— Subvenciones energía: auditorías, sistemas gestión, proyectos ahorro. Hasta 1 marzo.

— Subvenciones energía: auditorías, sistemas gestión, proyectos ahorro. Hasta 1 marzo.

Agaca
Por Agaca febrero 19, 2018 13:27

Información de la ayuda

Derogada / Fuera de plazo

RESUMEN ELABORADO PORAgaca

Puede consultar/descargar este resumen de la Resolución en “Documentación”(formato PDF, gallego) y la Resolución completa en español en el enlace “Web”

— RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para a realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria, servizos e agrícola primario, para o ano 2018, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020 INEGA. DOG Nº 21, (30/01/2018).

OBJETO Y NORMATIVA DE APLICACIÓN

1. Estas bases teñen por obxecto regular a concesión de subvencións para a realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas do sector industrial, servizos e agrícola primario, que cumpran cos requisitos e condicións establecidos no articulado desta resolución.

ENTIDADES BENEFICIARIAS

1. Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases:

a) As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos, que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, incluídas no sector servizos, agrícola primario ou da industria.

b) As empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalación consumidoras de enerxía e que teñan como obxecto destes contratos a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía. Os centros de consumo en que se actúe deben estar situados en Galicia, corresponder a empresas incluídas no ámbito de actuación das presentes bases e, en concreto, desenvolver algunha das actividades recollidas no parágrafo anterior e amparadas polo Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior.

GASTOS QUE SE SUBVENCIONAN

Nos seguintes puntos desenvólvense os distintos conceptos subvencionables.

1. Auditorías enerxéticas.

Será subvencionable a realización de auditorías enerxéticas que analicen de xeito integral o proceso produtivo do centro de traballo da empresa e que propoñan medidas de redución do consumo enerxético. Será requisito indispensable un compromiso formal do representante da empresa de execución de todas as actuacións de aforro detectadas na auditoría que presenten o suficiente grao de madureza tecnolóxica e un período de retorno do investimento inferior a dous anos.

Serán elixibles todos os custos externos derivados da realización da auditoría. Os estudos resultantes deberán ter o contido mínimo indicado no documento Contido mínimo de auditoría enerxética, dispoñible na páxina web do Inega (http://ww.inega.gal).

Establécense os seguintes valores de subvención máxima en función do consumo de enerxía final actual do centro de traballo que se vaia auditar:

20180219_ax_aforro_enerxetico-auditoria-implantacion-xestion

2. Implantación de sistemas de xestión certificados.

Será subvencionable a implantación de sistemas de xestión enerxética certificados conforme a Norma ISO 50.001 por unha entidade acreditada durante o período de xustificación.

Será elixible o custo das empresas consultoras especializadas, o da auditoría enerxética previa, os gastos de certificación e o custo de equipos de medida de consumo enerxético asociados á implantación do sistema de xestión.

Establécense os seguintes valores de subvención máxima en función do consumo de enerxía final actual do centro de traballo:

20180219_ax_aforro_enerxetico-auditoria-implantacion-xestion (2)

Non será subvencionable a implantación de sistemas de xestión certificados en centros de traballo con consumo enerxético anual inferior a 25 tep.

3. Proxectos de aforro e eficiencia enerxética.

a) Nos proxectos de aforro e eficiencia enerxética considérase custo elixible os custos de investimento adicionais necesarios para lograr un nivel máis elevado de eficiencia enerxética.

Non serán subvencionables as seguintes actuacións:

a) A rehabilitación da envolvente térmica dos edificios.

b) Os sistemas de distribución de calor/frío interior (tubaxe, emisores de calor…).

c) A substitución de radiadores eléctricos portátiles.

d) As caldeiras que utilicen como combustible biomasa forestal e as instalacións solares que sexan obrigatorias en virtude do documento básico HE do Código técnico da edificación (CTE).

e) As instalacións de iluminación de emerxencia, rótulos lumínicos e a iluminación de sinalización.

f) Os electrodomésticos (frigoríficos, fornos, cociñas, televisores, ordenadores…).

g) Os sistemas de distribución de electricidade non asociados directamente ao aforro enerxético (canalizacións, carrís…).

h) Operacións de mantemento (simple reposición de lámpadas…).

i) Vehículos de todas clases utilizables para o transporte terrestre, marítimo ou aéreo de persoas, animais, materiais ou mercadorías, excepto os que se deban rexistrar na conta de maquinaria. A conta de maquinaria inclúe o conxunto de máquinas ou bens de equipamento mediante as cales se realiza a extracción ou elaboración dos produtos. Nesta conta figurarán todos aqueles elementos de transporte interno que se destinen ao traslado de persoal, animais, materiais e mercadorías dentro de factorías, talleres, etc. sen saír ao exterior.

Considéranse custos subvencionables o prezo dos equipamentos, a súa montaxe e a posta en marcha.

CUANTÍA DE LA AYUDA

1. A contía da subvención será do 35 % do custo elixible da actuación. A intensidade da axuda incrementarase un 20 % no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e un 10 % no caso de medianas empresas.

No caso de auditorías enerxéticas e de implantación de sistemas de xestión, o importe total das axudas de minimis concedidas a unha única empresa non excederá os 200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais, de 100.000 euros cando se trate de empresas de transportes de mercadoría por estrada por conta allea, de 30.000 euros para empresas do sector da pesca e da acuicultura e de 15.000 euros para empresas do sector agrícola.

No resto dos casos a axuda máxima por empresa beneficiaria será de 500.000 euros.

2. O investimento mínimo para que a actuación sexa subvencionable debe ser de 10.000 euros por actuación, salvo no caso das auditorías enerxéticas, cuxo investimento mínimo será de 3.000 euros. O investimento máximo da actuación para que sexa subvencionable establécese en 200.000 euros por solicitude. En todos os casos, o IVE non está incluído.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

1. O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 1 de marzo de 2018.