—Ayudas para la ejecución de proyectos de los grupos operativos da AEI. Hasta 18 agosto

Agaca
Por Agaca julio 26, 2017 11:33

Información de la ayuda

Derogada / Fuera de plazo

RESUMEN ELABORADO PORAgaca

Puede consultar/descargar este resumen de la Orden en “Documentación”(formato PDF) y la Orden completa en el enlace “Web”

—ORDE do 7 de xullo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a execución de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2017. Consellería do Medio Rural. DOG Nº 136, 18/07/2017)

OBXECTO E FINALIDADE

Esta orde ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das subvencións para a execución de proxectos de grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI) en materia de produtividade e sustentabilidade agrícolas, e convocar estas axudas, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, para o ano 2017.

BENEFICIARIOS DAS AXUDAS

a) Poderán ser beneficiarios das subvencións obxecto da presente orde os membros dos grupos operativos da AEI constituídos para o desenvolvemento dun proxecto innovador ao abeiro das presentes bases reguladoras.
b) Para esta liña de axuda pode haber varios beneficiarios por proxecto en función da súa implicación e de acordo co convenio de colaboración subscrito polos membros do grupo operativo. O número máximo de beneficiarios por proxecto será de cinco, incluído o representante, máis un coordinador de proxecto.

c) Para poder ter a condición de beneficiarios, deben estar formando parte do grupo operativo constituído coa única finalidade de executar o proxecto para o cal se presenta a esta convocatoria. Deberán achegar o documento constitutivo do grupo operativo debidamente asinado co compromiso de cada un dos compoñentes.

d) Poderán ser beneficiarios os membros do grupo operativo que teñan a condición de:

  1. . Entidades relacionadas coa produción agrícola ou forestal, incluídas as entidades interprofesionais do sector.
  2. . Centros de innovación, investigación ou tecnolóxicos de natureza pública ou privada.
  3. . Entidades sen ánimo de lucro que promovan a investigación, a innovación e o desenvolvemento do medio rural, así como as que desenvolvan actividades de promoción, asesoramento, dinamización ou financiamento de proxectos nos ámbitos agrario ou forestal.
  4. . Entidades asesoras na conservación ou no uso sustentables dos recursos naturais.
  5. . Outras entidades con intereses recoñecidos no ámbito rural.

ACTIVIDADES SUBVENCIONABLES

1. As áreas prioritarias de actuación das iniciativas de cooperación serán as seguintes:

a) Xestión sustentable dos recursos naturais.

  • Sistemas de produción agro-silvopastorais con alto grao de diversidade, con manexos ecolóxicos ou integrados, centrados nas áreas específicas para recursos xenéticos animais e vexetais importantes para Galicia (gandaría de vacún, ovino e cabrún; pastos, forraxes, cereais, froitas, hortalizas, viñedo, plantas industriais e outras).
  • Programas específicos dirixidos ás áreas de sanidade animal e vexetal e uso sustentable de produtos fitosanitarios. As iniciativas terán en conta as orientacións e achegas ao impulso dos sistemas agrarios que contribúan á mitigación dos impactos negativos da agricultura sobre o medio, en concreto no relativo á calidade das augas e á emisión de gases de efecto invernadoiro, con especial énfase na xestión dos efluentes procedentes da actividade agraria nas explotacións e na súa valorización como fertilizantes.
  • Xestión dos recursos hídricos agrícolas, en particular nas tecnoloxías de xestión e utilización de augas superficiais para a súa utilización sustentable e eficiente na rega de cultivos, control de canles e prevención de inundacións.
  • Estudo da eficiencia de uso e do impacto no medio natural dos recursos internos e externos das explotacións (terra, auga, enerxía e nutrientes), co obxectivo de mellorar a produción de alimentos de alta calidade de forma compatible coa prestación de servizos ambientais pola agricultura galega.
  • Xestión de fertilizantes nas explotacións agrarias.
  • Mitigación do cambio climático en explotacións agrarias para fomentar o paso a unha economía baixa en carbono, lograr mellorar a eficiencia do uso da auga e da enerxía e facilitar o uso de fontes renovables de enerxía.
  • Desenvolvemento de tecnoloxías para a preservación e a mellora xenética dos recursos animais e vexetais orientadas á produción de alimentos de calidade, en sistemas sustentables e con reducido impacto ambiental.

b) Sistemas agrarios de produción.

