— Ayudas para agricultores jóvenes: inversión en explotaciones y creación de empresas. Hasta 20/06/2019

Agaca
Por Agaca mayo 27, 2019 14:32

Información de la ayuda

Derogada / Fuera de plazo

 

RESUMEN ELABORADO PORAgaca

Puede consultar/descargar este resumen de la Orden en «Documentación» (formato PDF en gallego) y la Orden completa en el enlace «Web»

— ORDEN del 16 de mayo de 2019 por la que se establecen las bases reguladoras de las ayudas para el apoyo a las inversiones en las explotaciones agrícolas, para la creación de empresas para los agricultores jóvenes, y para la creación de empresas para el desarrollo de pequeñas explotaciones, cofinanciadas con el Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural (Feader) en el marco do Programa de desarrollo rural (PDR) de Galicia 2014-2020, y se convocan para el año 2019. Consellería do Medio Rural DOG Nº 94, (20/05/2019)

OBJETO Y FINALIDAD

Esta orde ten por obxecto convocar para o ano 2018 as seguintes liñas de axuda incluídas no Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, en réxime de concorrencia competitiva:

a) Medida 4. Investimentos en activos físicos.
Submedida 4.1. Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas (plans de mellora nas explotacións agrarias, procedemento MR405A).

b) Medida 6. Desenvolvemento de explotacións agrícolas e empresariais.
Submedida 6.1. Creación de empresas para os agricultores mozos (procedemento MR404A).
Submedida 6.3. Creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións (procedemento MR405B).

 

APOIO AOS INVESTIMENTOS NAS EXPLOTACIÓNS AGRÍCOLAS

REQUISITOS DOS BENEFICIARIOS

Requisitos dos beneficiarios de axudas aos plans de melloras para agricultores

1. Ser titular dunha explotación agraria inscrita, polo menos cunha antigüidade dun ano, no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, de acordo co Decreto 200/2012, do 4 de outubro, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, excepto para as persoas mozas que se instalen nunha explotación de nova creación, ou que se produza unha fusión entre diferentes explotacións.
2. Os solicitantes persoas físicas deberán ter dezaoito anos cumpridos e non ter alcanzado a xubilación.
3. Posuír a capacitación profesional suficiente no momento da solicitude, o cal se acreditará segundo se establece no Decreto 200/2012, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, agás no caso de primeira instalación simultánea. As persoas xurídicas deberán acreditar que polo menos o 50 % dos socios posúe a capacitación suficiente
4. Comprometerse a exercer a actividade agraria na explotación obxecto da axuda durante, polo menos, cinco anos contados desde a data de pagamento da axuda.
5. Levar a cabo un plan que mellore o rendemento global da explotación.
6. Cando a explotación pertenza a unha comunidade de bens, estas deberán acreditar a súa constitución e que polo menos o 50 % dos comuneiros ou comuneiras reúne os requisitos establecidos para os titulares persoas físicas, e poderán resultar beneficiarias da axuda, coa condición de que cumpran as exixencias previstas para estas agrupacións no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
7. A renda unitaria de traballo, no momento de realizar a solicitude, debe ser igual ou superior ao 35% da renda de referencia, agás que se trate dun plan de mellora dunha persoa agricultora moza que presente simultaneamente unha primeira instalación.
8. Non ter ningún expediente desta axuda aprobado, en convocatorias anteriores (PDR 2007-2013 e PDR 2017-2020), sen presentar a súa solicitude de pagamento na data de publicación desta orde.
9. Serán denegadas todas aquelas solicitudes nas cales a explotación non requira un volume de traballo equivalente, como mínimo, a unha unidade de traballo agrario, e non alcance a dimensión física mínima establecida no anexo V.

COSTES SUBVENCIONABLES

1. Serán elixibles os investimentos materiais e inmateriais que supoñan unha mellora do rendemento global, a competitividade ou a viabilidade da explotación. En particular:

a) A reforma ou construción de instalacións que supoñan unha redución de custos de produción ou un incremento na produtividade.
b) Os custos xerais vinculados aos gastos recollidos nas letras a) e b), tales como honorarios dos enxeñeiros que elaboren os proxectos de construción ou reforma, os estudos de viabilidade, licenzas de software e outros permisos.
c) Compra de construcións agrarias en desuso. Terán esa consideración aquelas construcións que non formen parte das unidades produtivas doutra explotación agraria ou que pertencesen a unha explotación agraria que se atope en estado de baixa e se poñan en uso e se incorporen no Reaga.
d) Plantación e mellora de cultivos leñosos de aptitude frutícola (árbores e arbustos froiteiros, a excepción dos incluídos na medida 8 do PDR de Galicia 2014-2020, como, por exemplo, castiñeiros e nogueiras que non serán elixibles por esta medida).
e) A compra de terreos que non formasen parte da explotación, por un valor inferior ao 10 % do custo subvencionable.
f) Adquisición ou desenvolvemento de programas informáticos.

