— Inversión en explotaciones, creación empresas jóvenes, desarrollo pequeñas explotaciones (hasta 2 mayo)

Agaca
Por Agaca abril 4, 2017 14:38

Información de la ayuda

Activa

 

RESUMEN ELABORADO PORAgaca

Puede consultar/descargar el resumen de la Orden en “Documentación”(formato PDF, gallego) y la Orden completa en el enlace “Web”, en español

ORDE do 29 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para os agricultores mozos e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2017. Consellería do Medio Rural DOG Nº 64, 31/03/2017

OBXECTO E FINALIDADE

Esta orde ten por obxecto convocar para o ano 2017 as seguintes liñas de axuda incluídas no Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, en réxime de concorrencia competitiva:

a) Medida Investimentos en activos físicos.

– Submedida 4.1. Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas (plans de mellora nas explotacións agrarias, procedemento MR405A).

b) Medida Desenvolvemento de explotacións agrícolas e empresariais.

– Submedida 6.1. Creación de empresas para os agricultores mozos (procedemento MR404A).

– Submedida 6.3. Creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións (procedemento MR405B).

— APOIO AOS INVESTIMENTOS NAS EXPLOTACIÓNS AGRÍCOLAS —

Requisitos dos beneficiarios

Requisitos dos beneficiarios de axudas aos plans de melloras para agricultores (procedemento MR405A).

  1. Ser titular dunha explotación agraria inscrita, polo menos cunha antigüidade dun ano, no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, de acordo co Decreto 200/2012, do 4 de outubro, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, excepto para os mozos que se instalen nunha explotación de nova creación.
  2. Os solicitantes persoas físicas deberán ter dezaoito anos cumpridos e non ter alcanzado a xubilación.
  3. Posuír a capacitación profesional suficiente no momento da solicitude, o cal se acreditará segundo se establece no Decreto 200/2012, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, agás no caso de primeira instalación simultánea. As persoas xurídicas deberán acreditar que, polo menos, o 50 % dos socios posúen a capacitación suficiente.
  4. Comprometerse a exercer a actividade agraria na explotación obxecto da axuda durante, polo menos, cinco anos contados desde a data de pagamento da axuda.
  5. Levar a cabo un plan que mellore o rendemento global da explotación.
  6. Cumprir as normas mínimas en materia de ambiente, hixiene e benestar dos animais, de conformidade coa normativa comunitaria e nacional, coa propia orde e co programa de desenvolvemento rural de Galicia aprobado pola Unión Europea.
  7. Cando a explotación pertenza a unha comunidade de bens, estas deberán acreditar a súa constitución e que polo menos o 50 % dos comuneiros ou comuneiras reúnen os requisitos establecidos para os titulares persoas físicas, e poderán resultar beneficiarias da axuda, coa condición de que cumpran as exixencias previstas para estas agrupacións no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  8. A renda unitaria de traballo, no momento de realizar a solicitude, debe ser igual ou superior ao 35% da renda de referencia. Agás que se trate dun plan de mellora dun agricultor/a mozo/a que presente simultaneamente unha primeira instalación.
  9. Serán denegadas todas aquelas solicitudes en que a explotación non requira un volume de traballo equivalente, como mínimo, a unha unidade de traballo agrario, e non alcance a dimensión física mínima establecida no anexo V.

Custos subvencionables

1. Serán elixibles os investimentos materiais e inmateriais que supoñan unha mellora do rendemento global, a competitividade ou a viabilidade da explotación. En particular:

  • a) A reforma ou construción de instalacións que supoñan unha redución de custos de produción ou un incremento na produtivi
  • b) A compra de nova maquinaria.
  • c) Os custos xerais vinculados aos gastos previstos nas letras a) e b), tales como honorarios dos enxeñeiros que elaboren os proxectos de construción ou reforma, os estudos de viabilidade, permisos ou li
  • d) Plantación e mellora de cultivos leñosos de aptitude frutícola (árbores e arbustos froiteiros, a excepción dos incluídos na medida 8 do PDR de Galicia 2014-2020).
  • e) A compra de terreos por un valor inferior ao 10 % do custo subvencionabl f) Adquisición ou desenvolvemento de programas informáticos.

2. No caso de investimentos que inclúan actuacións de rega, será de aplicación o establecido no artigo 46 do Regulamento (UE) 1305/2013.

