Se desexa recibir os cinco números anuais de Cooperación Galega no seu domicilio, por 18 €/ano, chame ao 981 584 783
ou escríbanos a agaca.prensa@gmail.com.
Ademais, polo feito de subscribirse, recibirá gratuitamente un exemplar do libro “Galicia, Comunidade cooperativa” que editamos co gallo do noso vixésimo aniversario e no que colaboraron reputados relatores como Avelino Pousa (Presidente da Fundación Castelao), o intelectual Isaac Díaz Pardo, Fernando Ónega (xornalista), Xosé Luis Barreiro Rivas (director do Dpto. de Ciencia Política e Administración da Universidade de Santiago), Gert Van Dijk (ex-presidente do Comité Xeral do Cooperativismo Agrario na Unión Europea) ou o ilustrador Xosé Lois González. O volume reflicte o espírito emprendedor e cooperativo que define a Galicia.
As fotografías do libro foron realizadas por Xurxo Lobato. As ilustracións foron realizadas por Xosé Lois González “O Carrabouxo”.