Esta tarde en Ferrol hai unha charla sobre a praga da avelaíña guatemalteca da pataca

Agaca
Por Agaca marzo 10, 2017 12:28

ACTIVIDADES

enero 2018

REVISTA AGACA

  • 136_portada

    Cooperación Galega Nº 136 Decembro 2017

    Editorial.- Medioambiente, si; viabilidade económica,tamén
    A Fondo.- AGACA e Obra Social “la Caixa” crean a Comisión Xuventude Cooperativista Emprendedora para dar voz á mocidade rural galega
    Caderno Técnico.- Incidencia e problemática das micotoxinas na alimentación animal

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

NOTA DE PRENSA: Asoc. Agrarista Círculo Gacela

  • A Asociación Agrarista Círculo Gacela, coa colaboración da  Consellería de Medio  Rural e a Concellería de Cultura de Ferrol, organiza unha charla informativa sobre a recente problemática da pataca.

A bisbarra de Ferrolterra é unha das máis afectadas pola praga da couza guatemalteca da pataca. Unha praga que nos preocupa a todos e todas  xa que na meirande parte das casas temos horta e botamos patacas para nós e incluso para repartir coa familia.

Aínda que a situación da praga non é nova, nos últimos días asistimos a unha manchea de resolucións, acordos, noticias e declaracións que xeran desinformación e inseguridade sobre que facer.

A Xunta publicou un par de resolucións sobre este asunto obrigando a declarar as plantacións das patacas de cedo e prohibindo súa plantación ante a recente publicación dun decreto estatal prohibindo as plantacións e obrigando a levantar o xa sementado nos municipios afectados.

Para aclarar conceptos, analizar o contexto normativo vixente e previsible, e solucionar as dúbidas que se están a xerar, a Asoc. Círculo Gacela organiza unha charla, que será impartida directamente por persoal técnico da Consellaría do Medio Rural.

 

  • Data: venres 10 de marzo
  • Hora: 18.00 horas
  • Lugar: Centro Cívico de Caranza
  • Imparte a charla: persoal técnico da Consellería do Medio Rural
Agaca
Por Agaca marzo 10, 2017 12:28
Escriba un comentario

No hay comentarios

Aún no hay comentarios.

Déjame contarte una historia triste. No hay comentarios aún, pero puede ser primero para comentar este artículo.

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*