— Ayudas prevención daños por fauna silvestre. Hasta 8 febrero.

— Ayudas prevención daños por fauna silvestre. Hasta 8 febrero.

Agaca
Por Agaca enero 15, 2019 13:19

Información de la ayuda

Derogada / Fuera de plazo

 

RESUMEN ELABORADO PORAgaca

Puede consultar/descargar este resumen de la Orden en “Documentación” (formato PDF) y la Orden completa en español en el enlace “Web”

— ORDEN del 19 de diciembre de 2018 por la que se establecen las bases reguladoras de las ayudas para la prevención de los dañoos que causan determinadas especies de fauna silvestre y se convocan para el año 2019. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. DOG Nº 5, (08/01/2019)

OBJETO Y PRINCIPIOS

  1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas a favor das persoas titulares de explotacións agrícolas e/ou gandeiras afectadas polos ataques de especies de fauna silvestre (lobo e xabaril), coa finalidade de fomentar a aplicación de medidas de protección, para o que se incentivará a adquisición de elementos preventivos dos danos que poidan ocasionar estas especies, procedendo á súa convocatoria para o ano 2019.

ACTUACIONES SUBVENCIONABLES

  1. Ao abeiro desta orde, subvencionarase:

a) Liña para a prevención de danos ocasionados polo lobo: constará dunha subliña 1 para a adquisición de cans para a protección e defensa do gando, de pastores eléctricos e/ou de cerrumes de malla electrificada e doutra subliña 2, para a adquisición e instalación de valados fixos, cuxa adquisición se faga, en ambos casos, con posterioridade á publicación desta orde.

b) Liña para a prevención de danos ocasionados polo xabaril: para a adquisición de pastores eléctricos, cuxa adquisición se faga con posterioridade á publicación desta or

PERSONAS BENEFICIARIAS  Y REQUISITOS

  1. Liña para a prevención de danos ocasionados polo lobo:

Poderanse  acoller  a  estas  axudas  as  persoas físicas  ou  xurídicas titulares  de  explotacións gandeiras do tipo de gando bovino, ovino, cabrún, porcino da raza celta e equino que figuren incluídas no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (Reaga) de Galicia.

  1. Liña para prevención de danos ocasionados polo xabaril.

Poderanse acoller a estas axudas:

a) As persoas físicas ou xurídicas que exercen a actividade agraria e estean inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga).

b) As explotacións agrarias destinadas ao autoconsumo.

ADQUISICIÓN DE PERROS PROTECTORES Y DEFENSORES DEL GANADO

1.- Será subvencionable a adquisición de cans protectores e defensores do gando cunha idade inferior ou igual aos catro meses, das seguintes razas: mastín español, mastín do Pirineo e can de palleiro, así como  os  gastos  da  súa identificación,  debendo  a  persoa interesada  achegar  a documentación relativa aos controis sanitarios realizados segundo a lexislación vixente, e a documentación acreditativa da identificación do animal e a súa inscrición no Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía (Regiac).

2.- Estas axudas poderán cubrir a totalidade do custo de adquisición dos cans protectores e defensores do gando, así como os gastos da súa identificación. O número dos animais subvencionables por explotación estará en función do número de reses da explotación gandeira, podendo subvencionarse un máximo dun can protector e defensor do gando por rabaño de ata 60 reses de gando menor ou 15 reses de gando maior; ata un máximo de dous cans por explotación, cando se supere este número de reses.

3.- O importe máximo das axudas non excederá os 500 euros por can.

ADQUISICIÓN DE PASTORES ELÉCTRICOS

1.- As axudas relativas á adquisición dos pastores eléctricos poderán cubrir a totalidade do seu custo de adquisición, IVE excluído, ata un máximo de 3 pastores eléctricos por persoa beneficiaria.

2.- A contía máxima da axuda por explotación será de 600 euros.

3.- O importe máximo das axudas para a adquisición de pastores eléctricos será de 150 euros por pastor eléctrico alimentado por batería ou conectado á rede eléctrica, e de 300 euros por pastor eléctrico cuxa batería se alimente con panel fotovoltaico.

4.- O número de  pastores  eléctricos  que  poderá  subvencionarse  por  explotación  gandeira  ou agraria, asignarase de acordo co seguinte:

a) No caso dunha explotación gandeira de gando bovino, ovino, cabrún, porcino da raza celta, e equino; en función do número de reses de gando maior e menor con que conte a explotación:

20190115_ax_danos-fauna-silvestre-gando

b) No caso dunha explotación agraria; en función da superficie admisible declarada na solicitude única da Política Agraria Comunitaria (PAC) do ano

20190115_ax_danos-fauna-silvestre-pastores

 

c) Para persoas propietarias de explotacións agrícolas destinadas ao autoconsumo, establécese un máximo dun pastor eléctrico por persoa beneficiaria.

ADQUISICIÓN DE CIERRES MÓVILES DE MALLA ELECTRIFICADA

As mallas terán que cumprir as especificacións que figuran no anexo I desta orde.

As axudas concedidas poderán cubrir a totalidade do custo da adquisición de cerrumes móbiles de malla electrificada, IVE excluído.

A contía máxima da dita axuda será de 100 euros por malla de 50 m, ata un máximo de 8 mallas por explotación.

ADQUISICIÓN E INSTALACIÓN DE VALLA FIJA

a) Valados fixos electrificados.

Os valados fixos electrificados terán que cumprir as especificacións que figuran no anexo I desta orde.

Subvencionarase un cercado por cada rabaño de ata 30 reses de gando menor ou 10 reses de gando maior e un máximo de 2 cercados por explotación cando se supere o número das ditas reses.

O importe máximo da axuda será de 3 euros por metro lineal ata un máximo de 1.500 euros por valado, IVE excluído.

b) Valados fixos con malla gandeira ou cinexética metálica.

Os valados fixos con malla gandeira ou cinexética terán que cumprir as especificacións que figuran no anexo I desta orde.

Subvencionarase un cercado por cada rabaño de ata 50 reses de gando menor ou 20 reses de gando maior e un máximo de 2 cercados por explotación cando se supere o número das ditas reses.

O importe máximo da axuda será de 3,7 euros por metro lineal ata un máximo de 3.700 euros por valado, IVE excluído.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

1.- O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 8 de febreiro de 2019.