— IX Premios AGADER desarrollo rural. Hasta 18 junio.

Agaca
Por Agaca mayo 23, 2018 09:22

Información de la ayuda

Derogada / Fuera de plazo

RESUMEN ELABORADO PORAgaca

Puede consultar/descargar este resumen de la Resolución en “Documentación” (formato PDF) y la Resolución completa en español en el enlace “Web”

— RESOLUCIÓN del 3 de mayo de 2018 por la que se convoca la novena edición de los premios Agader a las iniciativas de desarrollo rural. AGADER DOG Nº 94, 18/05/2018.

OBJETO

1. Aprobar as bases reguladoras dos premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural, que se xuntan a esta resolución como anexo I, co seguinte código de procedemento administrativo MR709A.
2. Convocar para o ano 2018, en réxime de concorrencia competitiva, a novena edición dos premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural. Os premios que se convocan correspóndense coas seguintes categorías:

Categoría mozos, para aquelas iniciativas levadas a cabo por mozos/as que constitúan unha aposta polo presente e o futuro do medio rural galego e da súa poboación. Para estes efectos, terán a consideración de mozos ou mozas quen non teña máis de corenta anos na data en que finalice o prazo para presentar a candidatura ou, no caso de persoas xurídicas, cando polo menos o 25 % dos seus membros cumpran este requisito.

Categoría proxectos culturais e de recuperación patrimonial no medio rural, para todos aqueles proxectos orientados á posta en valor, conservación e recuperación de elementos patrimoniais do rural galego, así como aqueles aspectos da nosa cultura que se constitúen como sinais de identidade do medio rural.

Categoría proxectos de interese social, orientados cara á integración dos colectivos máis desfavorecidos e que procuren a inserción social ou o coidado dos nosos maiores.

Categoría turismo, para recoñecer aquelas iniciativas que contribúan ao desenvolvemento económico a través da potenciación da ampla riqueza dos recursos turísticos do medio rural de Galicia.

Categoría sector agro-gandeiro, dirixida a proxectos desenvolvidos dentro dos sectores da gandaría, a agricultura e/ou o a transformación agroalimentaria que aposten polo valor engadido na súa produción.

Categoría mulleres, orientada ás iniciativas levadas a cabo polas mulleres no medio rural, desde unha óptica de igualdade e progreso, en que serán fundamentais valores como o asociacionismo, a profesionalización e a innovación.

Categoría innovación tecnolóxica, dirixida ás iniciativas desenvolvidas no medio rural galego que incorporen a innovación para obter un novo produto ou mellorar a calidade nos seus produtos ou servizos, para diminuír custos, para ofrecer unha maior gama de produtos ou servizos ou para seren máis rápidas na súa introdución no mercado.

Categoría premio á loita contra o abandono e en prol da mobilidade de terras agrarias, destinada a premiar as iniciativas que puxesen en marcha proxectos ou experiencias que contribúan, directa ou indirectamente, a loitar contra o abandono de terras agrarias ou a favor da recuperación daquelas que xa están en situación de abandono, ou ben á visibilización deste como un problema grave para o conxunto da sociedade galega.

Cada un dos premios constará dun diploma e unha dotación en metálico de 10.000 euros.

Cada iniciativa só poderá presentarse a unha categoría, para o cal debe marcar no modelo de solicitude (anexo II) o recadro correspondente á categoría a que opta.

PERSONAS DESTINATARIAS

Poderán presentar candidaturas aos premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural as persoas físicas ou xurídicas de natureza privada.

INICIATIVAS QUE PUEDEN SER PREMIADAS

1. Nos termos desta resolución poderanse conceder os premios ás iniciativas que cumpran os seguintes requisitos:
– Que se localicen no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
– Que contribúan de xeito singular a promocionar o medio rural e a xerar unha sociedade rural máis dinámica e cohesionada.
– Que estean executadas con carácter previo á data de publicación da convocatoria.

2. Exclúense destes premios as iniciativas:
– Que obtivesen premio nalgunha das anteriores edicións dos premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural ou do premio Agader ao embelecemento do medio rural.
– Que se encontren en fase de deseño ou execución na data de publicación da convocatoria dos premios.
– Que se desenvolvan nos sectores da pesca e acuicultura.
– Que estean relacionadas coa exportación a terceiros países ou a Estados membros.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo para a presentación das solicitudes das axudas rematará o 18 de xuño de 2018.