— Ayudas IGAPE: Galicia rural emprende. Hasta 4 marzo.

Agaca
Por Agaca enero 16, 2019 13:23

Información de la ayuda

Derogada / Fuera de plazo

 

RESUMEN ELABORADO PORAgaca

Puede consultar/descargar este resumen de la Resolución en “Documentación” (formato PDF) y la Resolución completa en español en el enlace “Web”

— RESOLUCIÓN del 21 de diciembre de 2018 por la que se da publicidad del acuerdo del Consejo de Dirección que aprueba las bases reguladoras de las ayudas destinadas a la creación de empresas para actividades no agrícolas en zonas rurales, cofinanciadas por el Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) en el marco del Programa de Desarrollo Rural (PDR) de Galicia 2014-2020, y se convocan en régime de concurrencia competitiva (Galicia rural emprende). IGAPE (DOG Nº 3, 04/01/2019)

OBJETIVO 

Serán subvencionables os proxectos dirixidos á creación de emprego nas zonas rurais mediante axudas á primeira implantación e desenvolvemento de novas actividades económicas non agrarias viables, que deben contribuír á diversificación económica, crecemento de emprego, sostenibilidade do medio rural e equilibrio territorial, tanto en termos económicos como sociais.

TIPOS DE APOYO

Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva e amparada no réxime de minimis. A axuda terá carácter de pago a tanto alzado.

BENEFICIOS POTENCIAS

a) Os titulares ou membros dunha unidade familiar dunha explotación agraria que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación. A explotación agraria deberá estar inscrita no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga) e ter a cualificación de explotación agraria prioritaria no momento da solicitude da axuda.
Para estes efectos, considerarase que forman parte da unidade familiar dunha explotación os familiares da persoa titular ata o terceiro grao de consanguinidade ou afinidade que estean empadroados no domicilio familiar vinculado á explotación.

b) As microempresa e pequenas empresas de nova creación ou que inicien unha actividade distinta á que tiña no momento da solicitude da axuda.

c) As persoas físicas que residan nunha zona rural e que creen unha nova empresa ou que inicien unha actividade distinta á que tiña no momento da solicitude da axuda.
Para estes efectos considerarase zona rural o territorio elixible segundo o previsto no artigo 1.1. destas bases reguladoras.

SECTORES INCENTIVABLES

Con carácter xeral serán subvencionables as seguintes actividades:

a) Obradoiros e fábricas destinados á produción de bens e materiais. Non obstante o anterior, os investimentos relacionados coa utilización da madeira como materia prima ou fonte de enerxía limitaranse ás operacións de segunda transformación.

b) Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, cando o produto final do proceso de transformación e/ou comercialización derivado dos investimentos non estea incluído no anexo I do Tratado de Funcionamento da Unión Europea (TFUE).

c) Prestación de servizos en calquera sector económico (agricultura, silvicultura, sector industrial e de servizos, …).

d) Prestación de servizos sociais (gardarías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade, granxas-escola…). e) Actividades de lecer, recreativas e deportivas.

f) Artesanía e actividades artesanais.

g) Actividades baseadas nas novas tecnoloxías da información e da comunicación (TICs), innovación tecnolóxica e comercio electrónico

h) Actividades nos sectores da enxeñería, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial, contabilidade, veterinaria.

i) Comercio polo miúdo de produtos non incluídos no anexo I do TFUE.

j) No sector da restauración turística, exclusivamente a creación de novos restaurantes situados en construcións patrimoniais senlleiras (pazos, muíños, patrimonio industrial, pallozas, faros…) e que vaian ofertar unha cociña baseada na gastronomía galega tradicional ou que con ese substrato propoñan técnicas innovadoras ou fusións con outras gastronomías do mundo.

Para estes efectos, entenderase que existe unha nova actividade cando non coincida coa actividade preexistente a nivel de tres díxitos da Clasificación Nacional de Actividades Económicas (CNAE), e os gastos e/ou investimentos derivados da súa posta en marcha estean claramente vinculados á nova actividade.

Non se considera que existe nova actividade se a persoa física ou calquera dos socios dunha peme desenvolvese a mesma actividade por conta propia nos 12 meses anteriores á data da solicitude de axuda.

Non poderán ser beneficiarias as empresas que operan no sector da pesca e da acuicultura.

