— Tramitación anticipada gasto submedida 19.2 LEADER. Hasta 31 marzo

Agaca
Por Agaca enero 11, 2018 18:49

Información de la ayuda

Derogada / Fuera de plazo

 

RESUMEN ELABORADO PORAgaca

Puede consultar/descargar este resumen de la Resolución en “Documentación”(formato PDF, gallego) y la Resolución completa en español en el enlace “Web”

— RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2017 pola que se convocan, mediante tramitación anticipada de gasto, subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo), da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2018 e 2019, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural. AGADER, DOG Nº 245, (28/12/2017)

 

OBXECTO

  1. Esta resolución ten como obxecto convocar, mediante tramitación antipada de gasto, en relación coa medida 19 (Leader) do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR), con cargo ás anualidades 2018 e 2019, en réxime de concorrencia competitiva, as subvencións que corresponden coa submedida 19.2 do PDR (apoio para a realización de operacións conforme á estratexia de desenvolvemento local).
  2. Esta convocatoria está sometida ás bases reguladoras das axudas que se tramiten ao abeiro da medida Leader (submedidas 19.2 e 19.4), cofinanciadas con Feader no marco do PDR de Galicia 2014-2020, que aprobou o Consello de Dirección da Agader, mediante o Acordo do 29 de decembro de 2016, e se publicaron mediante a Resolución do director xeral da Agader do 29 de decembro de 2016 (DOG núm. 12, do 18 de xaneiro de 2017).

SOLICITUDES DE AXUDA

  1. As solicitudes de axuda dirixiranse, tendo en conta a localización do investimento, ao GDR que corresponda e presentaranse no formulario e coa documentación previstos no artigo 9 das bases reguladoras a que está sometida esta convocatoria.
  2. Segundo o establecido no artigo 8 das bases reguladoras, o prazo de presentación de solicitudes estará aberto durante todo o período de execución da medida Leader, coa data límite que determine cada GDR en función da dispoñibilidade de fondos.
  3. Segundo o establecido no artigo 16 das bases reguladoras, concorrerán a unha primeira convocatoria as solicitudes presentadas ata o 31 de marzo de 2018. Unha vez tidas en conta as solicitudes presentadas ata o 31 de marzo de 2018 e unicamente no caso de existir crédito orzamentario dispoñible, poderá realizarse unha segunda convocatoria, tendo en conta as solicitudes presentadas ata o 31 de maio de 2018.

INFORMACIÓN

Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional a través dos seguintes medios:

a) Na páxina web da Agader http://agader.xunta.es
b) Na Guía de procedementos e servizos, no enderezo: https://sede.xunta.es/guia-de-procedementos
c) No teléfono 981 54 73 62 (Agader).
d) De xeito presencial, na Agader (lugar da Barcia 56, Laraño, 15897 Santiago de Compostela), con cita previa no teléfono 981 54 73 62.
e) Páxina web e sede dos GDR de Galicia. A relación dos GDR está publicada na antedita páxina web da Agader.