2. No caso de investimentos que inclúan actuacións de rega, será de aplicación o establecido no artigo 46 do Regulamento (UE) 1305/2013.

3. Non serán subvencionables os seguintes gastos:

a) O IVE e impostos indirectos, nin outros impostos persoais sobre a renda.
b) Os xuros de débeda e os seus gastos
c) Os xuros de demora, recargas, multas coercitivas e sancións administrativas e penais.
d) Os gastos de procedementos xudiciais.
e) Nos casos de alugamento con opción a compra, non serán gastos subvencionables os demaiscustos relacionados cos contratos, tales como a marxe do arrendador, os custos de refinanciamento dos xuros, gastos xerais, gastos de seguros, etc.
f) Os gastos de adquisición de dereitos de produción agrícola, de dereitos de axuda, animais, plantas anuais e a súa plantación, os investimentos de simple substitución, a maquinaria de segunda man; os custos de conservación e mantemento ou os derivados do funcionamento da explotación, os montes baixos de ciclo curto, a maquinaria ou investimentos relacionados coa transformación e comercialización, e a maquinaria e investimentos de carácter forestal. Non obstante, a compra de animais poderá ser subvencionable cando teña por obxecto a reconstitución do potencial produtivo afectado por desastres naturais e catástrofes.
g) Os investimentos que se limiten a reparar ou substituír un edificio ou maquinaria existente, sen ampliar a capacidade de produción en máis dun 25 % ou sen introducir cambios fundamentais na natureza da produción ou a tecnoloxía correspondente.

Non terá a consideración anterior a substitución total dun edificio agrario de 30 anos ou máis por outro moderno, nin a renovación xeral dun edificio cando o seu custo supoña, como mínimo, o 50 % do valor do edificio novo.
No caso de adquisición de maquinaria:

a) Non se considerará substitución cando teña máis de 10 anos.
b) A maquinaria agrícola só será elixible nos casos en que estea claramente xustificada e sexa acorde ao dimensionamento da explotación. En ningún caso se subvencionarán colleitadoras de forraxes, carros mesturadores ou maquinaria de aplicación de xurro mediante sistemas de prato, abano ou canóns.
c) Cando unha explotación obtivese subvención para a compra de maquinaria nos 10 últimos anos non poderá obter nova subvención para o mesmo tipo de máquina.

4. Para dar cumprimento ao requisito de moderación de custos que se establece no artigo 48.2.e) do Regulamento (UE) nº 809/2014 da Comisión, fixaranse no anexo VII custos de referencia, independentemente da exixencia de presentar un mínimo de tres ofertas de distintos provedores.

5. Establécese un investimento elixible mínimo de 5.000 € para poder ser subvencionable.
O volume total do investimento elixible máximo subvencionable para cada beneficiario será de 120.000 €/UTA, cun máximo de 500.000 €/beneficiario, nun período de catro anos (importes cobrados nos últimos catro anos, desde a data de solicitude de pagamento do expediente ata a data de publicación da orde). Poderase destinar, como máximo, un 30 % para a adquisición de maquinaria agrícola. Para o cálculo do investimento máximo, en función do límite máximo por UTA, consideraranse as UTA iniciais excepto que sexan menores na situación prevista, agás que se trate dun plan de mellora dunha persoa agricultora moza que presente simultaneamente unha primeira instalación, onde o límite máximo de investimento por UTA se calculará en función do número de UTA correspondente á situación posterior á instalación

