— Indemnizaciones sanidad vegetal – hasta 1 octubre

Agaca
Por Agaca mayo 14, 2018 13:33

Información de la ayuda

Activa

 

RESUMO ELABORADO PORAgaca

Pode consultar/descargar este resumo da Orde en “Documentación” (formato PDF) e a Orde completa na ligazón “Web”

— ORDEN del 17 de abril de 2018 por la que se establecen as bases reguladoras para la concesión de indemnizaciones en materia de sanidad vegetal en la Comunidad Autónoma de Galicia y se convocan para el año 2018. Consellería do Medio Rural. DOG Nº 86, 4/05/2018

OBJETO

Esta orde ten por obxecto:
a) Establecer, no marco dos programas de control e loita contra pragas de corentena, as bases reguladoras para a concesión de indemnizacións polas medidas fitosanitarias adoptadas sobre os vexetais afectados polos organismos de corentena.

BENEFICIARIAS Y REQUISITOS

1. Poderán ser persoas beneficiarias destas indemnizacións as persoas físicas e xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica cuxos produtos vexetais fosen afectados polas medidas fitosanitarias adoptadas en virtude dunha declaración da presenza da Praga pola autoridade competente, orixinada polo desenvolvemento dun programa oficial de erradicación dos organismos de corentena dos determinados na correspondente convocatoria.

OBJETO

O obxecto desta sección é convocar a concesión de indemnizacións, no marco das bases reguladoras establecidas na presente orde, para paliar as medidas fitosanitarias derivadas das seguintes pragas de corentena, recollidas nos seguintes textos normativos:
1. Fusarium circinatum Niremberg et O’Donnell, segundo o establecido no Real decreto 637/2006, do 26 de maio, polo que se establece o Programa nacional de erradicación e control do fungo Fusarium circinatum Niremberg et O’Donnell, e as súas modificacións.

2. Tecia solanivora Povolny ou couza guatemalteca da pataca, segundo o establecido no Real decreto 197/2017, do 3 de marzo, polo que se establece o Programa nacional de control e erradicación de Tecia (Scrobipalpopsis) solanivora (Povolny).

3. Trioza erytreae ou psílido africano dos cítricos, segundo o establecido no Real decreto 23/2016, do 22 de xaneiro, polo que se establecen o Programa nacional de control e erradicación de Trioza erytreae e o Programa nacional de prevención de Diaphorina citri e Candidatus Liberibacter spp.

4. Thekopsora minima segundo o establecido no Real decreto 58/2005, do 21 de xaneiro, polo que se adoptan medidas de protección contra a introdución e difusión no territorio nacional e da Comunidade Europea de organismos nocivos para os vexetais ou productos vexetais, así como para a exportación e tránsito cara a países terceiros.

PERSONAS BENEFICIARIAS

1. Poderán ser persoas beneficiarias das indemnizacións as persoas físicas e xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica que sexan titulares de:

a) Planta destinada a plantacións forestais de Pinus sp. que fose destruída como consecuencia da detección dun foco de Fusarium circinatum Niremberg et O’Donnell.

b) Planta destinada á venda de especies sensibles que fose destruída como consecuencia de estar o viveiro situado nunha zona demarcada de Trioza erytreae adquirida con data anterior ao establecemento da dita zona como demarcada.

c) Semente certificada de tubérculos de pataca destruída en aplicación das medidas de erradicación de Tecia solanivora Povolny, existente en almacéns comercializadores situados en zonas demarcadas e con data de adquisición anterior á data de declaración desta zona como zona demarcada de Tecia solanivora Povolny.

A entrega de tubérculos de pataca, aos servizos oficiais, realizarase mediante sacos orixinais (sempre que non fosen abertos) ou nos sacos entregados por estes servizos. Emitirase certificado da cantidade de pataca entregada e, posteriormente destruída, con base no cal se realizará o cálculo do importe da indemnización.

d) Tubérculos de pataca de consumo producidos no concello de Cariño durante a campaña 2017 e destruídos en aplicación das medidas de erradicación de Tecia solanivora Povolny.

A entrega de tubérculos de pataca, aos servizos oficiais, realizarase mediante sacos entregados por estes servizos. Emitirase certificado da cantidade de pataca entregada, e posteriormente destruída, con base no cal se realizará o cálculo do importe da indemnización.

e) Plantacións de tubérculos de pataca desenterradas e destruídas en aplicación das medidas de erradicación de Tecia solanivora Povolny.

Serán obxecto de indemnización as plantacións realizadas en zonas onde se declarase como zona demarcada en aplicación das medidas de erradicación de Tecia solanivora Povolny con data posterior á plantación.

f) Planta destinada á venda de especies sensibles que fose destruída como consecuencia da detección dun foco de Thekopsora minima.

GASTOS OBJETO DE INDEMNIZACIÓN

Establécense para a convocatoria 2018 os baremos fixados no anexo II desta orde.

Serán obxecto de indemnización os seguintes gastos:

1. Destrución, desinfección, esterilización ou calquera outro tratamento aplicado oficialmente a:

a) Vexetais, produtos vexetais e outros obxectos constitutivos de lote ou lotes que fosen a orixe da introdución do organismo nocivo na zona de que se trate e que fosen recoñecidos como contaminados ou que poidan ser contaminados.

b) Vexetais, produtos vexetais e outros obxectos recoñecidos como contaminados ou que poidan ser contaminados polo organismo nocivo introducido, que fosen cultivados a partir de vexetais do lote ou lotes de que se trate, ou por estaren situados preto de vexetais, produtos vexetais ou outros obxectos do citado lote ou de vexetais cultivados.

c) Substratos de cultivo e terreos recoñecidos como contaminados ou que poidan ser contaminados polo organismo nocivo de que se trate.

d) Materiais de produción, acondicionamento, embalaxe ou almacenamento; os locais de almacenamento ou acondicionamento e os medios de transporte que estivesen en contacto cos vexetais, produtos vexetais e con outros obxectos mencionados anteriormente ou partes deles.

2. As inspeccións ou probas efectuadas oficialmente, ou por mor dunha petición oficial, para efectos de verificar a presenza ou a importancia da contaminación por parte do organismo nocivo introducido.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

4. O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas rematará o 1 de outubro de 2018.