Sesenta escolares de Vilalba aprenden cooperativismo en Milhulloa

Agaca
Por Agaca Setembro 20, 2019 15:42

ACTIVIDADES

Outubro 2019

REVISTA AGACA

  • 144_portada_wb

    Cooperación Galega Nº 144 Agosto 2019

    Editorial: Viticultores en problemas coa Seguridade Social
    A fondo: Daniel Ferreiro: “A decisión de fusionar Aira foi un acerto”
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • A cooperativa Milhulloa (Palas de Rei) recibiu esta mañá a estudantes do CEIP Paradai nunha xornada didáctica.
  • A actividade forma parte da Rede Eusumo para impulsar o cooperativismo e a economía social.

20190918_CEIP-Paradai-5-primaria_Milhulloa

O alumnado de terceiro ciclo de primaria do colexio Paradai (Vilalba) participou esta semana en dous obradoiros de “Divulgación do emprendemento de experiencias cooperativas como modelo de éxito” na cooperativa Milhulloa.

Esta mañá, un grupo de 30 escolares de sexto de primaria viaxou ata Palas de Rei, onde se atopa a cooperativa, dedicada á produción de especias, herbas medicinais e ingredientes para cosmética, e outro grupo de 30 estudantes de quinto realizou a visita o pasado mércores.

O obxectivo é dar a coñecer o cooperativismo entre o alumnado, para que o teñan en consideración ao finalizar os seus estudos. Para iso, persoal de Milhulloa guiounos polas instalacións da cooperativa e explicoulles o proceso de cultivo, de preparación, de secado e de envasado das súas especias e herbas medicinais e a elaboración de cosméticos, así como as distintas fases que pasou a cooperativa no seu camiño cara a constituírse como un negocio rendible.

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organiza a actividade que se celebra no marco da Rede Eusumo. O pasado curso participaron nestes obradoiros máis de 900 estudantes.

Rede Eusumo

Esta actividade enmárcase na programación da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

20190618_logos-REDE-EUSUMO

20/09/2019

Agaca
Por Agaca Setembro 20, 2019 15:42
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*