— Programa Incentivos creación empleo , Fondo Social Europeo (hasta 30 sept)

Agaca
Por Agaca septiembre 18, 2017 13:12

Información de la ayuda

Derogada / Fuera de plazo

RESUMEN ELABORADO PORAgaca

Puede consultar/descargar este resumen de la Orden en “Documentación”(formato PDF)

— ORDE do 19 de xullo 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á creación de emprego e incremento da estabilidade laboral, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017. Consellería de Economía, Emprego e Industria. DOG Nº 153, 11/08/2017)

OBXECTO

Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e convocar as subvencións establecidas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para o ano 2017 coa finalidade de favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas traballadoras con maiores dificultades de inserción laboral (procedementos TR349A e TR349D).

ENTIDADES BENEFICIARIAS

1. Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade  Autónoma  de  Galicia,  de  acordo  cos  requisitos  e  condicións  que  se establecen nesta orde.

 

Programa  I.  Programa  de  incentivos  á  contratación  indefinida  inicial (TR349A)

OXECTO E FINALIDADE E PRINCIPIOS DE XESTIÓN

Este programa ter por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2017 dos incentivos a contratacións indefinidas iniciais, a tempo completo ou a tempo parcial, incluída a modalidade fixo descontinuo, que realicen as empresas con aquelas persoas desempregadas maiores de 30 anos que esgotasen as prestacións por desemprego.

ÁMBITO TEMPORAL DE APLICACIÓN E CONTRATACIÓNS SUBVENCIONABLES

  1. Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións indefinidas iniciais que se formalicen desde o 1 de outubro de 2016 ata o 30 de setembro de 2017, ambos inclusive.
  2. Os incentivos previstos neste programa serán de aplicación ás contratacións indefinidas iniciais, a tempo completo ou a tempo parcial, incluída a modalidade de fixo descontinuo, que realicen as empresas con aquelas persoas desempregadas maiores de 30 anos que esgotasen as prestacións por desemprego.

REQUISITOS

  1. Como consecuencia da contratación indefinida inicial pola que se solicita subvención ten que incrementarse o cadro de persoal fixo da empresa no ámbito territorial de Galicia respecto á media dos 3 meses anteriores ao da contratación.
  2. Como consecuencia da contratación indefinida que se fomenta, ten que incrementarse o emprego neto da empresa no ámbito territorial de Galicia respecto á media dos 3 meses anteriores ao da contratación.

CONTÍAS DOS INCENTIVOS

  1. As contratacións  indefinidas  iniciais  incentivaranse  cunha  axuda  de 8.000 euros..

    Esta contía incrementarase nas porcentaxes que se sinalan a continuación, que son acumulables entre si:

        a) Un 25 % se a persoa incorporada é unha muller.
        b) Un 25 % se a persoa incorporada ten discapacidade ou se encontra en situación ou risco de exclusión socia.
        c) Un 25 % se a persoa incorporada pertence a unha unidade familiar na cal todos os seus membros están desempregado.
      d) Un 25 % no caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural.
  1. No caso de que a empresa conte no seu cadro de persoal do mes da contratación pola que se solicita subvención cun mínimo do 75 % de persoal indefinido, as contratacións indefinidas iniciais incentivaranse cunha axuda de 10.000 euros.

    Esta contía incrementarase nas porcentaxes que se sinalan a continuación, que son acumulables entre si:

        a) Un 25 % se a persoa incorporada é unha muller.
        b) Un 25 % se a persoa incorporada ten discapacidade ou se encontra en situación ou risco de exclusión social.
        c) Un 25 % se a persoa incorporada pertence a unha unidade familiar na cal todos os seus membros están desempregados.
      d) Un 25 % no caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural.
  1. A contía dos incentivos será proporcional ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, da xornada ordinaria máxima legal.
  1. Os beneficios establecidos á contratación nesta orde non poderán, en concorrencia con outras axudas públicas para a mesma finalidade, superar o 60 % do custo salarial de dúas anualidades correspondentes ao contrato que se subvenciona.

Programa II. Programa de incentivos á contratación de persoas desempregadas en situación ou risco de exclusión social (TR349D)

OBXECTO E FINALIDADE E PRINCIPIOS DE XESTIÓN

Este programa ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2017 dos incentivos ás contratacións indefinidas iniciais, as contratacións de carácter temporal e as transformacións de contratos temporais en indefinidos formalizadas con persoas que estean en situación ou risco de exclusión social de acordo coa definición do artigo 5.3 desta orde.

ÁMBITO TEMPORAL DE APLICACIÓN E CONTRATACIÓNS SUBVENCIONABLES

  1. Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións indefinidas iniciais, as contratacións con carácter temporal e as transformacións de contratos temporais en indefinidos que se formalicen desde o 1 de outubro de 2016 ata o 30 de setembro de 2017, ambas inclusive.
  2. Os incentivos previstos neste programa serán de aplicación ás contratacións indefinidas iniciais, a tempo completo ou a tempo parcial, incluída a modalidade de fixo descontinuo, que realicen as empresas e as entidades empregadoras con persoas en situación ou risco de exclusión social.
  3. Os incentivos previstos neste programa serán de aplicación a todas as modalidades contractuais de carácter temporal, a tempo completo ou a tempo parcial, que se realicen con persoas desempregadas pertencentes a algún dos colectivos relacionados no artigo 5.3 desta orde.

TRANSFORMACIÓNS SUBVENCIONABLES

Os incentivos previstos neste programa serán de aplicación a todas as transformacións das contratacións temporais en indefinidas, sempre que a xornada de contratación indefinida sexa igual ou superior á da contratación temporal que se transforma e que se realicen con persoas desempregadas pertencentes a algún dos colectivos relacionados no artigo 5.3 desta orde.

REQUISITOS

  1. Como consecuencia da contratación indefinida inicial pola cal se solicita subvención ten que incrementarse o cadro de persoal neto e fixo da empresa, no ámbito territorial de Galicia, respecto aos tres meses anteriores ao mes da contratación.
  2. Como consecuencia da contratación temporal que se fomenta ten que incrementarse o emprego neto da empresa no ámbito territorial de Galicia respecto aos tres meses anteriores ao mes da contratación.
  3. Como consecuencia da transformación do contrato temporal en indefinido que se fomenta ten que incrementarse o emprego fixo da empresa no ámbito territorial de Galicia respecto aos tres meses anteriores ao mes de transformación.

CONTÍAS DOS INCENTIVOS

1. As contratacións indefinidas iniciais incentivaranse cunha axuda de 10.000 euros.
Esta contía incrementarase nas porcentaxes que se sinalan a continuación, que son acumulables entre si:
a) Un 25 % se a persoa incorporada é unha muller.
b) Un 25 % se a persoa incorporada pertence a unha unidade familiar na cal todos os seus membros están desempregados.
c) Un 25 % no caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural.

2. As contratacións temporais incentivaranse do seguinte xeito:

Duración do contrato Contía
6 meses 2.500 €
7 meses 2.900 €
8 meses 3.300 €
9 meses 3.700 €
10 meses 4.100 €
11 meses 4.500€
12 meses 5.000 €

3. As transformacións de contratos temporais en indefinidos incentivaranse cunha axuda de 2.500 euros.

4. A contía dos incentivos será proporcional ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, da xornada ordinaria máxima legal.

5. Se a transformación se produce con anterioridade ao remate da duración inicial dun contrato temporal xa subvencionado, compensarase a parte da subvención concedida correspondente ao período non esgotado, reducindo na mesma contía o incentivo pola transformación do contrato en indefinido.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de setembro de 2017.

.