— Creación superficies forestales. Hasta 19 julio.

Agaca
Por Agaca junio 27, 2017 09:51

Información de la ayuda

Activa

RESUMEN ELABORADO PORAgaca

Puede consultar/descargar este resumen de la Orden en “Documentación”(formato PDF) y la Orden completa en español en el enlace “Web”

— ORDE do 8 de xuño de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das  axudas para a  creación  de  superficies forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2017. Consellería do Medio Rural. (DOG Nº 115, 19/06/2017)
 
OBXECTO

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas para a creación de superficies forestais en terras non agrícolas e proceder a súa convocatoria para o ano 2017 en réxime de concorrencia competitiva (procedemento MR670B).

BENEFICIARIOS

  1. Os beneficiarios serán persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares dos terreos obxecto de axuda, entendendo por titulares tanto propietarios como arrendatarios ou xestores, non admitíndose a cesión por parte do propietario do terreo a un terceiro.
  2. Das axudas previstas nesta orde serán persoas beneficiarias as sociedades de fomento forestal (Sofor), os propietarios particulares de forma individual, as asociacións e agrupacións de propietarios particulares formalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia, as cooperativas agrarias, os proindivisos, os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, as comunidades de bens, as entidades locais, outras persoas xurídicas e as comunidades de montes  veciñais  en  man  común  (en  diante  CMVMC),  que  cumpran  o establecido no punto 1.

LIÑAS DE AXUDA

1. As axudas obxecto de subvención son as seguintes:

    a) Axudas á primeira forestación de terras non agrícolas con especies do anexo I  desta orde.
    b) Axudas á primeira forestación de terras non agrícolas de especies frondosas caducifolias con especies do anexo II desta orde.

TIPOS DE SUPERFICIES OBXECTO DE AXUDA

  1. Poderán ser  obxecto  de  axuda  aqueles  terreos  que  estean  identificados  no  Sistema  de Identificación Xeográfica de Parcelas Agrícolas (Sixpac) como:

    – Forestal (FO)
    – Pasto con arboredo (PA)
    – Pasto arbustivo (PR)

  2. En todo caso, será de aplicación o disposto no Real decreto 1077/2014, do 19 de decembro, polo que se regula o sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas.
  3. A superficie de actuación será a suma da superficie de forestación máis a superficie da área de defensa.
  4. As zonas que se van forestar, xa sexan terras agrícolas abandonadas, terreos de ermo, terreo con arbustos e matos ou arboredo cunha fracción de cabida cuberta inferior ao 20 %, deberán estar identificadas nalgún dos tres grupos do Sixpac indicados no punto 1 e, en todo caso, deberá cumprirse o establecido na Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia e a normativa de desenvolvemento.
  5. Non se concederá axuda sobre parcelas situadas en hábitats definidos como prioritarios como pola Directiva 92/43/CEE nos espazos protexidos.
  6. A cualificación urbanística das parcelas que se vaian forestar deben admitir as actuacións polas que se solicita axuda.

 

INTENSIDADE DA AXUDA

A intensidade de axuda para estas actuacións será do 100 % calculándose a axuda sobre o custo real subvencionable do investimento determinado no correspondente proxecto técnico ou no anexo XIII, segundo sexa o caso.

 

ACTUACIÓNS OBXECTO DE AXUDA E IMPORTES MÁXIMOS SUBVENCIONABLES

  1. As actuacións que poderán ser obxecto de subvención son as seguintes:
      a) Gastos de plantación forestal e de área de defensa contra incendios forestais: Estes gastos incluirán os necesarios para o tratamento da vexetación preexistente, a preparación previa do terreo, adquisición de planta, así como os de plantación propiamente dita e a área de defensa contra incendios forestais.
       

      O importe máximo do investimento en euros por hectárea de actuación, que se calculará aplicando os valores recollidos no anexo III, será de 1.853 euros en especies do anexo I (coníferas), e de 2.398 euros en especies do anexo II (frondosas).

      Este importe máximo de investimento por hectárea de actuación incluirá as axudas das medidas 8.3 e 8.5 outorgadas na mesma superficie nos últimos 5 anos.

      b) As infraestruturas  de   acompañamento,  obras  complementarias  e   cartel  das  novas forestacións que se realicen ao abeiro desta orde estarán suxeitas aos seguintes condicionantes:
       

        i) Deberanse localizar dentro ou estremeira coa área obxecto de forestación.
         
        ii) O importe máximo do investimento en euros por quilómetro de actuación que se calculará aplicando os valores máximos recollidos no anexo III, será de 255 euros por cartel (máximo subvencionable un cartel por solicitude, e só no caso de que o solicitante estea obrigado á súa colocación segundo o artigo 30.1); de 7.580 euros por km de peche perimetral; e de 2.956,07 euros por km de arranxo de pista forestal. 
         
        iii)Ademais, a repercusión máxima total por ha de actuación no arranxo de pista forestal e de peche perimetral será de 720 euros. No caso do peche só se subvencionará cando se xustifique a súa necesidade (gando, fauna cinexética…).
      c) Tamén se  subvencionarán  os  honorarios  de  redacción  de  proxecto,  logo  de  solicitude, segundo o tope por hectárea indicado no anexo III de traballos, e só naqueles casos onde é obrigatoria a súa presentación.
  1.  IVE non é subvencionable.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes remata o 19 de xullo de 2017.