  • Aumento da sustentabilidade e competitividade dos sistemas de produción agrícola, gandeira e forestal orientado á salvagarda da saúde dos consumidores, á mitigación dos impactos ambientais e á loita contra o cambio climático. Inclúense o desenvolvemento e a obtención de novas tecnoloxías, equipamentos e instalacións, maquinaria, sistemas de produción, manexo e recolección de cultivos, así como a mellora xenética, a protección vexetal e animal, o desenvolvemento de axentes de control biolóxicos e o mantemento de especies e ecosistemas autóctonos.
  • Tecnoloxías de produción de baixo input de pesticidas e fertilizantes sintéticos e de produción ecolóxica que teñan en conta a mellora do manexo dos recursos vexetais con respecto á súa composición, resistencia á tensión por axentes bióticos e abióticos, en particular á seca, ás malas herbas e aos axentes patóxenos.
  • Estudo da ecoloxía e bioloxía de pragas e enfermidades, malas herbas e outros axentes patóxenos, co obxectivo de desenvolver técnicas e ferramentas de manexo sustentable en sanidade vexetal.
  • Mellora dos métodos de monitorización, preservación e mellora da fertilidade do solo.
  • Mellora da competitividade e sustentabilidade dos cultivos de cereais e leguminosas (gran e forraxe) para a alimentación humana e animal. Mellora xenética varietal do rendemento, plasticidade, resistencia e calidade das proteínas, a partir da explotación dos recursos xenéticos autóctonos.
  • Desenvolvemento e explotación dos bancos de xenes para a mellora da competitividade e sustentabilidade dos sistemas de produción agraria.
  • Mellora e extensión de métodos de seguimento e control de patoloxías parasitarias e infecciosas nas producións animais extensivas e ecolóxicas e outras ameazas á sustentabilidade e seguridade da produción alimentaria.

c) Cadea agroalimentaria.

  • Tecnoloxías para asegurar e mellorar a calidade, a seguridade e a autenticidade na cadea alimentaria.
  • Medida da pegada de carbono ao longo dos procesos da cadea alimentaria.
  • Uso de marcadores para confirmar a calidade e/ou autenticidade dos alimentos.

d) Bioeconomía.

  • Custos de produción dos sistemas de produción agrícola, gandeira e forestal aplicados a situacións con limitacións naturais ou outras limitacións específicas, incluídas as situadas en zonas menos favorecidas e de montaña.
  • Ferramentas e técnicas de investigación socioeconómica e de soporte á toma de decisión en políticas agrarias dirixidas á solución das necesidades da poboación rural e ao seu desenvolvemento sustentable.
  • Tecnoloxías para a medición do impacto da investigación agraria en desenvolvemento, sustentabilidade e competitividade da agricultura galega.
  • Estudo de métodos e ferramentas para facilitar a transferencia e aplicabilidade dos resultados de proxectos de investigación en innovacións reais dentro do sector agroindustrial galego, dirixidas especialmente tanto a explotacións e cooperativas agrarias, como a pemes agroindustriais, demostrando o potencial de explotación das innovacións e os beneficios económicos e competitivos que se obteñen das innovacións.

e) Aplicación das TIC ao sector.

f) Outras iniciativas enmarcadas dentro da produtividade, sustentabilidade e innovación agrícola e forestal.

2. A duración máxima da iniciativa de cooperación será de tres anualidades e a duración mínima de dúas anualidades.

GASTOS SUBVENCIONABLES

As axudas previstas nesta orde para a implantación e o desenvolvemento de proxectos destinaranse a cubrir os gastos que estean directamente relacionados co orzamento do proxecto para o cal se concederon, e poderán aplicarse aos conceptos que a continuación se detallan.

