— Implantación de RSE, igualdad y conciliación laboral. Hasta 28 de junio.

Agaca
Por Agaca mayo 28, 2018 12:22

Información de la ayuda

Activa

 

RESUMEN ELABORADO PORAgaca

Puede consultar/descargar este resumen de la Orden en “Documentación” (formato PDF) y la Orden completa en español en el enlace “Web”

— ORDEN del 11 de mayo de 2018 por la que se establecen las bases reguladoras del Programa de ayudas para implantar a responsabilidad social empresarial (RSE), la igualdad laboral y la conciliación laboral y personal, cofinanciadas por el programa operativo FSE Galicia 2014-2020, y se procede a su convocatoria para el año 2018. Consellería de Economía, Emprego e Industria. (DOG Nº 100, 28/05/2018)

OBJETO
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras, para o ano 2018, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas e incentivos a pemes e micropemes, incluídas persoas traballadoras autónomas con traballadores a cargo, para implantar sistemas de xestión de RSE (TR357B), a igualdade laboral (TR357C), así como para adoptar medidas de corresponsabilidade e de conciliación da vida familiar, persoal e laboral (TR357D), no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

PERÍODO
Poderán ser subvencionables as accións que se realicen entre o día 1 de xaneiro de 2018 para as que se concede a axuda ou incentivo, e ata a data de final do prazo de xustificación das actividades, establecido no artigo 35. Este período non se estenderá máis alá do 31 de decembro de 2018.

 

LÍNEAS DE LAS AYUDAS

Esta orde de convocatoria estrutúrase en tres liñas de axudas:

Liña I: certificacións de RSE (TR357B). Subvencionarase a obtención dunha certificación ou informe de verificación ou validación de códigos de conduta, normas ou estándares en materia de responsabilidade social empresarial. Poderán ser as que se relacionan ou equivalentes: empresa familiarmente responsable-EFR (conciliación), certificación de implantación de plans de igualdade, Global Reporting Initiative (GRI); United Nations Globla Compact (Pacto Mundial); ISO 19600, SGE 21, Global Accountability 1000 (AA 1000); EMAS, ISO 14000 (ambiente), OSHAS 18000 (seguridade e saúde laboral); SA 8000, IQNet SR10, BEQUAL (discapacidade).

Liña II: elaboración e implantación de plans de igualdade (TR357C) nos termos e nos ámbitos definidos no artigo 68 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, tanto de xeito voluntario como en cumprimento da obriga establecida nun convenio colectivo de ámbito superior á empresa.

Liña III: conciliación da vida laboral, familiar e persoal (TR357D) que, pola súa vez, comprende tres subliñas:

-Subliña III.1. Incentivos para fomento do teletraballo: incentivarase a adopción de acordos laborais de teletraballo.
-Subliña III.2. Incentivos para o fomento da flexibilidade horaria. Incentivarase a adopción de acordos laborais de flexibilidade horaria.
-Subliña III.3. Subvencións para a adquisición de elementos tecnolóxicos que posibiliten o teletraballo.

 

REQUISISTOS DE LAS EMPRESAS SOLICICTANTES. LÍNEAS I, II Y III

1. As empresas solicitantes poderán ser pemes, micropemes ou persoas traballadoras autónomas, que teñan subscritos contratos con persoas traballadoras por conta allea, con domicilio social e centro de traballo en Galicia, calquera que sexa a súa forma xurídica, e que estean validamente constituídas no momento de presentar a solicitude de axudas, e deberán contar cun mínimo de 5 persoas traballadoras.

Tamén poderán presentar solicitude as empresas con axencia, sucursal, delegación ou calquera outra representación en Galicia que deberán ter contratado nesta comunidade autónoma un mínimo de 8 persoas.

3. No caso da liña II, as solicitantes deberán atoparse nalgún dos supostos seguintes:

a) Empresas que implanten dunha maneira voluntaria un plan de igualdade nos termos exixidos para os plans legalmente obrigatorios.
Para estes efectos, enténdese voluntaria a implantación do plan cando a empresa o pactase coa representación legal de traballadoras e traballadores.

b) Cando a empresa implante, en cumprimento da obriga establecida nun convenio colectivo de ámbito superior á empresa, un plan de igualdade nos termos exixidos para os plans legalmente obrigatorios.

Os plans de igualdade elaborados deberán ser acordados coa representación legal do seu persoal, no caso de habela, ou coas persoas traballadoras, e prever a súa participación no seu desenvolvemento.

4. Para efectos destas axudas, terán a consideración de pemes as empresas que ocupan a menos de 250 persoas e cuxo volume de negocios anual non excede os 50 millóns de euros ou cuxo balance xeral anual no excede os 43 millóns de euros.
Para os efectos de determinar o número de persoas traballadoras na empresa, atenderase ao número de persoas traballadoras por conta allea na data da presentación da solicitude.

5. Deberán cumprir os requisitos xerais exixidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

6. No caso de grupos de empresas, ou empresas vinculadas, só se poderá presentar a solicitude da axuda por unha única empresa, e soamente se tramitará aquela que teña o primeiro número de entrada no rexistro administrativo.

