O sector agroalimentario apoia a aposta de APAE pola formación en comunicación

Agaca
Por Agaca Outubro 31, 2017 13:55

ACTIVIDADES

Decembro 2019

REVISTA AGACA

  • 145 portada

    Coperación Galega 145 Outubro 2019

    Editorial: «Comprometidos, non privilexiados»
    A fondo: Entrevista a Rafael Prieto, director xeral de Clun: «Case é imprescindible ter unha industria láctea cooperativa forte»
    Caderno Técnico: A innovación agroforestal en Galicia

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • O Ministerio de Agricultura acolleu o 26 de outubro a clausúra da primeira edición do Cuso de Experto Universitario en Comunicación Agroalimentaria posto en marcha pola Asociación de Xornalistas Agroalimentarios de España (APAE) e a Universidade San Jorge (USJ). O acto contou coa participación da ministra Isabel García Tejerina, que avala a importancia da comunicación no sector

26102017_curso_periodismo_agroalimentarioDiversos representantes do sector agroalimentario español arrouparon aos alumnos do Curso de Experto Universitario en Comunicación Agrolimentaria no acto de clausura e entrega de diplomas. Un evento que se desenvolveu no salón de Actos do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente e que contou coa participación da ministra Isabel García Tejerina. No seu discurso, García Tejerina sinalou a importancia da comunicación no ámbito da Universidade, xa que “o que non se comunica non existe e por tanto un sector como o agroalimentario, que supón o 10% do PIB, debe contar con xornalistas formados nesta área, como os recentemente titulados desta primeira edición”.

Pola súa banda, a presidenta de APAE, Lourdes Zuriaga, transmitiu ao público asistente a necesidade dun xornalismo especializado para este sector, xa que actualmente os profesionais cada vez teñen menos tempo para elaborar as súas informacións. “Trátase dun sector que conta con subsectores moi diversos como o vacún, o vitícola, o porcino… e é necesario transmitir a información con claridade e precisión para que todos os cidadáns o poidan entender”. Zuriaga puxo en valor o papel de Yara, AEPLA, Bayer, Foro Interalimentario e Cajamar pola súa aposta como patrocinadores nesta primeira edición, xa que “sen a súa colaboración, o curso non saíse adiante”, animando á súa vez a outras entidades para sumarse a esta iniciativa. Pola súa banda, a codirectora do curso, Elisa Plumed, sinalou que “somos o que producimos, o que comemos; e se hai algo que somos é o que comunicamos”, en alusión á importancia da comunicación no sector agroalimentario. Ademais, o reitor da USJ, Carlos Pérez Caseiras, destacou que nesta universidade “apostamos formar profesionais cun alto grao de especialización, profesionais capaces de desenvolver a súa actividade con responsabilidade para explicar ben á sociedade cuestiones que moitas veces quedan en zonas de sombra”.

Mesa redonda con ex-ministros

Durante a clausrua celebrouse unha mesa redonda na que participaron os ex ministros de Agricultura Jaime Lamo de Espinosa e Luís Atienza, e na que estivo moi presente a figura da ex ministra Elena Espinosa, que non puido acudir á clausura por motivos persoais. Durante este espazo de análise, moderado polo xornalista agroalimentario Jorge Jaramillo, coñeceuse a visión da comunicación agroalimentaria dende o ministerio de Agricultura nas diferentes épocas de goberno desde o inicio da democracia en España.

Tras compartir anécdotas e vivencias ministeriais relacionadas coa comunicación e os seus medios, Luís Atienza concluíu destacando que “o sector agroalimentario está inmerso nunha revolución descoñecida”, mentres que Jaime Lamo de Espinosa augurou que “o sector ten un gran futuro para os que traballan e escriben sobre o mesmo”.

Tras a mesa redonda, o delegado da primeira promoción do Curso de Experto Universitario en Comunicación Agroalimentaria, Felipe Gómez, animou aos presentes a que “valoremos o noso sector agroalimentario, que logra o milagre diario de poñer tres comidas nos nosos pratos”. Por último, o subsecretario de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, clausurou o curso afirmando que se cumpriron dous dos obxectivos que se marcou APAE: “Que o sector agroalimentario coñeza como mellorar a comunicación cara á sociedade e que os xornalistas coñezan en profundidade o sector agroalimentario para informar sobre el co máximo rigor posible”.

Sobre o Curso Experto Universitario en Comunicación Agroalimentaria

Este curso, un título propio da USJ codirixido por APAE, foi impartido na súa primeira edición de forma semi-presencial, a través de clases en liña e xornadas presenciais. Trátase do único título deste tipo en España cunha dobre vocación: especializar xornalistas no sector agroalimentario e ensinar aos profesionais do sector para comunicar mellor.

31/10/2017

Agaca
Por Agaca Outubro 31, 2017 13:55
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*