EFA Fonteboa mostra o seu Programa de Actividades de Formación Continua  Xaneiro – Marzo 2017

Agaca
Por Agaca enero 25, 2017 12:21

ACTIVIDADES

abril 2018

REVISTA AGACA

  • portada

    Cooperación Galega Nº 137 Marzo 2018

    Editorial- O Plan forestal de Galicia a debate
    A Fondo- Cooperativas galegas apostan polas gasolineiras automáticas
    Caderno Técnico- Escolma do borrador da primeira revisión do Plan Forestal de Galicia

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

Información facilitada por EFA Fonteboa

  • Este programa de actividades, aínda que está dirixido ao alumnado de CFCM de “Produción Agropecuaria”,  está aberto a participación das persoas interesadas nestes temas.
  • Para máis información contacten o Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa no 981733051  ou  fonteboa@efagalicia.org.

Pode descargar o programa en PDF en “Documentación 1”

Xornadas de fruticultura 2017

Desenvolveranse durante os días 24, 25, 26 e 27 de xaneiro. Pola maña, haberá formación  teórica sobre cuestións relacionadas coa produción  de frutais (poda,  enxertos, coidados …) e pola tarde, actividades prácticas sobre algúns dos temas tratados. Actividade  dirixida aos alumnos de 2º curso de Produción Agropecuaria,  hai algunhas prazas dispoñibles para profesionais.


Apicultura

Estanse a rematar  as obras da Aula de Apicultura  que estará operativa para primeiros  de febreiro,  e continuarase  coas actividades de investigación e divulgación con novos medios e novos espazos.

Por outra  banda,  para o 31 de xaneiro, as 20,00  h. está convocada a cata de mel, correspondente  ao presente ano.

Outras actividades de apicultura,  a desenvolver neste período, concretaranse na xuntanza da cata.


Curso de benestar animal zootécnico (BAZ)

Previsto para a semana do 6 ao 10 de febreiro (horario  de 9,00 a 14,00 h), permitirá  acadar os certificados oficiais en BAZ para poder exercer a actividades gandeira e   transportista  de animais vivos. Participan os alumnos de 1º de CFGM de Produción Agropecuaria e tamén hai prazas dispoñibles para persoas interesadas en acadar esta formación  e certificación da mesma.


Curso de Elaboración de derivados Lácteos

Do 20 ao 24 de febreiro  está programado  o curso de elaboración  de derivados lácteos que terá lugar    na   Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (APLTA), do campus de Lugo (USC). Asisten os alumnos de 1º  do CFGS de Gandaría  e Asistente en Sanidade Animal. Hai algunhas  prazas disponibles  para persoas interesadas nesta formación.


Curso de reprodución bovina

Coa  colaboración   de  técnicos  do  sector  e  ganderías   da  comarca realizaremos un curso de reproducción  bovina durante  os días 22, 23 e 24  de  Febreiro. Trataranse  temas  como  a  técnica  da  inseminación artificial, a mellora xenética dos animais de produción  de leite, etc. Actividade      dirixida   aos  alumnos:  1º  de CFGM  de Produción Agropecuaria,  hai algunhas prazas dispoñibles para profesionais.


Viaxe técnica a La Vendée (Francia)

En colaboración co Centre de Formation  et Promotion  de Meslay (La Guyonnière ­ La Vendée – Pays de La Loire) realizarase a viaxe profesional correspondente  a 2017.  Será do  venres 10  ao   venres 17  de marzo, participan  alumnos de 1ºde  CFGM e de 1º de CFGS e como en edicións anteriores poden inscribirse profesionais interesados nos temas que es estudan na viaxe. Os contidos consistirán en visitas e encontros con directivos de  experiencias innovadoras, iniciativas de diversificación e valorización  dos  recursos e a integración   das actividades  agrarias  no marco das esixencias de sustentabilidade  da PAC e do contexto  de globalización económica.


Erasmus +

As mobilidades  de alumnos neste curso están concentradas nos meses de marzo, abril e maio, organizadas do modo seguinte:

– Do 2 de marzo ao 4 de maio: alumnos de 2º curso de CFGS, en Irlanda

– Do 16 de abril ao 4 de maio: alumnos de 1º curso de CFGM, en Bourgogne (Francia).

Por outra  banda,  durante  os meses de marzo  e abril  recibiremos  10 alumnos  da MFR Villevallier (Bourgogne)  e 30 da MFR Saint Berthevin (La Mayenne  ­  Pays de La Loire). Cada un  dos grupos  realizará unha estadía de 3 semanas (staxe profesional  en explotacións  agrarias e actividades culturais durante as fins de semana).

 

25/01/2017

Agaca
Por Agaca enero 25, 2017 12:21
Escriba un comentario

No hay comentarios

Aún no hay comentarios.

Déjame contarte una historia triste. No hay comentarios aún, pero puede ser primero para comentar este artículo.

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*