CRITERIOS DE PRIORIDAD

1. Establécense os seguintes criterios de prioridade:

a) Explotación vinculada cunha incorporación dunha persoa agricultora moza:

a. Simultaneamente solicita a axuda pola submedida 6.1 Creación de empresas para as persoas agricultoras mozas para incorporarse nunha explotación de nova creación ou ten unha axuda desta submedida 6.1 concedida na convocatoria anterior por incorporación dunha persoa moza nunha explotación de nova creación: 15 puntos.
b. Simultaneamente solicita a axuda pola submedida 6.1 Creación de empresas para as persoas agricultoras mozas para incorporarse nunha explotación existente ou ten unha axuda desta submedida 6.1 concedida na convocatoria anterior por incorporación dun persoa moza nunha explotación existente: 10 puntos.
c. Produciuse unha incorporación dunha persoa agricultora moza nos últimos cinco anos: 5 puntos.

b) Investimentos que axuden a reducir as emisións de amoníaco, que supoñan máis do 15 % do investimento total elixible: 5 puntos.
c) Investimentos nunha explotación que proceda dunha fusión de explotacións realizada nos últimos cinco anos: 5 puntos.
d) Persoa agricultora profesional.

a. Nas persoas físicas titulares de explotación: 5 puntos.
b. Nas persoas xurídicas, en función dos socios:

i. Todos os socios son agricultores profesionais: 5 puntos.
ii. Polo menos o 60 %: 4 puntos.
iii. Polo menos o 50 %: 3 puntos.
iv. Polo menos o 25 %: 2 puntos.
v. Inferior ao 25 %: 1 punto.

e) Investimentos en proxectos innovadores: 5 puntos.
f) Creación de UTA asalariadas a tempo completo (sen ter destruído emprego no último ano): 1 UTA: 2 puntos; 2 UTA: 3 puntos; e 3 ou más UTA: 5 puntos.
g) Investimentos que axuden a reducir as emisións de CO2, que supoñan máis do 15 % do investimento total elixible: 4 puntos.
h) Titular da explotación socia dunha cooperativa ou dunha entidade asociativa agroalimentaria prioritaria: 4 puntos.
i) Explotación ecolóxica: 4 puntos.
j) Explotación agraria inscrita na sección de explotacións agrarias prioritarias do Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia e que segue cumprindo os requisitos para iso, ou que cumpre cos requisitos para ser incluída no catálogo: 3 puntos.
k) Explotación con seguro agrario contratado pertencente ao Plan de seguros agrarios Combinados do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, excepto a cobertura dos gastos derivados da retirada e destrución de animais mortos da explotación: 3 puntos.
l) Localización da explotación nunha zona de montaña, tal e como se definen na medida 13 do PDR 2014_2020: 3 puntos.
m) Explotación de titularidade compartida: 3 puntos.
n) Investimentos en aforro enerxético que supoñan máis do 50 % do investimento elixible: 2 puntos.
o) Investimentos en obra civil ou instalacións de xurro ou esterco que supoñan máis do 15 % do investimento total elixible: 2 puntos.
p) Investimentos en proxectos en cooperación cunha operación financiada a través da medida 16 do PDR: 2 puntos.
q) Explotacións con base territorial que empregan a súa superficie para alimentar o gando ou producir produtos agrícolas con destino final á venda, sempre que a totalidade dos investimentos estean relacionados con esa orientación produtiva: 2 puntos.
r) Investimentos en produción de calquera variedade vexetal autóctona inscrita (por exemplo, trigo das variedades Callobre e/ou Caaveiro) e/ou en produción primaria de produtos galegos de calidade (denominación de orixe ou indicación xeográfica protexida), que supoñan máis do 15 % do investimento total elixible: 2 puntos.
s) Titular da explotación muller ou, no caso das persoas xurídicas, que polo menos a metade dos seus socios sexan mulleres: 2 puntos.
t) Explotación gandeira de razas autóctonas galegas en perigo de extinción, que supoñan, polo menos, a metade do censo de reprodutoras da explotación (estas reprodutoras estarán inscritas no correspondente libro xenealóxico): 2 puntos.
u) Explotación localizada nunha zona distinta da de montaña con limitacións naturais significativas ou limitacións específicas, tal e como se definen na medida 13 do PDR 2014_2020: 2 puntos.
v) Investimentos nunha explotación que pertenza a unha agrupación de defensa sanitaria gandeira (ADSG): 1 punto.
w) Explotación incluída no control oficial de rendemento leiteiro: 1 punto.

