— Empleo joven sector Industria 4.0 y agroalimentario. Hasta 15 diciembre.

Agaca
Por Agaca septiembre 18, 2017 15:06

Información de la ayuda

Activa

RESUMO ELABORADO PORAgaca

Puede consultar/descargar este resumen de la Orden en “Documentación”(formato PDF)

— ORDE do 11 de agosto de 2017 pola que que se establecen as bases reguladoras dunha experiencia piloto para a creación dun programa a prol da contratación e formación de persoas mozas nos sectores vinculados á Industria 4.0 e ao sector agroalimentario, e se convocan incentivos para as empresas para formación e contratación de mozas e mozos neses sectores. Consellería de Economía, Emprego e Industria. DOG Nº 161, 25/08/2017.

— OBXECTO, FINALIDADE E PRINCIPIOS DE XESTIÓN

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas cales se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a experiencia piloto dun programa de contratación xuvenil nos sectores de actividade vinculados á Industria 4.0 e no sector agroalimentario, e procédese á convocatoria pública de axudas correspondente ao ano 2017 (procedemento TR349T).
Por medio de esta convocatoria as empresas que soliciten participar nesta experiencia piloto terán a posibilidade de obter axudas para a formación e contratación por conta allea de persoas mozas como parte deste programa piloto de contratación xuvenil.
2. Este programa incluirá dous tipos de axuda compatibles:

    a) Bono de contratación: por medio desta liña proporcionarase unha subvención para a contratación laboral de mozos e mozas nas empresas de sectores e liñas de negocio empresarial vinculados á innovación tecnolóxica industrial ou no sector agroalimentario a que vai dirixida a presente orde.
    b) Bono de formación: por medio desta liña de axudas económicas proporcionarase unha subvención ás empresas admitidas no programa que, ademais da contratación laboral de mozos e mozas nos sectores a que vai dirixida a presente orde, leven a cabo accións formativas a impartir nas súas instalacións polas cales as mozas e mozos participantes melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.

— ENTIDADES BENEFICIARIAS COLABORADORAS DO PROGRAMA

1.
Por medio desta experiencia piloto as empresas pertencentes aos sectores da Industria 4.0 e agroalimentario e que estean interesadas en colaborar coa dita experiencia poderanse acoller a unha liña de axuda de contratación e formación no mesmo posto de traballo. A conformidade de participación manifestarase no anexo I da solicitude.

2. Estas empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, deben contar con centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.

3. No caso das empresas que estean interesadas en participar no programa de contratación xuvenil nos sectores priorizados da Industria 4.0, as empresas deben desenvolver actividades económicas nalgunha das divisións CNAE 09 que constan na páxina web da consellería ou ben acreditar polo obxecto social das escrituras ou clasificación do imposto de actividades económicas o tipo de actividade empresarial.

4. No caso das empresas que estean interesadas en participar no programa de contratación xuvenil no sector agroalimentario, as empresas deben desenvolver actividades económicas nalgunha das divisións CNAE 09 que constan na páxina web da consellería ou ben acreditar polo obxecto social das escrituras ou clasificación do imposto de actividades económicas o tipo de actividade empresarial.

5. Para participar no programa as empresas, ademais, deberán cumprir cos seguintes requisitos:

    a) Contar cun mínimo de 5 persoas traballadoras na data da presentación da solicitude de participación na experiencia piloto.
    b) Unha estabilidade laboral que deberá ser dun mínimo dun 60 % no mes anterior ao da solicitude.

 

Programa de bonos de contratación -Liña de axudas para incentivar a contratación no sector agroalimentario e nos sectores priorizados da Industria 4.0

Ámbito de aplicación e contratacións subvencionables

Os incentivos previstos neste programa serán de aplicación ás contratacións cunha duración inicial mínima dun ano que se formalicen desde a entrada en vigor da orde de convocatoria ata o 15 de decembro do ano 2017 con persoas desempregadas que cumpran os requisitos que se establecen no artigo 22.

Requisitos

1. A persoa desempregada pola cal se solicita a subvención á contratación ten que cumprir
os seguintes requisitos:

    a) Ser menor de 30 anos.
    b) Estar en situación de desemprego no momento da contratación vinculada ao presente programa.
    c) Non ter traballado previamente nos últimos 6 meses por medio dun contrato de traballo nin para a empresa que solicita directamente as axudas nin para outra empresa que pertenza ao mesmo grupo empresarial de que forme parte a empresa solicitante ou que estea vinculada dalgunha maneira con esta última.

2. A empresa pode solicitar a axuda ata un máximo de 5 novos contratos, o que daría dereito a un bono por cada nova colocación.

3. Como consecuencia da contratación temporal que se fomenta ten que incrementarse o emprego neto da empresa no ámbito territorial de Galicia respecto aos tres meses anteriores ao mes da contratación.

4. A xornada da contratación será a tempo completo segundo o establecido no convenio colectivo de aplicación ou, na súa falta, da xornada máxima legal.

5. O contrato laboral será dunha duración mínima inicial de doce meses.

6. As contratacións polas cales se solicita subvención deberanse formalizar e comunicar á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida.

Contías dos incentivos

Estas novas contratacións obxecto da orde incentivaranse cunha axuda de 5.000 euros por cada persoa desempregada contratada que cumpran os requisitos mencionados no artigo 22.
 

Programa de financiamento de accións formativas no centro de traballo (Programa de bonos de formación)

Accións subvencionables e requisitos

As empresas que así o soliciten poderán ser beneficiarias dunha subvención para formación no centro de traballo ás persoas contratadas por medio do Programa de bonos de formación, no sector agroalimentario ou nos sectores priorizados da Industria 4.0. Para isto teñen que cumprir os seguintes requisitos:

    a) A persoa traballadora que recibe a formación e titorización ten que ser a mesma que participa no programa de bonos de contratación e, polo tanto, cumprir os mesmos requisitos que se establecen para participar no capítulo II.
    b) Ten que ofrecerse unha acción formativa, que terá lugar dentro dos tres primeiros meses de formalización do contrato.
    c) A acción formativa deberá ter unha duración mínima de 50 horas de formación teórica en contidos relacionados co posto de traballo ás cales asista integramente a persoa traballadora que participa neste programa.

Execución das accións formativas
As entidades beneficiarias desenvolverán as accións formativas a través de medios propios ou poderán recorrer á súa contratación, dentro dos tres primeiros meses da formalización do contrato.

Lugar de impartición das accións formativas
As entidades beneficiarias desenvolverán as accións formativas exclusivamente nas súas instalacións.

Contías dos incentivos e condicións da percepción
Esta formación incentivarase cunha axuda de 2.000 euros por cada persoa moza contratada que a reciba na súa integridade e que cumpra os requisitos establecidos no artigo 22 da presente orde.

 
 
— PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

As solicitudes de participación neste programa piloto, así como os bonos de contratación e formación, deberanse presentar no prazo dun mes desde a data de formalización do contrato.

O prazo de presentación rematará o 15 de decembro 2017.