REQUISITOS PRINCIPALES DEL PROYECTO

Os proxectos deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Non ter comezado antes da presentación da solicitude de axuda.

b) Os gastos e/ou investimentos incluídos no plan de negocio que deberá presentar o solicitante terán que estar localizados no centro de traballo da empresa en Galicia.

c) Será obrigatoria a creación dun mínimo de 1 emprego, ben sexa por conta propia ou indefinido por conta allea. A creación de emprego considerarase en unidades UTA. Para estes efectos, considérase (UTA) unha unidade de traballo anual, e equivale ao traballo dunha persoa na empresa en cuestión ou por conta da dita empresa a tempo completo durante todo o ano de que se trate. O traballo das persoas que non traballan todo o ano, ou traballan a tempo parcial, independentemente da duración do seu traballo, ou o traballo estacional, computarase como fraccións de UTA.

O plan de negocio que amose a viabilidade da iniciativa, axustarase aos contidos definidos no formulario electrónico de solicitude de axuda.

INVERSIONES O GASTOS COMPUTABLES

Serán elixibles os investimentos materiais e inmateriais contemplados no Plan de negocio, coas seguintes consideracións respecto das seguintes partidas:

a) Adquisición de terreos. Máximo un 10% do total de custos elixibles.

b) Adquisición de inmobles, que só poderán ser utilizados en relación cos obxectivos do proxecto. O seu importe non superará o 50% da base elixible.

c) Obra civil para construción, reforma ou habilitación de instalacións, suxeitos aos módulos máximos que se achegan como anexo V.

d) Bens de equipamento: maquinaria de proceso, equipamentos informáticos, mobiliario, instalacións específicas para a actividade subvencionable, elementos de transporte, e equipos de protección do ambiente.

Os bens e equipamento de segunda man, sempre que:

1º Esté expresamente recollido no PDR de Galicia 2014_2020.
2º Non foran obxecto de ningunha subvención nacional ou comunitaria.
3º O prezo non sexa superior ao valor de mercado e sexa inferior ao custo dos bens novos similares, para o que deberá achegarse certificado de tasador independente debidamente acreditado e inscrito no correspondente rexistro oficial.

e) Activos inmateriais, tales como adquisición de dereitos de patentes, licencias, Know how e coñecementos técnicos non patentados, aplicacións informáticas (excluídas as licenzas en sistemas operativos e aplicacións de ofimática).

f) Custos de funcionamento: custos de explotación, custos de persoal, custos de formación, custos de relacións públicas, custos financeiros, custos de rede.

g) As contribucións en especie, en forma de provisión de obras, bens, servizos, terreos e bens inmobles polos que non se efectuara ningún pago en efectivo documentado con facturas ou documentos de valor probatorio equivalente, sempre que:

h) Con respecto aos gastos xerais do proxecto (honorarios de arquitectos, enxeñeiros e asesores, honorarios relativos ao asesoramento, sobre a sostibilidade económica e ambiental, incluídos os estudos de viabilidade) suporán como máximo un 12% do total de custos elixibles.

i) Considéranse elixibles os custos notariais derivados da certificación do non inicio da actividade, no caso de proxectos que contemplen investimentos (obra civil).

CUANTÍA DE LAS AYUDAS

1. A axuda consistirá nunha prima cuxa contía básica establécese en 20.000 euros, e que poderá incrementarse ata un máximo de 70.000 euros nas seguintes situacións:

a) De acordo ao seguinte rango de gasto e investimento admisible:

  1. De 20.000 a 30.000: incremento sobre a prima básica de 12.500 euros.
  2. De 30.001 a 40.000: incremento sobre a prima básica de 17.500 euros.
  3. De 40.001 a 60.000: incremento sobre a prima básica de 25.000 euros.
  4. De 60.001 a 80.000: incremento sobre a prima básica de 31.500 euros.
  5. De 80.001 a 100.000: incremento sobre a prima básica de 40.500 euros.
  6. Maior de 100.000: incremento sobre a prima básica de 45.000 euros.

b) Creación de emprego indefinido (mínimo 1 emprego UTA). A creación de emprego debe ser adicional, ademais da man de obra correspondente ao beneficiario da axuda: 20.000 euros.

c) Ubicación nunha zona con limitacións naturais

PLAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes remata o 4 de marzo de 2019.