— Subvenciones equipos térmicos biomasa (hasta 22 abril)

Agaca
Por Agaca marzo 28, 2017 11:22

Información de la ayuda

Derogada / Fuera de plazo

 

RESUMEN ELABORADO PORAgaca

Puede consultar/descargar el resumen de la Resolución en “Documentación”(formato PDF, gallego) y la Resolución completa en el enlace “Web”, en español

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, para o ano 2017, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020. INEGA DOG Nº 57, 22/03/02017

OBXECTO

  1. O obxecto destas bases é apoiar proxectos con fins de aforro enerxético e fomento do uso racional das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións de equipamentos térmicos que utilicen biomasa como combustible.

BENEFICIARIOS

  1. Poderán acceder á condición de beneficiarios das presentes subvencións:
  • a) As entidades locais de Galicia e entidades dela dependentes.
  • b) A Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e as entidades instrumentais dela dependentes.
  • c) As entidades sen ánimo de lucro.
  • d) Empresas legalmente constituídas e autónomos.

GASTOS QUE SE SUBVENCIONAN

  1. Serán subvencionables:
  • a) O custo do equipamento térmico e os accesorios principais do mesmo (sistema de regulación e control, sistemas de limpeza, depuración de fumes, extracción de cinzas).
  • b) Resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento do sistema.
  • c) O custo do sistema de almacenamento do combustible.
  • d) O custo do sistema de alimentación do combustible.
  • e) O custo de montaxe e conexionado.
  1. Non son subvencionables:
  • a) O IVE (imposto sobre o valor engadido), excepto cando non sexa recuperable.e
  • b) Os gastos de funcionamento da actividade subvencionada e material funxible en xeral.
  • c) Os gastos anteriores á presentación da solicitude.
  • d) As obras de mantemento.
  • e) As conducións de distribución interior da calor e os equipos emisores, salvo cando estes sexan parte activa do circuíto de xeración térmica.
  • f) O proxecto de enxeñaría nin a obra civil non asociada a instalación dos equipamentos nin os gastos de legalización.
  • g) Os gastos que se realicen en pagamento de licenzas, gastos sometidos a aranceis, adquisición de bens de segunda man e os recollidos con tal carácter no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño,de subvencións de Galicia.
  • h) En ningún caso serán subvencionables as instalacións/equipamentos que xa foran obxecto de axuda en anos anteriores.

CONTÍA DA AXUDA

  1. A intensidade máxima da axuda, segundo o tipo de beneficiario, será a seguinte:

 

 

Beneficiarios

Porcentaxe máxima de axuda
Entidades locais 80 %
Sector público autonómico 80 %
Entidades  xurídicas  sen   ánimo   de   lucro   (que   no   realicen   actividade económica) 50 %
Empresas, as súas agrupacións e asociacións, así como entidades sen ánimo de lucro que realicen actividade económica. No caso de pequenas empresas, a axuda incrementarase en 20 puntos porcentuais e, no caso de medianas empresas, en 10 puntos porcentuais.  

50 %

 

  1. A contía máxima da axuda por proxecto será de 200.000 € e por solicitante de 1.000.000 €.

Presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes remata o 22 de abril de 2017.