1. Custos directos:

a) Custo de persoal. Os gastos debidos á imputación de custos de persoal técnico propio que participe no proxecto calcularanse atendendo aos seguintes importes por hora traballada e para cada categoría laboral. Os ditos importes subvencionables serán os que resultan de dividir as cantidades seguintes entre 1.750 horas, cun máximo anual equivalente á suma total establecida para cada categoría:

  • Titulado superior: 32.000 euros anuais.
  • Titulado medio: 27.000 euros anuais.
  • Técnico de FP de grao superior: 22.000 euros anuais.
  • Categorías laborais distintas das anteriores: 18.000 euros anuais.

b) Custo de execución. Serán subvencionables os gastos debidamente xustificados encadrados nas seguintes categorías:

  1. . Material inventariable:
    – Adquisición de equipamento estritamente necesario para a realización da actuación, na medida e durante o período en que se dedique ao proxecto en cuestión, e que estean debidamente xustificados. Se o material inventariable se vai poder utilizar despois do remate do proxecto, só se considerarán subvencionables os custos de amortización que correspondan á duración do proxecto, calculados mediante o método lineal e considerando un nulo valor residual do referido material. No caso de adquisición de equipamentos de segunda man, deberán respectarse as condicións do artigo 13, letra b), do Regulamento delegado (UE) 807/2014, e ademais achegar certificado do taxador independente debidamente acreditado e inscrito no correspondente rexistro oficial.
    – Adquisición de fondos bibliográficos relacionados coa actividade.
  2. . Adecuación ou mellora de infraestruturas e equipamento.
  3. . Servizos tecnolóxicos externos necesarios para o desenvolvemento do proxecto, debidamente xustificados. Entenderase por servizos tecnolóxicos aquelas actividades, diferentes á acción de cooperación proposta, que deban ser puntualmente prestadas por outra entidade para que o proxecto poida ser desenvolvido, tales como análises e ensaios de laboratorio, enxeñaría para a montaxe e operación, estudos e actividades complementarias e consultorías externas. Non se admitirán servizos tecnolóxicos externos realizados por empresas ou sociedades pertencentes ao mesmo grupo empresarial de calquera dos membros do grupo operativo. As actividades que vai desenvolver cada un dos membros do grupo operativo na iniciativa de cooperación non se considerará como un servizo tecnolóxico externo.
  4. . Material funxible: adquisición de materiais funxibles ou compoñentes precisos para a execución do proxecto, debidamente xustificados.
  5. . Viaxes e axudas de custo relacionadas coa execución do proxecto, debidamente xustificadas, nas contías establecidas pola normativa vixente que regula as indemnizacións por razón de servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia (Decreto 144/2001, do 7 de xuño, e Resolución do 29 de decembro de 2005, da Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, ou normativa que a substitúa).
  6. . Gastos relacionados coa organización de xornadas ou edición de material de difusión (publicacións, webs, asistencia a congresos ou feiras e visitas recibidas con relación ao proxecto).
  7. . Custos derivados do alugamento de equipamentos, instalacións ou predios destinados á realización das actuacións.
  8. . Custos derivados da divulgación e transferencia de resultados, así como aqueles relativos á protección dos resultados (rexistro de patentes incluído).
  9. . Gastos derivados da contratación dun axente de innovación. Non se admitirán estes gastos se son realizados por empresas ou sociedades pertencentes ao mesmo grupo empresarial de calquera dos membros do grupo operativo.

2. Custos indirectos. O custo subvencionable para este concepto será o resultante de aplicar a porcentaxe do 15 % sobre o importe dos custos directos de persoal imputados ao proxecto segundo a solicitude presentada.

3. Colaboracións dos socios do grupo operativo indicados no número 3 do artigo 3 desta orde. O custo da colaboración poderá incluír calquera dos conceptos sinalados no punto 1 deste mesmo artigo. A documentación acreditativa do gasto e pagamento será exixible aos gastos de persoal, respecto dos que, ademais da certificación e dos partes de traballo, deberá xuntarse ao expediente a documentación correspondente (nóminas, xustificante de pagamento das retribucións, dos gastos da SS, da retención do IRPF, etc.).

Non se admitirán colaboracións externas realizadas por empresas ou sociedades pertencentes ao mesmo grupo empresarial que calquera dos membros do grupo operativo.

