— Ayudas FEDER: proyectos de inversión empresarial. Hasta 30 diciembre.

Agaca
Por Agaca enero 30, 2019 15:13

Información de la ayuda

Activa

 

RESUMEN ELABORADO PORAgaca

Puede consultar/descargar este resumen de la Resolución en “Documentación” (formato PDF) y la Resolución completa en español en el enlace “Web”

— RESOLUCIÓN del 19 de diciembre de 2018 por la que se da publicidad al acuerdo del Consello de Dirección que aprueba las bases reguladoras de las ayudas a los proyectos de inversión empresarial, cofinanciadas por el Fondo Europeo de Desarrollo Regional, en el marco del programa operativo Feder Galicia 2014-2020, y se procede a su convocatoria en régimen de concurrencia no competitiva. IGAPE (DOG Nº 13, 18/01/2019)

FINALIDAD/OBJETIVO

Estimular a posta en marcha de proxectos de investimento empresarial en Galicia, coa finalidade principal de dinamizar a actividade económica na Comunidade Autónoma e potenciar o mantemento e creación de emprego, a través do desenvolvemento e mellora das empresas existentes, así como coa creación e posta en marcha de novas iniciativas empresariais.
Tipos de apoio
Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia non competitiva

BENEFICIARIOS POTENCIAIS

1. As pequenas e medianas empresas (pemes), calquera que sexa a súa forma xurídica, polo que tamén poderán acceder á condición de beneficiario as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, as actividades ou os comportamentos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.

Ademais deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Que proxecten levar a cabo un investimento nun centro de traballo localizado na Comunidade Autónoma de Galicia para desenvolver algunha das actividades subvencionables que se sinalan nestas bases.

b) Que acheguen para o proxecto de investimento unha contribución financeira exenta de calquera tipo de apoio público de polo menos un 25% dos custos subvencionables, sexa mediante recursos propios ou mediante financiamento externo.

2. Non poderán ter a condición de beneficiarios as empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.

3. Non poderán ter a condición de beneficiarias as empresas en crise.

4. Non poderán ter a condición de beneficiarios as empresas nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2º e 3º da Lei de subvencións de Galicia ou incumpran as obrigas do artigo 11 da citada Lei de subvencións.

Sectores incentivables

1. Serán subvencionables os investimentos realizados para o desenvolvemento de actividades relacionadas no anexo II destas bases, excluíndose as seguintes:

a) As recollidas no ámbito de aplicación do Regulamento polo que se declaran determinadas categorías de axudas a empresas dedicadas á produción, transformación e comercialización de produtos da pesca e da acuicultura compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.

b) As actividades de produción e comercialización dos produtos agrícolas enumerados no anexo I do Tratado de funcionamento da Unión Europea e as actividades de transformación de productos agrícolas enumerados no anexo I do Tratado de funcionamento da Unión Europea en productos agrícolas enumerados no dito anexo I.
c) As actividades do sector do aceiro, do sector do carbón, do sector da construción naval, do sector das fibras sintéticas, do sector do transporte, así como as infraestruturas conexas e a produción e distribución de enerxía e as infraestruturas enerxéticas.

2. Nas actividades de prestación de servizos en que así se prevexa no anexo II destas bases, deberase acreditar que máis do 50% da súa cifra neta de negocios, no exercicio anterior ao da solicitude, foi facturado a empresas industriais.

REQUISITOS PRINCIPALES DEL PROYECTO

1. Serán subvencionables os proxectos de investimento en activos fixos que respondan a algunhadas seguintes tipoloxías:

1.1. Creación dun novo establecemento.
1.2. Ampliación de capacidade dun establecemento existente.
1.3. Diversificación da produción dun establecemento existente en produtos que anteriormente non se producían no mesmo.
1.4. Transformación fundamental do proceso global de produción dun establecemento existente. Estes proxectos suporán a implementación dunha innovación no proceso global de produción que impliquen o uso por primeira vez de métodos de organización que inclúan melloras nas rutinas e procedementos de xestión do traballo, dos sistemas de produción ou a integración de áreas funcionais da empresa.

2. Dimensión do proxecto de investimento:
O investimento subvencionable deberá ser igual ou superior a 50.000 euros e non superior a 2.000.000 euros, excluíndo impostos, taxas e arbitrios.

