— Ayudas IGAPE: Galicia Exporta Empresas. Hasta 7 marzo.

Agaca
Por Agaca enero 16, 2019 12:35

Información de la ayuda

Derogada / Fuera de plazo

 

RESUMEN ELABORADO PORAgaca

Puede consultar/descargar este resumen de la Resolución en «Documentación» (formato PDF) y la Resolución completa en español en el enlace «Web»

— RESOLUCIÓN del 10 de diciembre de 2018 por la que se da publicidad al acuerdo del Consejoo de Dirección que aprueba las bases reguladoras de las ayudas para la ejecución de acciones de promoción exterior de las empresas gallegas (Galicia Exporta Empresas), cofinanciadas por el Fondo Europeo de Dearrollo Regional, en el marco del programa operativo Feder Galicia 2014-2020, y se procede a su convocatoria en régimen de concurrencia competitiva. IGAPE (DOG Nº 4, 07/01/2019)

ACCIONES OBJETO DE APOYO Y EXCLUSIÓN

1. Co obxectivo de incentivar a realización de accións de promoción exterior xeradoras de vantaxes competitivas que incidan na proxección e posicionamento das empresas galegas nos mercados internacionais, o Igape poderá conceder subvencións a fondo perdido aos seguintes tipos de accións:

a) Accións de difusión:
a.1) Campañas de publicidade en prensa, revistas, televisión ou outros medios incluídos os dixitais, sempre que a súa difusión se realice no estranxeiro.
a.2) Uso de plataformas de promoción en liña para mercados estranxeiros.
a.3) Creación de aplicación de e-commerce para mercados internacionais (tenda en liña).

b) Accións de promoción:
Participación en feiras ou outros eventos expositivos organizados por terceiros que se celebren no estranxeiro. Incluense tamén aqueles eventos deste tipo que, organizados por terceiros en España –fóra da Comunidade Autónoma de Galicia–, estean incluídos no calendario de feiras comerciais internacionais publicado pola Secretaría de Estado de Comercio de España para o ano 2019 ou 2020 no Boletín Oficial del Estado (en edicións que se celebren dentro do prazo de execución destas bases).

Non son subvencionables as visitas a este tipo de eventos, para ser unha acción subvencionable tense que acreditar a participación do beneficiario como expositor no evento.

c) Accións de prospección en mercados internacionais:
c.1) Axendas de reunións.
c.2) Desenvolvemento de clientes no estranxeiro: metodoloxía enfocada en descubrir mercados para a empresa e os seus produtos, apostando por descubrir e aprender dos propios clientes, ofrecendo un produto que realmente necesiten.
c.3) Seguimento de contactos iniciais ou clientes anteriores no estranxeiro para consolidación do negocio.

2. Só se poderá presentar e aprobar unha solicitude por beneficiario, en que se poderán incluír varias accións das mencionadas nas letras a) a c) deste artigo. No caso de presentar máis dunha solicitude atenderase a primeira presentada, no caso de non mediar desistencia ou renuncia da anterior.

BENEFICIARIAS

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que cumpran a definición de peme segundo o anexo I do Regulamento nº 651/2014 da Comisión.

b) Que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Que estean dadas de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización con informe positivo emitido a partir do 1 de xaneiro de 2013. A solicitude de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización deberá facerse antes do remate do prazo de presentación de solicitudes de axuda, a través do procedemento do Igape IG192.

d) Os beneficiarios deberán estar ao día das súas obrigas coa Facenda pública estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social e non ser considerados empresas en crise.

CONDICIONES DE LOS CONCEPTOS SUBVENCIONABLES

1. Para os efectos de cálculo da subvención a fondo perdido poderán ser subvencionables os conceptos seguintes, que reúnen os requisitos establecidos na Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2014-2020:

a) Gastos subvencionables para accións de difusión citadas na letra a) do artigo 1.1. O límite máximo de gasto subvencionable por todos estes conceptos subvencionables é de 10.000 € por solicitude de axuda.
a.1) Gastos de compra de espazos publicitarios e inserción nos medios de comunicación.
a.2) Gastos de cotas de participación en plataformas de promoción en liña.
a.3) Gastos de deseño, creación e/ou aloxamento de aplicación soporte de comercio electrónico.

b) Gastos subvencionables para accións de promoción citadas na letra b) do artigo 1.1.

O límite máximo de gasto subvencionable por todos estes conceptos subvencionables é de 30.000 € por cada evento en que se participe.

  1. Gastos de viaxe de dúas persoas por empresa solicitante á cidade de celebración do evento desde algunha cidade de España. Por motivos empresariais admitirase que se emprenda a viaxe ou se retorne doutro país distinto de España, nese caso só se subvencionará o hotel do país en que se celebra a acción.
    Só son subvencionables os gastos de viaxe correspondentes a avión, tren e/ou autobús,
    taxas e seguros de viaxe.
  2. Aloxamento de dúas persoas por empresa (en réxime de aloxamento e almorzo), cun máximo de 5 pernoitas, cos límites indicados no anexo IV. Algunha das pernoitas debe coincidir coas datas de celebración do evento en que se participa.
    No caso de accións en máis dun país engadiranse un máximo de 2 pernoitas máis subvencionadas
    por país cun máximo total de 10 pernoitas.
  3. Gastos de aluguamento de espazos e servizos relacionados co dito alugamento; aluguamento de stand; construción, montaxe e desprazamento de stand; decoración de stand; aluguamento de mobiliario; contratación de persoal de apoio como intérpretes, modelos ou azafatas; envío de material promocional e mostras co seu seguro correspondente; deseño, elaboración, edición, montaxe, produción, tradución e impresión do material promocional.

c) Gastos subvencionables para accións de prospección citadas na letra c) do artigo 1.1. O límite máximo de gasto subvencionable por todos estes conceptos subvencionables é de 5.000 € por solicitude.

2. Os gastos subvencionables deberán estar realizados dentro do prazo de execución e facturados e pagados entre o día da presentación da solicitude de axuda e o derradeiro día do prazo de execución establecido na resolución de concesión para os efectos de cumprir todas as condicións nela establecidas.

Excepcionalmente, tamén serán subvencionables os gastos efectuados e pagados desde o 1 de xullo de 2018 exixidos en concepto de reserva para accións que se realizarán no exercicio 2019.

INTENSIDAD DE LA AYUDA Y CRITERIOS DE EVALUACIÓN Y SELECCIÓN DE SOLICITUDES

1. Intensidade da axuda sobre os gastos subvencionables: 70 %.

2. Para as accións incluídas nesta convocatoria a subvención máxima será de 80.500 € por solicitude e beneficiario (gasto subvencionable máximo de 115.000 €).

3. As solicitudes que cumpran coas condicións necesarias serán avaliadas de acordo co seguinte baremo xeral cunha base de puntuación de 80 puntos. Non se subvencionarán solicitudes que non acaden unha puntuación mínima no baremo de 25 puntos.

a) Dificultade para acometer o proceso de internacionalización e, polo tanto, maior necesidade
do apoio. Máximo: 30 puntos.

b) Tipo de internacionalización da empresa. Máximo: 30 puntos.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

1. O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 7 de marzo de 2019.