— Ayudas nuevos emprendedores – FEDER. Hasta 27/06/2019

Agaca
Por Agaca mayo 6, 2019 14:22

Información de la ayuda

Derogada / Fuera de plazo

 

RESUMEN ELABORADO PORAgaca

Puede consultar/descargar este resumen de la Resolución en “Documentación” (formato PDF en gallego) y la Resolución completa en español en el enlace “Web”

— RESOLUCIÓN del 2 de abril de 2019 por la que se da publicidad del acuerdo drl Consejo de Dirección que aprueba las bases reguladoras de las ayudas para nuevos emprendedores, cofinanciadas por elFondo Europeo de Desarrollo Regional, en el marco del programa operativo Feder Galicia 2014-2020, y se procede a su convocatoria en régimen de concurrencia competitiva (Galicia Emprende). IGAPE DOG Nº 75, 17/04/2019.

PROYECTOS OBJETO DE APOYO

1. Serán subvencionables os proxectos de creación de pequenas e medianas empresas por novos emprendedores, así como os proxectos de investimento para a ampliación de pequenas e medianas empresas xa creadas, sempre que cumpran os requisitos para seren consideradas nova peme.

2. Considérase novo emprendedor, para os efectos destas bases, aquela persoa física que non estea acometendo outra actividade económica por conta propia na data de presentación da solicitude de axuda ou ben, que, aínda desempeñando unha actividade económica directa ou indirectamente no momento da solicitude de axuda, figure de alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) cunha antigüidade igual ou inferior a 42 meses na data de presentación da solicitude de axuda. Os autónomos societarios non teñen a condición de novo emprendedor.

3. Considérase nova peme, para os efectos destas bases, aquela en que tanto a súa data de constitución como a súa data de alta censual non teñan unha antigüidade superior a 42 meses no momento da solicitude de axuda.

4. Os proxectos deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Non ter comezado antes da presentación da solicitude de axuda.
b) Presentar un custo subvencionable igual ou superior a 25.000 € e non superior a 500.000 €, que se realizará no prazo de execución do proxecto que se estableza na resolución de concesión; se o custo subvencionable resultase superior a 500.000 €, o Igape reduciría a base subvencionada a esta cantidade.
c) Os custos subvencionables terán que estar localizados no centro de traballo da empresa en Galicia.

BENEFICIARIOS

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño), polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado, nas cales non concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121, do 25 de xuño) e cumpran as seguintes condicións:

Actividades:

  1. Están excluídas das axudas as seguintes actividades, segundo o Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño):
    i) As actividades nos sectores da pesca e da acuicultura regulamentadas polo Regulamento (UE) nº 1379/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro, polo que se establece a organización común de mercados no sector dos produtos da pesca e da acuicultura, se modifican os Regulamentos (CE) nº 1184/2006 e (CE) nº 1224/2009 do Consello e se derroga o Regulamento (CE) nº 104/2000 do Consello.ii) As actividades do sector da produción agrícola primaria.
    – CNAE 09: División 01 (todos os grupos e clases agás 01.61 e 01.62)iii) As actividades do sector da transformación e comercialización de produtos agrícolas,
    nos casos seguintes:
    – Cando o importe da axuda se determine en función do prezo ou da cantidade dos ditos
    produtos adquiridos a produtores primarios ou comercializados polas empresas interesadas.
    – Cando a axuda dependa de que se repercuta total ou parcialmente sobre os produtores
    primarios.

CONDICIONES DE LOS CONCEPTOS SUBVENCIONABLES

1. Para os efectos de cálculo da subvención a fondo perdido, consideraranse integrados na base subvencionable os conceptos seguintes, que cumpren os requisitos establecidos pola Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2014-2020:
a) Investimentos realizados en:

  1.  Obra civil para construción, reforma ou habilitación de instalacións en bens inmobles en propiedade, suxeitos aos módulos máximos de custo subvencionable que se achegan como anexo V.
  2.  Bens de equipamento: maquinaria de proceso, equipamentos informáticos, mobiliario, instalacións específicas para a actividade subvencionable, elementos de transporte interior e  equipamentos de protección do ambiente.
  3. Outros investimentos en activos fixos mobiliarios.
  4.  Activos inmateriais, tales como adquisición de dereitos de patentes, licenzas, «know how» e coñecementos técnicos non patentados, incluíndo aplicacións informáticas, que cumpran as condicións do artigo 14.8 do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do
    26 de xuño).
  5. Activos pertencentes a un establecemento cando se cumpran as seguintes condicións:
    1. Que os activos sexan adquiridos a un terceiro non relacionado co comprador.
    2. Que a operación teña lugar en condicións de mercado.
    3. Non foran obxecto de ningunha subvención nacional ou comunitaria.Cando un membro da familia do propietario inicial ou un empregado se faga cargo
    dunha pequena empresa, non se aplicará a condición de que os activos deban ser adquiridos a terceiros non relacionados co comprador. A simple adquisición das accións dunha empresa non constituirá un investimento.

b) Gastos realizados en:

  1. Os gastos de alugamento de bens inmobles (co límite do 30 % do custo total subvencionable), ata un prazo máximo de dez meses.
  2. Os gastos do informe de auditor a que fai referencia o artigo 14.6.b) destas bases.
  3. Os gastos de reforma de instalacións en bens inmobles arrendados, suxeitos aos módulos máximos de custo subvencionable que se achegan como anexo V.
  4. Gastos de investigación e desenvolvemento (encargados a terceiros).

INTENSIDAD DE LA AYUDA Y CRITERIOS DE EVALUACIÓN Y SELECCIÓN DE PROYECTOS

1. Con carácter xeral a subvención poderá chegar ata o 20 % dos custos subvencionables e ata o 30 % se o beneficiario é unha pequena empresa, agás os gastos do artigo 5.1.a).5º anterior, que poderán chegar ao 10 % no caso de medianas empresas e ao 20 % no caso de pequenas empresas.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

 

Convocatoria

Inicio do prazo de presentación de solicitudes  

Fin do prazo de presentación de solicitudes

2019.1 O día seguinte á publicación desta resolución no DOG 27.06.2019
2019.2 28.06.2019 18.10.2019