— Ayudas compensación/ reposición ganado por sacrificio obligatorio (hasta 30 noviembre)

— Ayudas compensación/ reposición ganado por sacrificio obligatorio (hasta 30 noviembre)

Agaca
Por Agaca enero 17, 2017 11:42

Información de la ayuda

Activa

 

RESUMEN ELABORADO PORAgaca

Puede consultar/descargar este resumen de la Orden en “Documentación”(formato PDF) y la Orden completa en español en el enlace “Web”

— ORDE do 29 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas de compensacións complementarias e axudas para a reposición dos animais en explotacións de gando bovino, ovino e cabrún, como consecuencia do sacrificio obrigatorio de gando en execución de programas oficiais de erradicación de enfermidades, e se convocan para o a no 2017. Consellería de Medio Rural. DOG (Nº 9, 13/01/2017)

OBXECTO

O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras e convocar para o ano 2017:

  1. As axudas de compensacións complementarias por lucro cesante nos casos de inactividade nas explotacións de gando bovino, e gando ovino e cabrún, rexistradas en Galicia, con motivo da vixilancia, loita, control ou erradicación de enfermidades destas especies, levados a cabo no marco de programas ou actuacións sanitarias oficiais.
  2. As axudas para a compra de animais das especies bovina, ovina e cabrúa que teña por obxecto a reposición de efectivos, naquelas explotacións rexistradas en Galicia en que se ordenou o sacrificio de animais destas especies, despois do diagnóstico dunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación; tamén se incluirán os casos de animais desas especies que morresen neses marcos sanitarios oficiais citados e os casos de morte/sacrificio deses animais en consecuencia dun programa oficial obrigatorio de vacinación.

PERSOAS BENEFICIARIAS

  1. Poderán ser persoas beneficiarias das axudas de compensacións complementarias por lucro cesante as persoas físicas e xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica que sexan titulares de explotacións bovinas, ovinas e cabrúas en que se sacrificase ou destruíse de forma preventiva a totalidade do seu censo, por motivos de sospeita e/ou confirmación da presenza dalgunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación.
  2. Poderán ser persoas beneficiarias das axudas para a compra de animais de reposición as persoas físicas e xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica que sexan titulares de explotacións bovinas, ovinas e cabrúas en que se ordenase o sacrificio obrigatorio de animais existentes nelas, como consecuencia do diagnóstico dunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación, así como as persoas titulares daquelas explotacións onde morresen ou se practicase a eutanasia de animais das ditas especies, por mor dunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación ou por mor dun programa oficial obrigatorio de vacinación.

CONTÍA DAS COMPENSACIÓNS COMPLEMENTARIAS

  1. O importe das compensacións complementarias por lucro cesante en explotacións de gando bovino, ovino e cabrún será determinado con base nos cálculos aplicados ás marxes brutas das principais actividades produtivas gandeiras das explotacións, que se xuntan como anexo I a esta orde, tendo en conta o período de inactividade da explotación desde o día seguinte a aquel en que sexa efectivo o seu baleiro sanitario (a data real do baleiro é a data de sacrificio do último animal que saíu da explotación) e que fose ordenado pola autoridade competente.

AX_2017_reposicion_gando_sacrificado_cadro_axudas

CONTÍAS BÁSICAS DAS AXUDAS PARA A REPOSICIÓN

As axudas para a compra de animais bovinos, ovinos e cabrúns destinados á reposición poderán concederse nas contías básicas e cos límites seguintes:

  1. 500 euros por animal adquirido da especie bovina e 50 euros por animal comprado para o gando ovino e o cabrún (houbese ou non baleiro sanitario na subexplotación); estes importes por animal serán incrementados nun 10 % se a explotación pertencía a unha asociación de defensa sanitaria gandeira (ADSG) nos casos e datas seguintes, e no marco do artigo 1.2 desta orde:

CONTÍA ADICIONAL PARA O GANDO BOVINO

Ademais das contías básicas do artigo 30, poderá concederse unha contía adicional para cada animal bovino comprado nos seguintes casos:

  1. Se os animais bovinos sacrificados pertencían a subexplotacións incluídas en núcleos de control leiteiro oficial, nun importe por animal igual ao resultado de multiplicar:
    • 0,15 euros polos quilos de leite resultantes de aplicar a diferenza entre o rendemento leiteiro medio das lactacións válidas finalizadas de, polo menos, o 60 % das femias da subexplotación con maior rendemento e a cantidade de 6.700 quilos.
  2. Se os animais bovinos sacrificados tiñan menos de 12 anos de idade na data do seu sacrificio, pertencían a unha raza pura cárnica e estaban inscritos no libro xenealóxico da citada raza, poderase engadir unha contía adicional por animal de:
    • 150 € en animais sacrificados con cualificación morfolóxica de 65 a 72 puntos.
    • 300 € en animais sacrificados con cualificación morfolóxica de 73 a 80 puntos.
    • 450 € en animais sacrificados con cualificación morfolóxica de máis de 80 puntos.

Aplicarase a cualificación morfolóxica que se recolla na carta xenealóxica do animal.

O límite máximo por persoa beneficiaria, tendo en conta tamén esta contía adicional, será de 36.000 euros.
 

PRAZO DE DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de novembro de 2017.