— Programas I y II empleo. Consellería Emprego. Hasta 30 septiembre.

Agaca
Por Agaca febrero 12, 2018 10:58

Información de la ayuda

Derogada / Fuera de plazo

RESUMEN ELABORADO PORAgaca

Puede consultar/descargar este resumen de la Orden en “Documentación”(formato PDF, gallego) y la Orden completa en español en el enlace “Web”

— ORDE do 15 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa I, de axudas á promoción de emprego autónomo, cofinanciado parcialmente con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e do Programa II, de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018. Consellería de Economía, Emprego e Industria. DOG Nº 19 (26/01/2018).

OBXECTO E FINALIDADE

1. Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria das subvencións establecidas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para o ano 2018 coa finalidade da promoción do emprego autónomo e a súa consolidación mediante incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizada polas persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia.

2. Establécense os seguintes programas de axudas:
a) Programa I: promoción do emprego autónomo (procedemento TR341D).
b) Programa II: programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas (procedemento TR349F).

— Programa I: promoción do emprego autónomo (procedemento TR341D) —

OBXECTO E FINALIDADE

1. Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras do Programa de promoción do emprego autónomo e proceder á súa convocatoria para o ano 2018.

2. A finalidade deste programa é a concesión dunha axuda económica a aquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadoras autónomas ou por conta propia, para facer fronte aos distintos gastos xerados no comezo da súa actividade laboral.

3. Ao abeiro desta orde subvencionaranse as altas na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional que, cumprindo os requisitos e condicións establecidas nela, se formalicen desde o 1 de outubro de 2017 ata o 30 de setembro de 2018, ambos inclusive.

PERSOAS BENEFICIARIAS DAS AXUDAS

1. Serán beneficiarias aquelas persoas que causen alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional entre o 1 de outubro de 2017 e o 30 de setembro de 2018, ambos inclusive, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación, sempre que cumpran as seguintes condicións:

  • a) Estar inscrito como demandante de emprego nos servizos públicos de emprego, carecendo de ocupación efectiva segundo informe de vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social e atoparse en tal situación na data de inicio da actividade laboral.
  • b) Ter solicitada a alta como autónomo no correspondente réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional con anterioridade á presentación da solicitude da subvención.
  • c) Que desenvolvan fundamentalmente a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia (segundo a alta no imposto de actividades económicas ou no censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal de Administración Tributaria, modelo 036 ou 037).
  • d) Que non percibisen subvencións ao abeiro dos distintos programas de emprego autónomo nos tres anos anteriores á data do inicio da nova actividade. Este prazo computarase desde a data de notificación da resolución de concesión da anterior subvención.
  • e) Que non desenvolvesen como persoas traballadoras autónomas a mesma ou similar actividade na mesma localidade, nos seis meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade, nin estivesen de alta como persoas traballadoras autónomas en calquera réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, sempre que a dita situación de alta presupoña actividade, nos tres meses inmediatamente anteriores.

2. As persoas traballadoras autónomas ou por conta propia poderán ser beneficiarias das axudas deste programa, cando formen parte de comunidades de bens, sociedades civís ou outras entidades sen personalidade xurídica de nova creación, sempre que as soliciten a título persoal. Neste caso, a entidade deberá estar constituída previamente á presentación da solicitude de subvención.

3. Quedan excluídas deste programa as persoas socias de sociedades mercantís, cooperativas e sociedades laborais e os autónomos colaboradores.

CONTÍA DA SUBVENCIÓN

Co obxecto de axudar ás persoas desempregadas ao inicio e ao mantemento do emprego como persoa traballadora autónoma e deste xeito facilitarlle ingresos durante o inicio da súa actividade laboral, establécese para todas aquelas persoas que teñan a condición de beneficiarias de acordo co establecido no artigo 19, segundo a súa situación no momento de inicio da actividade laboral, unha subvención coas seguintes contías:

a) 2.000 € para persoas desempregadas en xeral.

b) 4.000 € para o caso de persoas desempregadas que se atopen nalgún dos seguintes colectivos, que non serán acumulables:

  • Persoas menores de 30 anos.
  • Persoas desempregadas de longa duración.
  • Persoas desempregadas con discapacidade.
  • Persoas desempregadas que se atopen en situación ou risco de exclusión social.

