— Ayudas innovación. Programa Conecta PEME. Hasta 8 de marzo.

— Ayudas innovación. Programa Conecta PEME. Hasta 8 de marzo.

Agaca
Por Agaca febrero 20, 2018 12:28

Información de la ayuda

Derogada / Fuera de plazo

RESUMEN ELABORADO PORAgaca

Puede consultar/descargar este resumen de la Resolución en “Documentación”(formato PDF, gallego) y la Resolución completa en español en el enlace “Web”

— RESOLUCIÓN de 31 de diciembre de 2017 por la que se establecen las bases reguladoras para la concesión, en régimen de concurrencia competitiva, de las ayudas del programa Conecta Peme para fomentar la cooperación entre las pymes y los demás agentes del Sistema Regional de Innovación, a través del apoyo a proyectos de Investigación, Desarrollo e Innovación orientados al mercado y alineados con los retos y prioridades identificados en la RIS3 para Galicia, cofinanciadas por el Fondo Europeo de Desarrollo Regional (Feder) en el marco del programa operativo Feder Galicia 2014-2020, y se procede a su convocatoria para el año 2018. AGENCIA GALLEGA DE INNOVACIÓN DOG Nº 28, 08/02/2018

CONVOCATORIA Y BASES REGULADORAS

1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación do programa Conecta Peme para fomentar a cooperación entre as pemes e os demais axentes do Sistema Rexional de Innovación, a través do apoio a proxectos de Investigación, Desenvolvemento e Innovación orientados ao mercado e aliñados cos retos e prioridades identificados na RIS3 Galicia.

2. Así mesmo, por medio desta resolución, convócanse as devanditas axudas para o ano 2018 en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IN852A), axustándose as axudas concedidas no marco desta resolución ao establecido no Regulamento (UE) nº 651/2014.

ACTIVIDADES SUBVENCIONABLES

Son actividades subvencionables a investigación industrial, o desenvolvemento experimental, a innovación en materia de organización e a innovación en materia de procesos.

a) Investigación industrial: investigación planificada ou estudos críticos encamiñados a adquirir novos coñecementos e aptitudes que poidan ser útiles para desenvolver novos produtos, procesos ou servizos, ou permitan mellorar considerablemente os xa existentes.

Comprende a creación de compoñentes de sistemas complexos e pode incluír a construcción de prototipos nunha contorna de laboratorio ou nunha contorna con interfaces simuladas cos sistemas existentes, así como liñas piloto cando sexa necesario para a investigación industrial e, en particular, para a validación de tecnoloxía xenérica.

b) Desenvolvemento experimental: a adquisición, combinación, configuración e emprego de coñecementos e técnicas xa existentes, de índole científica, tecnolóxica, empresarial ou doutro tipo, con vistas á elaboración de produtos, procesos ou servizos novos ou mellorados.

Pode incluír tamén, por exemplo, actividades de definición conceptual, planificación e documentación de novos produtos, procesos e servizos. Entre as actividades poderá figurar a elaboración de proxectos, deseños, plans e demais tipos de documentación, sempre e cando non vaia destinada a usos comerciais.

O desenvolvemento experimental poderá comprender a creación de prototipos, a demostración, a elaboración de proxectos piloto, o ensaio e a validación de produtos, procesos ou servizos novos ou mellorados, en contornas representativas de condicións reais de funcionamento, sempre que o obxectivo principal sexa achegar novas melloras técnicas a produtos, procesos ou servizos que non estean substancialmente asentados. Pode incluír o desenvolvemento de prototipos ou proxectos piloto que poidan utilizarse comercialmente cando sexan necesariamente o produto comercial final e a súa fabricación resulte demasiado onerosa para o seu uso exclusivo con fins de demostración e validación.

O desenvolvemento experimental non inclúe as modificacións habituais ou periódicas efectuadas en produtos, liñas de produción, procesos de fabricación, servizos existentes e outras operacións en curso, aínda cando as ditas modificacións poidan representar melloras deles.

c) Innovación en materia de organización: a aplicación dun novo método organizativo ás prácticas comerciais, a organización do centro de traballo ou as relacións exteriores dunha empresa. Non se inclúen os cambios baseados en métodos organizativos xa empregados na empresa, os cambios na estratexia de xestión, as fusións e adquisicións, o abandono dun proceso, a mera substitución ou ampliación de capital, os cambios exclusivamente derivados de variacións do prezo dos factores, a produción personalizada, a adaptación aos usos locais, os cambios periódicos de carácter estacional ou outros cambios cíclicos, e o comercio de produtos novos ou significativamente mellorados.

d) Innovación en materia de procesos: a aplicación dun método de produción ou subministración novo ou significativamente mellorado (incluídos os cambios significativos en canto a técnicas, equipos ou programas informáticos). Non se inclúen os cambios ou melloras de importancia menor, os aumentos das capacidades de produción ou servizo mediante a introdución de sistemas de fabricación ou loxística moi similares aos xa utilizados, o abandono dun proceso, a mera substitución ou ampliación de capital, os cambios exclusivamente derivados de variacións do prezo dos factores, a produción personalizada, a adaptación aos usos locais, os cambios periódicos de carácter estacional ou outros cambios cíclicos, e o comercio de produtos novos ou significativamente mellorados.