7. Así mesmo, non se outorgarán axudas a empresas ou grupos empresariais que xa fosen beneficiarios destas axudas, polos mesmos conceptos, en anos anteriores. Non obstante, na liña III (conciliación) non se concederán axudas ás empresas que foron beneficiarias pola cantidade máxima subvencionable, en convocatorias anteriores.

8. Non poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades sen ánimo de lucro nin as entidades públicas.

LÍNEA I. CERTIFICACIONES DE RSE

Contía da axuda

Será o pagamento do 80 % dos custos que leve consigo o proceso de certificación ou verificación cun máximo de 3.000 € por empresa ou grupo de empresas.

LÍNEA II. ELABORACIÓN E IMPLANTACIÓN DE PLANES DE IGUALDAD

Contía da axuda

O pagamento do 80 % dos custos cun máximo de 1.500 € nas empresas de ata 20 persoas traballadoras, e ata 3.000 € nos demais supostos, dos custos que leve consigo o proceso de elaboración e implantación do plan de acordo co procedemento establecido no artigo 5 do Decreto 33/2009, do 21 de xaneiro, polo que se regula a promoción da igualdade nas empresas e a integración do principio de igualdade nas políticas de emprego.

LÍNEA III. CONCILIACIÓN DE LA VIDA LABORAL, FAMILIAR Y PERSONAL

– Subliña 1. Incentivos económicos para o fomento do teletraballo

Requisitos específicos das empresas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias as empresas que, alén de cumpriren cos requisitos do artigo 5 desta orde, non pertenzan aos sectores da denominada Tecnoloxía da Información e a Comunicación (desde agora TIC) da economía e que:
a) Formalicen polo menos, un acordo de teletraballo, por un período de tempo non inferior a dous anos, cunha persoa xa vinculada á empresa por contrato laboral e xornada completa, cunha antigüidade de polo menos un ano, e/ou

b) Contraten ex novo persoal na modalidade de teletraballo a xornada completa e asinen coa persoa traballadora un acordo que regule esta situación por un período de tempo non inferior a dous anos

Contía dos incentivos
As axudas consistirán nun incentivo de 3.000 euros por persoa traballadora cun acordo de teletraballo, ben por adaptación do contrato que teña na empresa ou ben pola realización dun novo contrato para unha persoa non vinculada á empresa, co límite máximo de 12.000 euros por empresa.
O incentivo incrementarase en 1.000 euros para aquelas empresas nas que a taxa de ocupación feminina é polo menos igual á masculina.

– Subliña 2. Incentivos económicos para o fomento da flexibilidade horaria

Requisitos específicos das empresas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias, as empresas que, alén de cumprir cos requisitos do artigo 5, establezan nun convenio colectivo de empresa, ou mediante un acordo entre a empresa e quen exerza a representación legal das persoas traballadoras ou no seu defecto, coa totalidade do cadro de persoal, medidas de flexibilidade horaria. Entre as que poderá acordarse calquera medida de flexibilidade como, sistemas de compensación de días e horas, xornada laboral continua ou semana laboral comprimida, traballo a tempo parcial, permisos especiais no caso de emerxencias familiares e por un período non inferior a dous anos. No caso de persoas traballadoras autónomas deberán acordalo con todo o persoal traballador por conta allea.

Requisitos do acordo de flexibilidade horaria

O acordo adoptado deberá detallar as medidas que se van implantar, tales como días, horas e supostos nos que se aplicará, segundo o número de persoas asinantes, de xeito que queden reflectidas as melloras propostas con respecto da situación anterior e o compromiso de que as ditas medidas manteranse durante, cando menos, dous anos.

Contía dos incentivos

As axudas consistirán nun incentivo de 3.000 euros por persoa traballadora beneficiada, co límite máximo de 12.000 euros por empresa.
O incentivo incrementarase en 1.000 euros para aquelas empresas nas que a taxa de ocupación feminina é polo menos igual á masculina.

– Subliña 3. Axudas para a adquisición de elementos tecnolóxicos que posibiliten o teletraballo

Empresas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias as empresas que conten cos requisitos do artigo 5 desta orde, que non pertenzan a sectores TIC da economía e que sexan beneficiarias das axudas previstas na subliña 1 da liña III.

Actividades subvencionables

1. Será subvencionable a adquisición de elementos tecnolóxicos físicos tales como: computador persoal, medios materiais para o acceso a internet e todos aqueles periféricos necesarios para as tarefas para desenvolver: webcam, impresora, escáner e demais compoñentes de hardware necesarios para a implantación efectiva do teletraballo, coa finalidade de fomentar o uso de tecnoloxías da información e comunicación (TIC) como unha medida de conciliación laboral, persoal e familiar.

2. Non será subvencionable o software nin outro tipo de gasto distinto do sinalado.

Así mesmo, non serán subvencionables os tributos e impostos indirectos susceptibles de repercusión (IVE) de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.

Contía das axudas

1. As axudas consistirán nunha subvención de ata o 80 % do investimento, e por unha soa vez, co tope de 1.500 euros por persoa traballadora beneficiada e co límite máximo de 5.000 euros por empresa.

2. A intensidade da axuda verase incrementada nun 10 % para aquelas empresas nas que a taxa de ocupación feminina sexa, cando menos, igual á masculina.

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo para a presentación das solicitudes das axudas rematará o 28 de xuño de 2018.