4. Non será subvencionable ningún gasto correspondente a actuacións ou actividades anteriores á data de presentación da solicitude da axuda.
5. O IVE só será subvencionable no caso de que sexa real e definitivamente soportado polo beneficiario e, polo tanto, non recuperable. Será preciso comprobar a xustificación por parte dos beneficiarios da non suxeición ou exención do imposto emitida pola AEAT mediante a presentación da documentación oportuna.

6. En ningún caso serán subvencionables os gastos relativos á investigación básica ou fundamental nin os relativos á investigación independente.
7. Non serán subvencionables proxectos de procesos de transformación nin de industrias agroalimentarias.

CONTÍA DAS AXUDAS

A determinación da contía das axudas realizarase en función do número de solicitudes presentadas e da dispoñibilidade orzamentaria, de acordo cos criterios de priorización que se establecen no artigo 16.

As axudas á execución de proxectos de grupos operativos da AEI serán do 100% dos custos subvencionables, establecéndose un importe máximo por solicitude de 100.000 euros e un importe mínimo por solicitude de 12.000 euros.

A contía máxima subvencionada en cada iniciativa de cooperación será de 100.000 euros. A contía máxima por beneficiario non poderá exceder os 100.000 euros para proxectos de tres anualidades.

Os proxectos poderán desenvolverse como máximo ao longo de tres anualidades contadas a partir da anualidade 2017 e poderán ter unha duración inferior sempre e cando sexa así formulado na solicitude de axuda.

Os orzamentos do proxecto por anualidades seguirán a seguinte repartición en relación co orzamento total do proxecto:

  • primeira anualidade, como máximo un 10 %,
  • -segunda anualidade, como máximo un 60%
  • -e terceira anualidade, a porcentaxe restante ata chegar ao 100 %.

Esta repartición non se refire aos orzamentos de cada beneficiario, que farán a distribución dos seus orzamentos consonte a execución das súas tarefas no proxecto que teñan asignadas e que se reflectirán na memoria científico-técnica do proxecto.

Para proxectos de dúas anualidades a contía máxima será de 100.000 euros repartidos cun máximo do 15 % na primeira anualidade, e o orzamento restante na segunda anualidade.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes remata o 18 de agosto de 2017.

A presentación da seguinte documentación considerarase mínima imprescindible para a tramitación das solicitudes:

a) Solicitude da axuda cos datos identificativos da iniciativa do proxecto e das entidades participantes (anexo I).

b) Datos, declaracións e consentimentos das entidades beneficiarias (anexo II).

c) Memoria cega do proxecto en que se fará, segundo os puntos do anexo, a descrición do proxecto, diagnose da situación, necesidade detectada, obxectivos, resultados esperados, impacto e relevancia deste e a súa contribución ao obxectivo da AEI. Ademais sinalaranse as áreas prioritarias de actuación en que se encadra a iniciativa de cooperación.

Nesta memoria non se poderá por ningún nome propio ou dato identificativo do persoal nin das entidades participantes; o feito de non cumprir esta condición será causa de inadmisión da solicitude (anexo III).

d) Relación do persoal participante no proxecto, coas sinaturas dos participantes e unha estimación das horas de dedicación ao proxecto (anexo IV).

e) Certificación do responsable de persoal de cada membro do grupo operativo que indique o curriculum vitae dos integrantes do equipo adaptado segundo o recollido na letra b) do artigo 17.1 (anexo IV).

f) Curriculum vitae de todos os membros de cada entidade participantes na acción de cooperación, que recolle os criterios da letra b) do artigo 17.1 desta orde anexo V/anexo VI, segundo proceda).

g) Memoria científico técnica con todos os seus puntos cubertos, na cal se describan todas as actividades dos membros do grupo operativo na acción de cooperación (anexo VII).

h) Xustificación detallada do custo da participación no proxecto de cada unha das entidades beneficiarias participantes no proxecto (anexo VIII).

i) Copia dos estatutos fundacionais de cada un dos membros do grupo operativo, nos cales aparezan recollidos os seus obxectos sociais.

Non serán admitidas aquelas solicitudes en que se aprecie ausencia desta información, e nestes casos emitirase resolución de inadmisión.