— Subvenciones proyectos energía renovable. Hasta 1 marzo.

— Subvenciones proyectos energía renovable. Hasta 1 marzo.

Agaca
Por Agaca febrero 19, 2018 14:19

Información de la ayuda

Derogada / Fuera de plazo

RESUMEN ELABORADO PORAgaca

Puede consultar/descargar este resumen de la Resolución en “Documentación”(formato PDF, gallego) y la Resolución completa en español en el enlace “Web”

— RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a Convocatoria anticipada de subvencións para proxectos de enerxías renovables, para o ano 2018, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. INEGA. DOG Nº 21, (30/01/2018)

OBJETO Y NORMATIVA DE APLICACIÓN

1. O obxecto destas bases é apoiar proxectos con fins de aforro enerxético e fomento do uso racional das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de enerxía térmica mediante equipamentos que utilicen biomasa como combustible e outras instalacións de enerxías renovables que utilicen como fonte enerxética a xeotermia, a aerotermia e a solar térmica.

BENEFICIARIOS

1. Poderán acceder á condición de beneficiarios das presentes subvencións:

a) As entidades locais de Galicia e entidades dela dependentes.
b) As entidades sen ánimo de lucro e as comunidades de montes.
c) As empresas legalmente constituídas e autónomos.

2. Non poderán ter a condición de beneficiarias as empresas dos sectores excluídos do ámbito de aplicación do Regulamento (UE) núm. 651/2014, do 17 de xuño, no seu artigo 1.2, entre as cales figuran:

a) As empresas do sector da pesca e da acuicultura, segundo se recolle no Regulamento (UE) núm. 1379/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro.
b) As empresas que operan na produción primaria de produtos agrícolas que figuran na lista do anexo I do tratado.
c) Aquelas que operan na transformación e comercialización dos produtos agrícolas:

  1. Cando o importe da axuda se determine en función do prezo ou da cantidade de produtos deste tipo adquiridos a produtores primarios ou comercializados polas empresas interesadas.
  2. Cando a axuda estea supeditada a que unha parte ou a súa totalidade repercuta aos produtos primarios.

GASTOS QUE SE SUBVENCIONAN

1. Serán subvencionables:

a) O equipamento principal de xeración enerxética (paneis solares, bomba de calor, caldeira,…). No caso da biomasa, o custo do equipamento térmico e os seus accesorios principais (sistema de regulación e control, sistemas de limpeza, depuración de fumes, extracción de cinzas).

b) O resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento do sistema.

c) O custo do sistema de almacenamento do combustible.

d) O custo do sistema de alimentación do combustible.

e) O custo de montaxe e conexionado.

f) No caso da enerxía xeotérmica o sistema de captación do recurso xeotérmico: sondaxes, intercambiadores, acumuladores, tubaxes, etc.

g) No caso de redes de distribución de calor con biomasa o custo da rede de distribución de enerxía térmica (ata a sala de caldeira existente se se conecta a ela ou, no caso contrario, ao punto de entrada ao edificio) e, se for o caso, o custo dos sistemas para a conexión coas salas de caldeiras existentes. A obra civil necesaria da sala de caldeiras.

CUANTÍA DE LA AYUDA

1. A intensidade máxima da axuda, segundo o tipo de beneficiario, será a seguinte:

20180215_Ax_proxecto_enerxia_renovable

2. A contía máxima da axuda por proxecto de biomasa será de 200.000 euros. No caso de redes de distribución de enerxía térmica o límite será de 400.000 euros. En proxectos de aerotermia, xeotermia e solar térmica a axuda máxima será de 100.000 euros

3. A contía máxima por beneficiario será de 1.000.000 de euros.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

1. O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 1 de marzo de 2018.