A contía base correspondente incrementarase nun 25 % nos seguintes casos:

a) Se a persoa incorporada é unha muller.

b) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) da persoa autónoma estea situado nun concello rural.

c) Persoas maiores de 45 anos.

d) Se a persoa incorporada é un emigrante retornado.

Estes catro incrementos son acumulables e deste xeito a contía máxima posible, de aplicárense todos os incrementos, sería de 8.000 €.

— Programa II: programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas (procedemento TR349F) —

OBXECTO E FINALIDADE

Este programa ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2018 dos incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desemprega das realizadas por persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia.

PERSOAS BENEFICIARIAS

1. Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola primeira contratación que realicen con carácter indefinido durante o seu primeiro ano de actividade.

2. Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido nos tres primeiros anos de actividade.

3. Non poderán ser beneficiarias as persoas que desenvolvesen como persoas traballadoras autónomas a mesma ou similar actividade, nos tres meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova situación de alta na Seguridade Social. Para estes efectos, entenderase por mesma actividade a coincidencia ao nivel de 3 díxitos da Clasificación nacional de actividades económicas (CNAE).

4. Non poderán ser beneficiarias nin as sociedades civís nin as comunidades de bens, así como as persoas socias ou comuneiras que as integran nin os autónomos colaboradores.

ÁMBITO TEMPORAL DE APLICACIÓN E CONTRATACIÓNS SUBVENCIONABLES

Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións indefinidas iniciais que se formalicen desde o 1 de outubro de 2017 ata o 30 de setembro de 2018.

A contratación indefinida inicial poderá ser a tempo completo ou a tempo parcial, incluída a modalidade de fixo descontinuo.

CONTÍA DOS INCENTIVOS

1. As contratacións indefinidas iniciais incentivaranse coas seguintes axudas:

i. Primeira persoa traballadora indefinida.

A axuda consistirá nunha contía de 3.000 euros cando se trate dunha persoa desempregada. Esta axuda será de 5.000 euros cando a persoa desempregada se atope nalgún dos seguintes colectivos, non acumulables:

  • Persoas desempregadas de longa duración.
  • Persoas con discapacidade.
  • Persoas en situación ou risco de exclusión social.

ii. Segunda e terceira persoa traballadora indefinida.

A axuda consistirá nunha contía de 5.000 euros cando se trate dunha persoa desempregada. Esta axuda será de 7.000 euros cando a persoa desempregada se atope nalgún dos seguintes colectivos, non acumulables:

  • Persoas desempregadas de longa duración.
  • Persoas con discapacidade.
  • Persoas en situación ou risco de exclusión social.

Estas contías resultantes incrementaranse nun 25 % nos seguintes casos, que son acumulables entre si:

a) Se a persoa incorporada é unha muller.

b) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) da persoa autónoma estea situado nun concello rural.

c) Persoas maiores de 45 anos.

d) Se a persoa incorporada é un emigrante retornado.

Deste xeito as contías máximas posibles, de aplicarse todos os incrementos, serían:

– Para a primeira persoa traballadora indefinida 10.000 €.
– Para a segunda e terceira persoa traballadora indefinida 14.000 €.

Aplicarase a subvención polo colectivo e os incrementos indicados pola persoa solicitante, en caso de non exercer a opción, entenderase solicitada pola contía superior que quede acreditada coa documentación achegada coa solicitude. Se non queda acreditada a pertenza a ningún colectivo entenderase que solicita pola contía base mínima.

2. Cando se trate de contratacións indefinidas cunha xornada a tempo parcial as contías dos incentivos serán proporcionais ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, na súa falta, da xornada ordinaria máxima legal.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

1. O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 30 de setembro de 2018.