3. Non serán subvencionables os investimentos que se limiten a substituír un edificio ou unha máquina existentes, ou partes deles, por un edificio ou unha máquina novos e modernos, sen ampliar a capacidade de produción en máis dun 25 % ou sen introducir cambios fundamentais na natureza da produción ou na tecnoloxía correspondente. Non se considerarán investimentos substitutivos a demolición total dun edificio agrario de máis de 30 anos e a súa substitución por outro moderno nin a renovación xeral dun edificio. Unha renovación considerarase xeral cando o seu custo supoña como mínimo o 50 % do valor do edificio novo. No referente ás máquinas, tampouco se considerará substitución cando teñan máis de 10 anos.

A maquinaria agrícola só será elixible nos casos en que estea claramente xustificada e sexa acorde ao dimensionamento da explotación.

A compra de dereitos de produción; plantas anuais e a súa plantación; investimento de simple substitución; maquinaria de segunda man; custos de conservación e mantemento ou os derivados do funcionamento da explotación; os montes baixos de ciclo curto; maquinaria ou investimentos relacionados coa transformación e comercialización; a maquinaria e investimentos de carácter forestal; non serán subvencionables.

4. Para dar cumprimento ao requisito de moderación de custos, que se establece no artigo 48.2.e) do Regulamento (UE) nº 809/2014, da Comisión, fixaranse custos de referencia ditados en virtude da disposición derradeira primeira, definidos na norma complementaria que se publicará na web da Consellería do Medio Rural, independentemente da exixencia de presentar un mínimo de tres ofertas de distintos provedores.

5. Establécese un investimento elixible mínimo de 5.000 € para poder ser subvencionable.

O volume total do investimento elixible máximo subvencionable para cada beneficiario será de 120.000 €/UTA, cun máximo de 1.000.000 €, nun período de catro anos, e poden destinar, como máximo, un 30 % para a adquisición de maquinaria agrícola. Para o cálculo do investimento máximo, en función do límite máximo por UTA, consideraranse as UTA iniciais. Agás que se trate dun plan de mellora dun/dunha agricultor/a mozo/a que presente simultáneamente unha primeira instalación, onde o límite máximo de investimento por UTA se calculará en función do número de UTA correspondente á situación posterior á instalación.

Criterios de prioridade

1.Establécense os seguintes criterios de prioridade:

    a) Explotación vinculada cunha incorporación de agricultor mozo:

    1. Simultaneamente solicita a axuda pola submedida 6.1. Creación de empresas para os agricultores mozos para incorporarse nunha explotación de nova creación ou ten unha axuda desta submedida 6.1 concedida na convocatoria anterior por incorporación dun mozo nunha explotación de nova creación: 15 puntos.
    2. Simultaneamente solicita a axuda pola submedida 6.1. Creación de empresas para os agricultores mozos para incorporarse nunha explotación existente ou ten unha axuda desta submedida 6.1 concedida na convocatoria anterior por incorporación dun mozo nunha explotación existente: 10 puntos.
    3. Se producise unha incorporación dun agricultor mozo nos últimos cinco anos: 5 puntos.

    b) Investimentos nunha explotación que proceda dunha fusión de explotacións realizada nos últimos cinco anos: 5 puntos.

    c) Agricultor profesional.

      a.Nas persoas físicas titulares de explotación: 5 puntos.
      b. Nas persoas xurídicas, en función dos socios:

      1. i. Todos os socios son agricultores profesionais: 5 puntos.
      2. ii. Máis do 60 %: 4 puntos.
      3. iii. Polo menos o 50 %: 3 puntos.
      4. iv. Máis do 25 %: 2 puntos.
      5. v.Polo menos un socio: 1 punto.

    d) Explotación agraria inscrita na Sección de Explotacións Agrarias Prioritarias do Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia ou que solicitase a súa inscrición con anterioridade á data de publicación desta orde e que cumpra cos requisitos para ser incluída no catálogo: 5 puntos.

    e) Investimentos en proxectos innovadores: 5 puntos.

    f) Titular da explotación socio dunha cooperativa ou dunha entidade asociativa agroalimentaria prioritaria: 4 puntos.

    g) Creación de UTA asalariadas a tempo completo (sen ter destruído emprego no último ano):
    1 UTA: 2 puntos;
    2 UTA: 3 puntos; e
    3 ou más UTA: 5 puntos.

    h) Localización da explotación nunha zona de montaña tal e como se definen na medida 13 do PDR 2014-2020: 3 puntos.

    i) Explotación ecolóxica: 3 puntos.

    j) Explotación de titularidade compartida: 3 puntos.

