Xornada sobre cooperativismo o 31 de outubro na Universidade de Vigo

Agaca
Por Agaca Outubro 16, 2017 14:10

ACTIVIDADES

Abril 2020

REVISTA AGACA

  • 146-portada-revista-wb

    Cooperación Galega Nº 146 Decembro 2019

    Editorial: Sustentabilidade de cooperativas
    A fondo: AGROSMARTglobal para vender en China e Estados Unidos
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario (parte II)

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • O 31 de octubre a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo acollerá una serie de ponencias para conmemorar los 28 años de iniciativas en cooperativsmo de la universidad.Tendrán lugar entre las 10:45 y las 14:00 h.
  • El plazo de inscripción permanece abierto hasta el 28 de octubre.

Presentación de la Jornada: Universidade de Vigo

Imax_UVigo_Coop_20171031O 1 de maio de 1828 publicouse o primeiro número da revista The Cooperator, que sentou as bases do valor da educación no cooperativismo. Uns anos despois, en 1844, 28 persoas constituíron a que se considera a primeira cooperativa do mundo: a Cooperativa de Consumidores de Rochdale (Manchester), consagrando nos seus estatutos os principios do cooperativismo que hoxe en día teñen carácter universal. Comezou cun capital de 28 libras, unha por cada un dos fundadores a súa sociedade foi inscrita no Rexistro Mercantil un 28 de outubro. Dos 28 socios, 27 eran homes e o numero 28 era unha muller, un feito salientable naqueles tempos.

Hai 28 anos. na Universidade de Vigo un grupo de persoas puxeron a primeira semente para o fomento do cooperativismo dende esta institución. Esta semente foi agromando nun colectivo diverso que. dende diferentes instancias. dedican día a día os seus esforzos á promoción e creación de sociedades cooperativas. contribuíndo así ao fortalecemento dos valores democráticos e igualitarios que dan cor á árbore do cooperativismo.

Sirva este evento para recoñecer e agradecer o labor destas persoas, e para que o seu legado siga medrando con firmeza.

Charlas e relatorios
Entre as actividades, haberá unha mesa participativa sobre oportunidades de colaboración entre universidade e cooperativas, moderada por David Sánchez (xestor de ECOBAS). A continuación, unha mesa redonda sobre cooperativas e aprendizaxe, moderada por Araceli González (subdirectora da Escola Universitaria de Estudos Empresariais) e participación de Higinio Mougán (director-xerente de AGACA), Tino Gago (director-xerente de Espazocoop), Fina Casal (directora da Fundación UVigo) e Reyes Fernández (técnico superior da área de Emprego da UVigo).

O acto institucional de promoción do cooperativismo será presidido polo reitor da Universidade, Salustiano Matogueira, e contará coas intervencións de José Severino Montes (presidente de AGACA), Carlos Hervés (coodinador de ECOBAS) e Celso Gándara (presidente de Espazocoop)

Máis información: www.ecobas.es

Inscrición ata o 28 de outubro: formulario on-line

16/10/2017

Agaca
Por Agaca Outubro 16, 2017 14:10
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*