2.En caso de igualdade na aplicación do baremo, terán prioridade as entidades solicitantes con investimentos en proxectos innovadores, seguido polos investimentos en proxectos de cooperación. Se aínda persiste o empate, priorizarase segundo a orde indicada nos criterios de selección e, finalmente, polo plan de melloras con maior importe en investimento elixible.

3. Para ser admisibles, as solicitudes deberán alcanzar unha puntuación mínima de 10 puntos e, polo menos, dous criterios.

4. A aplicación dos criterios de prioridade realizarase tendo en conta o momento de finalización do prazo de presentación da solicitude de axuda, agás o criterio «d) persoa agricultora profesional», no cal as persoas que soliciten axuda pola medida 6.1 desta convocatoria ou a teñan concedida na convocatoria anterior, se considera que teñen a condición de persoa agricultora profesional.

CUANTÍA Y TIPO DE AYUDA

O importe da axuda será do 30% dos custos elixibles, que poderá incrementarse ata un máximo do 50% en función da aplicación dos seguintes criterios:
10% no caso de persoas agricultoras mozas beneficiarios neste mesmo ano da axuda á incorporación de persoa mozas establecida no artigo 19.1.a).i do Regulamento (UE) nº 1305/2013 ou beneficiario desa mesma axuda nos 5 anos anteriores. Neste último caso, os solicitantes deben cumprir todos os requisitos da definición de persoa agricultora moza prevista no Regulamento (UE) nº 1305/2013, incluído o requisito de idade. Para que unha persoa xurídica poida ter esta bonificación, polo menos o 50 % das persoas socias deberán ser persoas mozas que se instalen ou se instalasen durante eses últimos cinco anos.
5% en investimentos colectivos, cando o beneficiario procede dunha fusión de explotacións.
5% no caso de investimentos en zonas con limitacións naturais ou outras limitacións específicas, segundo o establecido no artigo 32 Regulamento (UE) nº 1305/2013.
5% no caso de operacións subvencionadas no marco da Axencia Europea da Innovación en materia de produtividade e sustentabilidade agrícola.
10% no caso de investimentos en agricultura ecolóxica.

 

CREACIÓN DE EMPRESAS PARA LOS AGRICULTORES JÓVENES

REQUISITOS DE LOS BENEFICIARIOS

Os/as agricultores/as mozos/as que desexen acceder ás axudas á incorporación de agricultores mozos á actividade agraria deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Ter entre 18 e 40 anos de idade, ambos incluídos.
b) Cumprir a condición de persoa agricultora profesional coa execución do plan empresarial.
c) Posuír o nivel de capacitación profesional suficiente no momento da solicitude da axuda, segundo se establece no Decreto 200/2012, do 4 de outubro, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia ou comprometerse a adquirilo nun prazo improrrogable de 36 meses desde a concesión da axuda.
d) A explotación en que se produce a instalación debe alcanzar, cando finalice o seu plan empresarial, unha renda unitaria de traballo igual ou superior ao 35 % da renda de referencia anual e inferior ao 120 % desta.
e) Instalarse nunha explotación que alcance a dimensión física mínima establecida no anexo V.
f) Presentar un plan empresarial de acordo co anexo V.
g) Exercer o control efectivo da explotación.
h) Non ser titular dunha explotación agraria, excepto que:

a. Sendo titular dunha explotación agraria cuxa marxe neta non supera o 20 % da renda de referencia, pase a ser titular dunha explotación prioritaria.
b. Sendo titular dunha explotación agraria cuns niveis de dedicación de tempo de traballo e de renda unitaria de traballo inferior aos mínimos establecidos para os titulares de explotacións prioritarias, alcance esta consideración en calidade de agricultor a título principal.

i) Non ter declarado rendementos económicos por actividades agrarias en estimación obxectiva ou directa. Exclúense desta consideración os rendementos económicos declarados polo persoa moza que proveñan da recollida e venda esporádica de produtos silvestres ou castañas de souto tradicional, así como a venda de madeira.
j) A data de establecemento pode ser de ata 24 meses antes da solicitude da axuda, pero, en ningún caso, procederán estas axudas se o proceso de instalación está rematado antes da solicitude de axuda.

2. Así mesmo, deberán:

a) Comprometerse por escrito a exercer a actividade agraria durante cinco anos, contados desde a instalación.
b) Comprometerse a ter contratado, e a manter durante todo o período de compromisos, un seguro agrario pertencente ao Plan de seguros agrarios combinados do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, excepto a liña Seguro de retirada e destrución de animais mortos na explotación.

