O Consello Regulador de Rías Baixas remite a viticultores e adegueiros a información c oas normas de vendima

Agaca
Por Agaca Agosto 18, 2017 13:59

NOTA DE PRENSA: Consello Regulador Rías Baixas.

  • Insisten na colaboración para o correcto desenvolvemento da campaña e de traballar co máximo coidado para manter a calidade da uva.

O Consello Regulador remitiu a viticultores e adegueiros as normas que rexerán a campaña de vendima e que foron aprobadas no Pleno do pasado 9 de xuño. Dende a Denominación de Orixe Rías Baixas insisten na necesidade de colaborar todo o necesario para que a recollida da uva se desenvolva con normalidade e sempre prestando a máxima atención ao coidado da uva, o que redundará na calidade dos viños e en que sigan sendo competitivos nuns mercados cada vez máis esixentes.

rias_baixas_logioA normativa de vendima mantense con respecto ao ano anterior -en cumprimento da EN-UNE-17065-. Dita norma de calidade, no caso das adegas, “implica a revisión dos sistemas de autocontrol durante a vendima, todo iso de fronte ao cumprimento dos requisitos marcados no Regulamento, Manual de Calidade e Prego de condicións. Desta maneira, en caso de detectar algún incumprimento (Non conformidade), ao finalizar a vendima, o Órgano de Control e Certificación emitirá un informe definitivo, que será remitido á adega para a súa corrección”, reza o escrito. Do mesmo xeito, os viticultores recibirán un Informe de validación de colleita, que dará amparo á súa produción e servirá como xustificante das entregas de uva. Devandito documento remitirase antes do 20 de novembro.

No caso dos viticultores, o Consello Regulador recomenda a familiarización co uso da plataforma dixital, só accesible aos asociados, onde poden consultar ou imprimir todos os datos relacionados coa súa actividade, así como a normativa da Denominación de Orixe que se atopa en vigor. Neste sentido, anuncian que, o próximo ano, a web converterase no punto de referencia para a publicación de anuncios ou informacións de interese para o viticultor.

Dita plataforma tamén conta cun sistema de comunicación específico no que as adegas dan conta, en tempo real, das entregas de uva en vendima. Un sistema que xa funcionou a pleno rendemento nas pasadas vendimas.

Finalmente, infórmase os viticultores sobre a publicación do Real Decreto 772/2017 polo que se regula o potencial vitícola. Nel especifícase como o Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente procederá coa concesión de autorizacións administrativas para novas plantacións de viñedo.

18/08/2017

Agaca
Por Agaca Agosto 18, 2017 13:59
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*