    k) Investimentos en aforro enerxético que supoñan máis do 50 % do investimento elixible: 2 puntos.

    l) Investimentos en novas tecnoloxías eficaces para reducir as emisións de CO2 e amoníaco que supoñan máis do 15 % do investimento total elixible: 2 puntos.

    m) Investimentos en xestión de xurro ou esterco que supoñan máis do 15 % do investimento total elixible: 2 puntos.

    n) Investimentos en proxectos integrados: 2 puntos.

    o) Investimentos en produción de trigo das variedades Callobre e/ou Caaveiro, comprometéndose a destinar polo menos 1 ha da súa base territorial á produción destas variedades, e que supoñan máis do 15 % do investimento total elixible: 2 puntos.

    p) Investimentos nunha explotación que pertenza a unha agrupación de defensa sanitaria gandeira (ADSG): 1 puntos.

    q) Investimentos nunha explotación gandeira de razas autóctonas galegas en perigo de extinción, que supoñan polo menos a metade do censo de reprodutoras da explotación (estas reprodutoras estarán inscritas no correspondente libro xenealóxico): 1 punto.

    r) Explotación localizada nunha zona distinta da de montaña con limitacións naturais significativas ou limitacións específicas tal e como se definen na medida 13 do PDR 2014-2020: 1 punto.

    s) Titular da explotación muller ou, no caso das persoas xurídicas, que polo menos a metade dos seus socios sexan mulleres: 1 punto.

2. En caso de igualdade na aplicación do baremo terán prioridade as entidades solicitantes con investimentos en proxectos innovadores. Se aínda persistir o empate, priorizarase segundo a orde indicada nos criterios de selección e, finalmente, polo plan de melloras con maior importe en investimento elixible.

3. Para seren admisibles, as solicitudes deberán alcanzar unha puntuación mínima de 10 puntos e, polo menos, dous criterios.

4. A aplicación dos criterios de prioridade realizarase tendo en conta o momento de finalización do prazo de presentación da solicitude de axuda, agás o criterio c) agricultor profesional, no cal as persoas que soliciten axuda pola medida 6.1 desta convocatoria ou a teñan concedida na convocatoria anterior, considérase que teñen a condición de agricultor profesional.

Contía e tipo de axuda

O importe da axuda será do 40 % dos custos elixibles, que poderá incrementarse ata un máximo do 60 % en función da aplicación dos seguintes criterios:

10 % cando o beneficiario sexa un agricultor mozo segundo a definición do Regulamento (UE)
1305/2013 ou que se instalase durante os cinco anos anteriores á solicitude da axuda. Neste último caso, os solicitantes deben cumprir tódolos requisitos da definición de agricultor mozo prevista no Regulamento (UE) 1305/2013, incluíndo o requisito de idade.

Para que unha persoa xurídica poida ter esta bonificación, polo menos o 50 % dos seus socios deberán ser mozos que se instalen ou se instalasen durante eses últimos cinco anos.

10 % en investimentos colectivos, cando o beneficiario procede dunha fusión de explotacións.

10 % no caso de investimentos en zonas con limitacións naturais ou outras limitacións específicas, segundo o establecido no artigo 32 do Regulamento (UE) 1305/2013.

10 % no caso de operacións subvencionadas no marco da Axencia Europea da Innovación en materia de produtividade e sustentabilidade agrícola.

10 % no caso de investimentos relacionados con operacións en medidas agroambientais ou agricultura ecolóxica.

— CREACIÓN DE EMPRESAS PARA OS AGRICULTORES MOZOS —

Requisitos dos beneficiarios

Os/as agricultores/as mozos/as que desexen acceder ás axudas á incorporación de agricultores mozos á actividade agraria deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Ser agricultor mozo.
b) Cumprir a condición de agricultor profesional.
c) Posuír o nivel de capacitación profesional suficiente no momento da solicitude da axuda, segundo se establece no Decreto 200/2012, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, ou comprometerse a adquirilo nun prazo improrrogable de 36 meses desde a instalación.
d) A explotación en que se produce a instalación debe alcanzar, cando sexa efectiva a incorporación do mozo, unha renda unitaria de traballo igual ou superior ao 35 % da renda de referencia anual e inferior ao 120 % desta.
e) Instalarse nunha explotación que alcance a dimensión física mínima establecida no anexo V.
f) Cumprir o plan empresarial.
g) Exercer o control efectivo da explotación.
h) Non procederán estas axudas se o proceso de instalación está rematado antes da solicitude de axuda.