MODALIDADES DE PRIMERAS INSTALACIONES

1. A primeira instalación dun/dunha agricultor/a mozo/a deberá realizarse mediante algunha
das seguintes modalidades:

a) Modalidade 1: acceso mediante titularidade exclusiva dunha explotación preexistente ou de nova creación.
b) Modalidade 2: acceso mediante cotitularidade dunha explotación agraria.
c) Modalidade 3: integración como persoa socia nunha entidade asociativa, preexistente ou de nova constitución.
d) Modalidade 4: acceso mediante titularidade compartida da explotación.
e) Modalidade 5: acceso cando, sendo titular dunha explotación agraria cuxa marxe neta non supere o 20 % da renda de referencia, pase a ser titular dunha explotación prioritaria.
f) Modalidade 6: acceso cando, sendo titular dunha explotación agraria cuns niveis de dedicación de tempo de traballo e de renda unitaria de traballo inferior aos mínimos establecidos para os titulares de explotacións prioritarias, alcance esta consideración en calidade de agricultor a título principal.

2. Os cónxuxes ou parellas de feito legalmente recoñecidas que acrediten que están en réxime de separación de bens no momento da solicitude serán asimilados ás axudas á primeira instalación de persoas agricultoras mozas nalgunha das modalidades indicadas no punto 1, e poderán ser os dous beneficiarios dependendo da modalidade de instalación. No caso de cónxuxes ou parellas de feito legalmente recoñecidas que estean en réxime de gananciais e que non constituísen titularidade compartida, só poderán ser beneficiarios das axudas á primeira instalación cando se dea algunha das seguintes circunstancias:

i. Cando a persoa moza se incorpore nunha explotación en que o titular sexa o seu cónxuxe ou parella de feito legalmente recoñecida, e constitúan unha sociedade entre si, sempre que a explotación proporcione polo menos unha RUT do 35 % da renda de referencia para cada un dos membros e ambos coticen como UTA na explotación.
ii. Cando se instale por integración como persoa socia dunha entidade asociativa, que sexa resultado da fusión de, polo menos, dúas explotacións preexistentes en funcionamento, aínda que figure como persoa socia partícipe o outro cónxuxe ou parella de feito legalmente recoñecida, sempre que a explotación resultante proporcione unha RUT para cada persoa moza, polo menos, do 35 % da renda de referencia e ambos os dous coticen como UTA na explotación.

CRITERIOS DE PRIORIDAD

1. Establécense os seguintes criterios de prioridade:

a) Primeira instalación simultánea cun proxecto apoiado pola submedida 4.1: 8 puntos.
b) Instalación do mozo a tempo completo: 6 puntos.
c) Instalación nunha explotación ecolóxica ou que alcance tal condición tras levar a cabo o plan empresarial: 4 puntos.
d) Instalación do/da mozo/a mediante as modalidades 1, 3 ou 4: 4 puntos.
e) Creación de emprego adicional a tempo completo: 4 puntos.
f) Instalación nunha explotación inscrita na sección de explotacións agrarias prioritarias do Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia e siga cumprindo os requisitos para iso, ou que cumpra cos requisitos para ser incluída no catálogo: 3 puntos.
g) Localización da explotación nunha zona de montaña tal e como se definen na medida 13 do PDR 2014-2020: 3 puntos.
h) Muller: 2 puntos.
i) O plan empresarial inclúe investimentos nun proxecto innovador: 2 puntos.
j) Explotación localizada nunha zona distinta da de montaña con limitacións naturais significativas ou limitacións específicas, tal e como se definen na medida 13 do PDR 2014-2020: 2 puntos.
k) Instalación nunha explotación que pertenza a unha agrupación de defensa sanitaria gandeira (ADSG): 1 punto.
l) Instalación nunha explotación que proceda de fusión de explotacións realizada nos últimos cinco anos naturais ou se fusione coa instalación do mozo: 1 punto.
m) Instalación nunha explotación incluída no control oficial de rendemento leiteiro: 1 punto.

2. No caso de empate a puntos, priorizarase segundo a orde indicada nos criterios de selección. De persistir o empate, priorizarase a incoporación do mozo que teña máis idade.

