— Programa bono autónomos. Procedimiento TR341Q. Hasta 31 agosto.

Agaca
Por Agaca agosto 3, 2017 13:56

Información de la ayuda

Activa

RESUMEN ELABORADO PORAgaca

Puede consultar/descargar este resumen de la Orden en “Documentación”(formato PDF) y la Orden completa en el enlace “Web”

— ORDE do 11 de xullo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa do bono das persoas autónomas e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (código de procedemento TR341Q). Consellería de Economía, Emprego e Industria. DOG Nº 144, 31/07/2017

OBXECTO DAS BASES REGULADORAS

Estas bases teñen por obxecto fixar os criterios e requisitos para a concesión de axudas do Programa do bono das persoas autónomas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

PERSOAS BENFICIARIAS

Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde:

As persoas traballadoras autónomas que residan e teñan domicilio fiscal en Galicia, que teñan unha antigüidade na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional de maneira ininterrompida na data da solicitude da axuda por un prazo superior a 42 meses e que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF, anual inferior a 30.000 euros e unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, declarados no ano anterior ao da convocatoria.

Quedan excluídos desta orde:
a) Os familiares que, de maneira habitual, realizan traballos para persoas traballadoras autónomas que non teñan a condición de traballadores por conta allea conforme o establecido no artigo 1.3.e) do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro.
b) Os traballadores economicamente dependentes a que se refire o capítulo III do título II da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo.

SUBVENCIÓN DO BONO DO AUTÓNOMO

1. Poderase conceder para a mellora da competitividade da actividade empresarial ou profesional das persoas beneficiarias desta orde unha subvención, mediante pagamento anticipado, de ata 3.000 euros.

2. Esta axuda destinarase a sufragar os gastos nos seguintes servizos:

Profesionalización: servizos de mellora da xestión financeira e procura de financiamento, servizos de optimización de procesos de produción e cadea loxística, relanzamento comercial, imaxe e comunicación e posicionamento web.

Desenvolvemento estratéxico: plan de mellora empresarial, márketing, redefinición do modelo de negocio e identificación de socios e redes de cooperación.

Tamén se poderá ter en consideración calquera outro servizo ou actividade non incluído nos parágrafos anteriores que poida ser considerado de maneira indubidable como dirixido á mellora da competitividade.

3. Así mesmo, poderá ser computable como gasto subvencionable o pagamento do importe do cofinanciamento privado dos servizos contratados co Igape a través do programa Re-Acciona (DOG do 3 de agosto de 2016) na súa convocatoria de 2017 e sucesivas por parte das persoas traballadoras autónomas.

4. A través desta axuda serán subvencionables os gastos realizados desde o día seguinte ao da publicación desta orde e durante o período subvencionable, efectivamente xustificados, mediante facturas e documentos bancarios acreditativos do seu pagamento, con anterioridade á finalización do período de xustificación establecido na resolución de concesión ou, en todo caso, ata o 20 de decembro do exercicio en curso.

ANTICIPOS DE PAGAMENTO

Realizaranse pagamentos anticipados das subvencións reguladas por estas bases, de acordo co establecido no artigo 31.6 da Lei 9//2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e nos artigos 63, 65 e 67 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da dita lei.

Os pagamentos anticipados suporán entregas de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo a actuación subvencionada.

Este pagamento quedará suxeito ás seguintes condicións:
a) Anticiparase ata o 100 % do importe da subvención concedida.

b) Os beneficiarios quedarán exonerados da constitución de garantía, conforme o establecido na letra i) do artigo 65.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de agosto de 2017.