Así mesmo deberán:

a) Comprometerse por escrito a exercer a actividade agraria durante cinco anos, contados desde a instalación.
b) Cumprir as normas mínimas en materia de ambiente, hixiene e benestar dos animais, de conformidade coa normativa comunitaria e nacional, coa propia orde e co Programa de desenvolvemento rural de Galicia aprobado pola Unión Europea, coa execución do plan empresarial.

Modalidades de primeiras instalacións

1. A primeira instalación dun/dunha agricultor/a mozo/a deberá realizarse mediante algunha das seguintes modalidades:

  • a) Acceso mediante titularidade exclusiva dunha explotación preexistente ou de nova creación (modalidade 1).
    b) Acceso mediante cotitularidade dunha explotación agraria prioritaria (modalidade 2).
  • c) Integración como socio/a nunha entidade asociativa (modalidade 3), preexistente ou de nova constitución, que sexa titular dunha explotación agraria prioritaria ou que adquira esta condición coa incorporación do mozo, no caso de ser de nova creación.
  • d) Acceso mediante titularidade compartida da explotación (modalidade 4).

Criterios de prioriedade

1.Establécense os seguintes criterios de prioridade:

    a) Primeira instalación simultánea cun proxecto apoiado pola submedida 4.1: 8 puntos.
    b) Instalación do mozo a tempo completo: 6 puntos.
    c) Instalación nunha explotación ecolóxica ou que alcance tal condición tras levar a cabo o plan empresarial: 4 puntos.
    d) Instalación do/da mozo/a mediante as modalidades 1, 3 ou 4: 4 puntos.
    e) Instalación nunha explotación inscrita na Sección de Explotacións Agrarias Prioritarias do Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, ou que solicitase a súa inscrición con anterioridade á data de publicación desta orde e cumpra cos requisitos para ser incluída no catálogo: 4 puntos.
    f) Creación de emprego adicional a tempo completo: 4 puntos.
    g) Localización da explotación nunha zona de montaña tal e como se define na medida 13 do PDR 2014-2020: 3 puntos.
    h) O plan empresarial inclúe investimentos nun proxecto innovador: 2 puntos.
    i) Instalación nunha explotación que pertenza a unha agrupación de defensa sanitaria gandeira (ADSG): 1 punto.
    j) Instalación nunha explotación que proceda da fusión de explotacións realizada nos últimos cinco anos ou se fusione coa instalación do mozo: 1 punto.
    k) Explotación localizada nunha zona distinta da de montaña con limitacións naturais significativas ou limitacións específicas tal e como se definen na medida 13 do PDR 2014-2020: 1 punto.
    l) Muller: 1 punto.

2.No caso de empate a puntos, priorizaranse as primeiras instalacións simultáneas ligadas á submedida 4.1 e, se o empate continúa, priorizaranse as situacións na orde indicada no punto anterior. De persistir o empate, priorizarase a incorporación do mozo que teña máis idade.

3.Para seren admisibles, as solicitudes deberán alcanzar unha puntuación mínima de 10 puntos.

4.A aplicación dos criterios de prioridade realizarase tendo en conta o momento de finalización do prazo de presentación da solicitude de axuda.

Contía e tipo de axuda

A axuda concederase pola execución do plan empresarial e consistirá nunha prima cuxa contía básica, calculada de acordo cunha estimación dos custos da Seguridade Social do mozo durante os cinco anos de permanencia mínima na actividade agraria establecida no artigo 22 desta orde, establecida en 20.000 €, e poderá incrementarse nas seguintes situacións, sen que a axuda total supere os 70.000 €:

a) De acordo co volume de gasto necesario para a posta en marcha da explotación ou instalación do mozo (exclúese a achega ao capital social) e súa permanencia durante os cinco anos na actividade agraria:

– De 20.000 a 30.000 €: a prima increméntase en 12.500 €.
– De 30.001 a 40.000 €: increméntase en 17.500 €.
– De 40.001 a 60.000 €: increméntase en 25.000 €.
– De 60.001 a 80.000 €: increméntase en 31.500 €.
– De 80.001 a 100.000 €: increméntase en 40.500 €.
– Máis de 100.000 €: increméntase en 45.000 €.