3. Para seren admisibles, as solicitudes deberán alcanzar unha puntuación mínima de 10 puntos, e polo menos dous criterios.

4. A aplicación dos criterios de prioridade realizarase tendo en conta o momento de finalización do prazo de presentación da solicitude de axuda.

CUANTÍA Y TIPO DE AYUDA

A axuda concederase pola execución do plan empresarial e consistirá nunha prima cuxa cuantía básica, calculada de acordo cunha estimación dos custos da Seguridade Social da persoa moza durante os cinco anos de permanencia mínima na actividade agraria, establecida en 20.000 €, e poderá incrementarse nas seguintes situacións, sen que a axuda total supere os 70.000 €:

a) De acordo co volume de gasto cuxa necesidade ou conveniencia estea especificada no plan empresarial:

– De 20.000 a 30.000 €: a contía básica increméntase en 12.500 €.
– De 30.001 a 40.000 €: increméntase en 17.500 €.
– De 40.001 a 60.000 €: increméntase en 25.000 €.
– De 60.001 a 80.000 €: increméntase en 31.500 €.
– De 80.001 a 100.000 €: increméntase en 40.500 €.
– Máis de 100.001 €: increméntase en 45.000 €.

 

CREACIÓN DE EMPRESAS PARA EL DESARROLLO DE PEQUEÑAS EXPLOTACIONES

REQUISITOS DE LOS BENEFICIARIOS

Os solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Ser titular dunha pequena explotación agraria inscrita, con polo menos unha antigüidade dun ano desde a data de publicación da orde, no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.
b) Residir na comarca onde radique a explotación ou nunha comarca limítrofe.
c) Que o volume de traballo necesario para o mantemento da explotación sexa realizado polo titular da explotación, para o que será necesario que non realice outra actividade a tempo completo, ou que xustifique a contratación de, polo menos, a metade dunha unidade de traballo agrario. Esta cantidade de traballo agrario manterase durante os cinco anos posteriores ao pagamento final da axuda, xunto co resto de compromisos que adquire o beneficiario da axuda.
d) Presentar un plan empresarial que mostre a viabilidade da iniciativa.
e) Cumprir as normas mínimas en materia de ambiente, hixiene e benestar dos animais, de conformidade coa normativa comunitaria e nacional, coa propia orde e co programa de desenvolvemento rural de Galicia aprobado pola Unión Europea.
f) A explotación non pode ter sido beneficiaria por esta mesma submedida en convocatorias anteriores.

CRITERIOS DE PRIORIDAD

1. Establécense os seguintes criterios de prioridade:

a) Orientación produtiva principal da explotación:

a. Hortícola, frutícola, florícola, apícola, avícola artesanal, aromático-medicinal, vacún de carne ou ovino/cabrún: 5 puntos.
b. Resto de orientacións produtivas: 3 puntos.

b) Explotación gandeira de razas autóctonas galegas en perigo de extinción que supoñan, polo menos, a metade do censo de reprodutoras da explotación (estas reprodutoras estarán inscritas no correspondente libro xenealóxico): 4 puntos.

c) Explotación que se comprometa a destinar, polo menos, 0,5 ha da súa base territorial a producir trigo das variedades Callobre e/ou Caaveiro e que a produción destas variedades supoña, polo menos, a metade da marxe neta da explotación: 4 puntos.

d) Persoa agricultora profesional.

a. Nas persoas físicas titulares de explotación, 5 puntos.
b. Nas persoas xurídicas, en función dos socios:

i. Todos os socios son agricultores profesionais: 5 puntos.
ii. Máis do 60 %: 4 puntos.
iii. Polo menos o 50 %: 3 puntos.
iv. Máis do 25 %: 2 puntos.
v. Inferior ao 25 %: 1 punto.

e) Se a persoa que exerce o control da explotación cotiza á Seguridade Social no sector agrario: 3 puntos.

f) Localización da explotación nunha zona de montaña, tal e como se definen na medida 13 do PDR 2014_2020: 3 puntos.

g) Explotación ecolóxica: 3 puntos.

h) Investimentos en proxectos innovadores: 2 puntos.

i) Proxecto en cooperación cunha operación financiada a través da medida 16 do PDR: 2 puntos.

j) Titular da explotación muller ou, no caso das persoas xurídicas, que polo menos a metade dos seus socios sexan mulleres: 2 puntos.