nesta XVII Edición dos Premios Manojo, o Concurso Nacional de Viños de Adegas Cooperativas que organiza URCACYL (Unión Rexional de Cooperativas Agrarias de Castela e León).

ImprimirNa anterior edición de 2016 participaron 524 viños, deles 5 de Andalucía, 12 de Aragón, 3 de Canarias, 228 de Castela a Mancha, 135 de Castela e León, 35 de Cataluña, 25 de Estremadura, 2 de Galicia, 28 de Rioxa, 10 de Madrid, 10 de Murcia e 31 de Valencia.

Os Premios, como en anteriores edicións, distribúense nas seguintes categorías Brancos Novos, Rosados Novos, Tintos Novos, Tintos Novos Carballo, Tintos Crianza, Tintos Reservas, Cava e Viños Espumosos de calidade e Viños semi-secos e viños doces.

As adegas cooperativas que queiran participar nestes Premios, teñen de prazo ata o 11 de maio para enviar as súas mostras a URCACYL.

Tras as precatas, que se realizarán os días 23 e 24 de maio, no Hotel Los Torero de Tordesillas, os viños finalistas serán recolleitos na propia adega e tras a cata final o 14 de xuño, a entrega de premios celebrarase nas Casas do Tratado o día 15 de Xuño.

O xurado dos Premios, presidido nesta ocasión por Javier Pérez Andrés, estará composto por 50 expertos en análise sensorial que catarán os viños sen coñecer a súa procedencia, xa que todos os viños serán previamente ensacados, precintados e numerados pola notaria de Tordesillas, Ana Mallada, única coñecedora da correspondencia do número coa marca do viño.

Esta XVII edición conta co patrocinio da Unión Rexional de Caixas Rurais de Castela e León e a colaboración do Concello de Tordesillas, o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio e de Cooperativas Agro-alimentarias de España
.

04/05/2018

Agaca
Por Agaca Maio 4, 2018 14:04
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*