O gasto en investimento só é admisible no suposto de instalarse nunha explotación de nova creación. Tampouco se considera admisible investimento de simple substitución; maquinaria de segunda man; custos de conservación e mantemento ou os derivados do funcionamento da explotación; os montes baixos de ciclo curto; maquinaria ou equipamentos relacionados coa transformación e comercialización de produtos agrarios ou forestais; e a maquinaria e equipamentos de carácter forestal.

b) Creación de emprego adicional a tempo completo na explotación durante toda a duración do tempo de compromisos, cinco anos, ademais da man de obra correspondente ao mozo instalado:
20.000 €.

c) Instalarase nunha explotación localizada nunha zona con limitacións naturais ou outras limitacións especificas previstas no artigo 32 do Regulamento (UE) 1305/2013: 5.000 €.

— CREACIÓN DE EMPRESAS PARA O DESENVOLVEMENTO DE PEQUENAS EXPLOTACIÓNS —

Requisitos dos beneficiarios

Os solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Ser titular dunha pequena explotación agraria inscrita, con polo menos unha antigüidade dun ano, no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.

b) Residir na comarca onde radique a explotación ou nunha comarca limítrofe.

c) A explotación debe requirir un volume de traballo equivalente, como mínimo, á metade dunha unidade de traballo agrario imputable ao titular da explotación. Esta unidade de traballo agrario manterase durante os cinco anos posteriores ao pagamento final da axuda.

d) Presentar un plan empresarial que mostre a viabilidade da iniciativa e a mellora do rendemento global da explotación.

e) Cumprir as normas mínimas en materia de ambiente, hixiene e benestar dos animais, de conformidade coa normativa comunitaria e nacional, coa propia orde e co Programa de desenvolvemento rural de Galicia aprobado pola Unión Europea.

f) A explotación non pode ter sido beneficiaria por esta mesma submedida en convocatorias anteriores. Tampouco puido ter sido beneficiaria dunha axuda da medida 112 ou da medida 121 do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2007-2013.

Criterios de prioridade

1.Establécense os seguintes criterios de prioridade:

    a) Explotación con orientación produtiva principal hortícola, frutícola, florícola, apícola, vacún de carne ou ovino/cabrún: 5 puntos.

    b) Explotación gandeira de razas autóctonas galegas en perigo de extinción que supoñan polo menos a metade do censo de reprodutoras da explotación (estas reprodutoras estarán inscritas no correspondente libro xenealóxico): 4 puntos.

    c) Explotación que se comprometa a destinar, polo menos, 0,5 ha da súa base territorial a producir trigo das variedades Callobre e/ou Caaveiro e que a produción destas variedades supoña polo menos a metade da marxe neta da explotación: 4 puntos.

    d) Resto de orientacións produtivas: 3 puntos.

    e) Agricultor profesional.

      a.Nas persoas físicas titulares de explotación: 5 puntos.
      b. Nas persoas xurídicas, en función dos socios:

      1. i. Todos os socios son agricultores profesionais: 5 puntos.
      2. ii. Máis do 60 %: 4 puntos.
      3. iii. Polo menos o 50 %: 3 puntos.
      4. iv. Máis do 25 %: 2 puntos.
      5. v.Polo menos un socio: 1 punto.

      f) Se a persoa que exerce o control da explotación cotiza á Seguridade Social no sector agrario: 3 puntos.

      g) Localización da explotación nunha zona de montaña tal e como se definen na medida 13 do PDR 2014-2020: 3 puntos.

      h) Explotación ecolóxica: 3 puntos.

      i) Investimentos en proxectos innovadores: 2 puntos.

      j) Proxecto en cooperación cunha operación financiada a través da medida 16 do PDR: 2 puntos.

      k) Explotación que pertence a unha agrupación de defensa sanitaria gandeira (ADSG): 1 punto.

      l) Explotación localizada nunha zona distinta da de montaña conl imitacións naturais significativas ou limitacións específicas tal e como se definen na medida 13 do PDR 2014-2020: 1 punto.

      m) Titular da explotación muller ou, no caso das persoas xurídicas, que polo menos a metade dos seus socios sexan mulleres: 1 punto.

    2. No caso de empate en puntos priorizaranse as situacións na orde indicada no punto anterior. De persistir o empate, priorizarase a explotación máis antiga segundo o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.

    3. Para seren admisibles, as solicitudes deberán alcanzar unha puntuación mínima de 6 puntos.

    4. A aplicación dos criterios de prioridade realizarase tendo en conta o momento de finalización do prazo de presentación da solicitude de axuda.

    Contía e tipo de axuda

    A axuda consistirá nunha prima 15.000 euros e concederase pola execución do plan empresarial que terá unha duración de 18 meses desde a aprobación da axuda.

    PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

    O prazo de presentación das solicitudes remata o 2 de maio de 2017.