— Ayudas nuevos emprendedores – varios plazos y convocatorias

Agaca
Por Agaca julio 4, 2018 13:02

Información de la ayuda

Activa

 

RESUMEN ELABORADO PORAgaca

Puede consultar/descargar este resumen de la Resolución en “Documentación” (formato PDF, gallego) y la Resolución completa en español en el enlace “Web”

— RESOLUCIÓN del 15 de junio de 2018 por la que se da publicidad del acuerdo del Consello de Dirección que aprueba las bases reguladoras de las ayudas para nuevos emprendedores, cofinanciadas por el Fondo Europeo de Desarrollo Regional, en el marco del programa operativo Feder Galicia 2014-2020, y se procede a su convocatoria en régimen de concurrencia competitiva (Galicia Emprende). IGAPE DOG Nº 120, 25/06/2018

PROYECTOS OBJETO DE APOYO

1. Serán subvencionables os proxectos de creación de pequenas e medianas empresas por novos emprendedores, así como os proxectos de investimento para a ampliación de pequenas e medianas empresas xa creadas, sempre que cumpran os requisitos para seren consideradas nova peme.

2. Considérase novo emprendedor, para os efectos destas bases, aquela persoa física que non estea acometendo outra actividade económica por conta propia na data de presentación da solicitude de axuda ou ben, que, aínda desempeñando unha actividade económica directa ou indirectamente no momento da solicitude de axuda, figure de alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) cunha antigüidade igual ou inferior a 42 meses ou teña unha participación igual ou inferior ao 25 % do capital dunha sociedade mercantil.

3. Considérase nova peme, para os efectos destas bases:

a) No caso dos autónomos, cando a data de alta censual non teña unha antigüidade superior a 42 meses no momento da solicitude de axuda e deberá ter unha dedicación plena ao proxecto e non poderá desempeñar outra actividade por conta propia ou allea desde a alta de actividade (ou, no caso de contar con alta de actividade no momento da solicitude de axuda, desde o día da dita solicitude.

b) Presentar un custo subvencionable igual ou superior a 25.000 € e non superior a 500.000 €, que se realizará no prazo de execución do proxecto que se estableza na resolución de concesión; se o custo subvencionable resultase superior a 500.000 €, o Igape reduciría a base subvencionada a esta cantidade.

c) Os gastos e/ou investimentos subvencionables terán que estar localizados no centro de traballo da empresa en Galicia.

 

BENEFICIARIOS

Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño), polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado, nas cales non concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121, do 25 de xuño) e cumpran as seguintes condicións.

Actividades:

1º. Están excluídas das axudas as seguintes actividades, segundo o Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño):

i) As actividades nos sectores da pesca e da acuicultura regulamentadas polo Regulamento (UE) nº 1379/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro, polo que se establece a organización común de mercados no sector dos produtos da pesca e da acuicultura, se modifican os Regulamentos (CE) nº 1184/2006 e (CE) nº 1224/2009 do Consello e se derroga o Regulamento (CE) nº 104/2000 do Consello.

ii) As actividades do sector da produción agrícola primaria.

– CNAE 09: División 01 (todos os grupos e clases agás 01.61 e 01.62)

iii) As actividades do sector da transformación e comercialización de produtos agrícolas, nos casos seguintes:

– Cando o importe da axuda se determine en función do prezo ou da cantidade dos ditos produtos    adquiridos   a    produtores    primarios    ou    comercializados   polas    empresas interesadas.

– Cando a axuda dependa de que se repercuta total ou parcialmente sobre os produtores primarios.

 

CONDICIONES DE LOS CONCEPTOS SUBVENCIONABLES

1. Para os efectos de cálculo da subvención a fondo perdido, consideraranse integrados na base subvencionable os conceptos seguintes, que cumpren os requisitos establecidos pola Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2014-2020:

a) Investimentos realizados en:

  1. Obra civil para construción, reforma ou habilitación de instalacións en bens inmobles en propiedade, suxeitos aos módulos máximos de custo subvencionable que se achegan como anexo V.
  2. Bens de equipamento: maquinaria de proceso, equipamentos informáticos, mobiliario, instalacións específicas para a actividade subvencionable, elementos de transporte interior e equipamentos de protección do ambiente.
  3.  Outros investimentos en activos fixos mobiliarios.
  4. Activos inmateriais, tales como adquisición de dereitos de patentes, licenzas, «know how» e coñecementos técnicos non patentados, incluíndo aplicacións informáticas, que cumpran as condicións do artigo 14.8 do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño.

b) Gastos de investigación e desenvolvemento e o canon fixo de franquías no seu primeiro ano.

d) Os gastos do informe de auditor a que fai referencia o artigo 14.6.b) destas bases.

e) Os gastos de reforma de instalacións en bens inmobles arrendados, suxeitos aos módulos máximos de custo subvencionable que se achegan como anexo

f) Igualmente, considérase subvencionable a adquisición de activos pertencentes a un establecemento cando se cumpran as seguintes condicións:

  1. Que o establecemento pechase ou pecharía se non fose adquirido.
  2.  Que os activos sexan adquiridos a un terceiro non relacionado co comprador.
  3. Que a operación teña lugar en condicións de mercado.

 

INTENSIDAD DE AYUDA Y CRITERIOS DE EVALUACIÓN Y SELECCIÓN DE PROYECTOS

1. Con carácter xeral a subvención poderá chegar ata o 20 % dos investimentos subvencionables e ata o 30 % se o beneficiario é unha pequena empresa, agás os gastos do artigo 5.1.f) anterior, que poderán chegar ao 10 % no caso de medianas empresas e ao 20 % no caso de pequenas empresas .

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Convocatoria Inicio do prazo de presentación de solicitudes Fin do prazo de presentación de solicitudes
2018.1 O día seguinte á publicación desta resolución no DOG 27.07.2018
2018.2 30.07.2018 25.10.2018