CONDICIONES DE LOS PROYECTOS

1. Os proxectos estarán en consonancia cos retos contidos na RIS3 Galicia, de acordó coa definición deles que se realiza no artigo 2 desta resolución, e coas súas liñas prioritarias, que se detallan no anexo VI.

2. Os proxectos de I+D+i subvencionables ao abeiro desta convocatoria deberán realizarse sempre en cooperación con pemes e ter un orzamento subvencionable mínimo de 500.000 euros e un máximo de 1.500.000 euros dividido nas distintas actividades a realizar por cada un dos integrantes da agrupación. Exixirase unha participación mínima por cada membro da agrupación de 75.000 euros, e a repartición da participación de cada empresa deberá ser equilibrada, non superando, en ningún caso, a participación dunha única empresa (ou empresas vinculadas) o 65 % do orzamento subvencionable total do proxecto.

3.-Poderán incluírse grandes empresas, cunha participación limitada a un máximo do 25% do orzamento subvencionable total do proxecto.

4.-A duración mínima da actividade será de dúas anualidades, e a máxima estenderase ata o 30 de setembro de 2020.

BENEFICIARIAS

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as agrupacións de empresas, nos termos previstos no artigo 8.3 da Lei 9/2007, que realicen proxectos de I+D+i en colaboración.

As empresas poderán ser pequenas, medianas ou grandes, segundo as definicións contidas no artigo 2.

2. As agrupacións deberán estar constituídas, como mínimo, por tres empresas non vinculadas entre si e como máximo por seis empresas, debendo ser o tamaño da agrupación o necesario para garantir unha xestión eficaz deste. Na agrupación poderá participar só unha gran empresa coa participación máxima sinalada no artigo 4.2 desta resolución. No caso de que na agrupación non participe ningunha pequena empresa, será necesario que, como mínimo, unha destas sexa subcontratada por calquera das empresas da agrupación para desenvolver tarefas/actividades de I+D+i dentro do proxecto.

INTENSIDAD DE LAS AYUDAS Y CONCURRENCIA

1. As axudas concederanse en forma de subvencións. A contía máxima da axuda que pode ser concedida aos proxectos seleccionados determinarase sobre o investimento subvencionable de cada beneficiario da agrupación e será conforme os límites de intensidade previstos nos artigos 25 e 29 do Regulamento (UE) nº 651/2014, de acordo coa seguinte táboa.

20180220_Ax_innovacion-programa-CONECTA-PEME

2. Para o caso de que se subvencione un terceiro proxecto a unha mesma entidade, a intensidade bruta de subvención para esa entidade será reducida nun 15 %. Para o caso de que se subvencione un cuarto proxecto a unha mesma entidade, a intensidade bruta de subvención para esa entidade será reducida nun 25 %. A partir do quinto proxecto subvencionado para unha mesma entidade, a redución da súa intensidade bruta de subvención será do 40 %.

CONCEPTOS SUBVENCIONABLES

a) Custos directos: os custos directos son aqueles que están directa e inequívocamente relacionados coa actividade subvencionada e cuxo nexo con esta actividade se pode demostrar.

Consideraranse custos directos subvencionables os seguintes:

  1. Custos de persoal.
  2. Custos de equipamento e material instrumental de nova adquisición.
  3. Materiais, subministracións e produtos similares.
  4. Adquisición de patentes.
  5. Servizos tecnolóxicos externos.
  6. Subcontratacións.

b) Custos de carácter indirecto: os custos indirectos son aqueles que non están vinculados ou non poden vincularse directamente coa actividade subvencionada por ter carácter estrutural, pero resultan necesarios para a súa realización, nos que se inclúen os gastos administrativos (tales como xestión administrativa e contable), gastos de supervisión e control de calidade, subministracións (tales como auga, electricidade, calefacción e teléfono), seguros, seguridade ou gastos de limpeza.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo para presentar as solicitudes rematará o 8 de marzo 2018,