INVERSIONES O GASTOS COMPUTABLES

1. Serán subvencionables os investimentos que se materialicen nos seguintes conceptos:

Obra civil: acondicionamento e urbanización, oficinas, laboratorios, servizos sociais e sanitarios do persoal, almacenamento de materias primas, edificios de produción, edificios de servizos industriais, almacenamento de produtos terminados e outras obras vinculadas ao proxecto, levadas a cabo en terreos propiedade do solicitante, ou sobre os que o solicitante teña un dereito de superficie ou unha concesión administrativa -outorgados por entidades non vinculadas ao solicitante- cunha vixencia mínima de 5 anos, a contar desde a data de finalización do proxecto. Estes conceptos estarán suxeitos aos límites máximos de custo subvencionable establecidos nos módulos recollidos no anexo III.

Adquisición de edificacións ou construcións. Unicamente admitirase que o terreo non sexa propiedade do solicitante cando exista un dereito de superficie ou unha concesión administrativa – outorgados por entidades non vinculadas ao solicitante- cunha vixencia mínima de 5 anos, a contar desde a data de finalización do proxecto sempre que o solicitante pase a ser titular dos ditos dereitos. A adquisición será por un importe que non exceda do 10% do gasto total subvencionable.
No caso de adquisición de edificacións ou construcións usadas, estas deberán cumprir os seguintes requisitos:

1) Que os bens non foran obxecto de ningunha subvención autonómica, nacional ou comunitaria.
2) O prezo non poderá ser superior ao valor de mercado e deberá ser inferior ao custo de bens novos similares.

Bens de equipo: maquinaria de proceso, instalacións específicas para a actividade subvencionable, equipos e medios de transporte interno, vehículos especiais de transporte externo, medios de protección do ambiente e outros bens de equipamento.

Outros investimentos en activos fixos materiais incluíndo mobiliario.

Activos intanxibles relacionados directamente co proceso produtivo (ou co de prestación de servizos, se é o caso) que cumpran os seguintes requisitos:

1) empregaranse exclusivamente no establecemento beneficiario da axuda;
2) deben ter a consideración de activos amortizables;
3) deberán ser adquiridos a terceiros non relacionados co comprador en condicións de mercado, e
4) figurarán no activo da empresa e permanecerán no establecemento beneficiario da axuda durante un período mínimo de 3 anos.

Os custos de reformas de instalacións levadas a cabo en bens inmobles arrendados suxeitos aos límites máximos de custo subvencionable establecidos nos módulos recollidos no anexo III e por un importe que non exceda do 50% do gasto total subvencionable. O arrendamento deberá ter unha vixencia mínima de 5 anos a contar desde a data de finalización do proxecto.

CUANTÍA DE LAS AYUDAS

A contía da axuda será o resultado de multiplicar a porcentaxe de subvención aprobada polo importe do investimento subvencionable.

A porcentaxe de subvención aprobada será a suma das porcentaxes obtidas na baremación dos seguintes criterios:
1. Tamaño da empresa:

24% pequenas empresas
15 % medianas empresas

2. Mantemento do emprego no caso da comunidade autónoma de Galicia: determinarase en base á cifra media de emprego dos 3 meses anteriores á solicitude da axuda, ou dos 12 meses anteriores no caso de actividades que acrediten unha elevada estacionalidade.

Concederase un 3% por mantemento de emprego no caso de pequenas e medianas empresas.

3. Creación de emprego estable na comundade autónoma de Galicia: en base ao compromiso de creación neta de postos de traballo con carácter indefinido durante o prazo de execución do proxecto.

a) Concederanse:
2% pola creación de cada posto de traballo no caso de microempresas (3% no caso de persoas discapacitadas) cun máximo de 3%
– 1% pola creación de cada posto de traballo no caso de pequenas empresas (2% no caso de persoas discapacitadas), cun máximo de 3%
– 0,5% pola creación de cada posto de traballo no caso de medianas empresas (1% no caso de persoas discapacitadas), cun máximo de 2%.

Consideraranse persoas discapacitadas as que acrediten un grado de discapacidade igual ou superior ao 33% recoñecida polo órgano competente.

b) No caso de novos establecementos nos que non exista emprego que manter e, por tanto, a puntuación do criterio 2 anterior sería igual a cero, os límites máximos de puntuación no presente criterio de creación de emprego serán de 6% no caso das pequenas empresas e 5% no caso das medianas empresas.

Aos efectos de mantemento e creación de emprego, computarase como 1 posto de traballo os derivados de contratos a tempo completo e como 0,5 postos de traballo os derivados de contratos a tempo parcial.

En todo caso, a intensidade máxima de axuda será do 30% no caso das pequenas empresas e 20% no caso das medianas empresas.

PLAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

a) Que, conforme as solicitudes recibidas, se esgote o crédito orzamentario, o que será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape, co fin de pechar anticipadamente o prazo de presentación de solicitudes.

b) O 30 de decembro de 2019.