— Ayudas – agroforestal: a acciones de demostración, información y visitas (hasta 9 febrero)

Agaca
Por Agaca enero 12, 2017 13:35

Información de la ayuda

Derogada / Fuera de plazo

 

RESUMEN ELABORADO PORAgaca

Puede consultar/descargar este resumen de la Orden en “Documentación” (formato PDF) y la Orden completa en español en el enlace “Web”

— ORDE do 26 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o financiamento de actividades de demostración e accións de información para o sector agrofoestal e agroalimentario, e de intercambios e visitas a explotacións agrícolas e forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2017. Consellería de Medio Rural. DOG (Nº 5, 09/01/2017)

OBXECTO

  1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e efectuar a convocatoria para o ano 2017 de subvencións destinadas a financiar actividades de demostración e accións de información orientadas a persoas con relación profesional ou con expectativa de incorporación nos sectores produtivos da agricultura, a gandería, a industria agroalimentaria e a cadea forestal-madeira, dirixidas, en especial, á mocidade e mulleres do medio rural, e tamén financiar intercambios de breve duración referentes á xestión das explotacións agrícolas e silvícolas, así como visitas a explotacións agrícolas e silvícolas, orientadas a persoas en idade laboral, en activo ou con expectativa de incorporación en sectores produtivos relacionados coa agricultura e a silvicultura.
  2.  

  3. Para o apoio a estas actividades de demostración, accións de información, intercambios e visitas recolleranse dúas modalidades de axudas:
    • a) Axudas para as actividades de demostración e accións de información baixo a submedida 1.2 (anexo I).
    • b) Axudas para intercambios e visitas a explotacións agrarias e forestais baixo a submedida 1.3 (anexo II).
  4. Non se financiará ningunha actividade de investigación nin campos de ensaio.

CONTÍA DAS AXUDAS E PARTICIPACIÓN

A determinación da contía das axudas realizarase en función do número de solicitudes presentadas e da dispoñibilidade orzamentaria, de acordo cos criterios de priorización que se establecen no número 9 dos anexos 1 e 2. Ademais, teranse en conta os importes seguintes por liña de axuda:

  1. As actividades de demostración e accións de información terán unha duración mínima de 5 horas e unha duración máxima de 20 horas. Ademais, será necesario un número mínimo de 10 participantes (e en casos excepcionais de 7 participantes debidamente xustificado) para a aprobación destas accións e actividades. O cálculo das axudas efectuarase en función destes parámetros: número de horas e número de participantes.

    Concederase unha axuda de ata un máximo de 8.000 euros por entidade e ano para actividades de demostración e accións de información.

    A prima básica máxima será de 1.000 euros por organización da actividade para un máximo de 20 horas (se a duración é menor aplicarase a redución correspondente). Por cada participante suplementario concederase un máximo de 50 euros. O máximo da axuda será de 2.150 euros para unha actividade de 20 horas (1.000 euros de prima básica á cal se poderá sumar ata un máximo de 1.150 euros no caso da admisión de participantes suplementarios).

    No suposto de organización de visitas para as actividades de demostración e accións de información, financiarase o 100 % dos gastos de desprazamento nun medio de transporte colectivo; estas visitas terán unha duración máxima de 2 días, a razón de máximo un día por cada dez horas de actividade, e deberá xustificarse a oportunidade e necesidade do uso dese transporte concreto nos termos establecidos no punto 2.c deste artigo.

  2. Os intercambios e visitas a explotacións agrícolas, gandeiras e forestais:
     
    a) Gastos por organización:

    As visitas terán unha duración máxima de 5 días, mentres que a duración máxima das actividades de intercambio será de 1 mes.
    O importe básico máximo para a prima única será de 1.000 € para a organización da actividade. Para as actividades de visitas contarase cun número mínimo de 10 participantes e un máximo de 30.

    Para os intercambios, dado que son actividades unipersoais, non se establece número mínimo de participantes, mentres que o número máximo estará en función do orzamento subvencionable.

    b)Gastos de aloxamento e manutención:

    No caso das visitas a manutención será dun máximo de 40 € por axuda de custo completa e de 20 € por media axuda de custo, segundo proceda, e o aloxamento terá un importe máximo de 60 € por pernoita.

    Polo que respecta aos intercambios a explotacións, o beneficiario recibe unha axuda en concepto de aloxamento e manutención para completar os gastos que tería en destino; as dotacións económicas da axuda por país (en €) detállanse na táboa que aparece no anexo X.

    c) Gastos por desprazamento: no suposto de organización de visitas a explotacións, financiarase o 100 % dos gastos de desprazamento nun medio de transporte colectivo, debidamente xustificada a oportunidade e necesidade do uso dese transporte concreto.

    No caso dos intercambios, debido á variabilidade dos prezos segundo a época do ano e lugar de destino, non se fixa un máximo para os gastos de desprazamento, que serán financiados ao 100 %, sempre e cando sexan debidamente xustificados; deberá ser xustificada a elección do medio de transporte tendo en conta os prezos do mercado máis vantaxosos. Establécese a seguinte orde de prioridade do uso dos distintos medios de transporte:

    • Tipo 1. Transportes colectivos con tarifas públicas.
    • Tipo 2. Transportes colectivos sen tarifas públicas. Neste caso deberase asegurar a moderación de gasto escollendo o prezo de mercado máis vantaxoso (deberanse presentar como mínimo tres orzamentos).
    • Tipo 3. Transporte particular.

    O uso dun medio de transporte comprendido no tipo 2 implica a xustificación de non dis- poñibilidade dun transporte do tipo 1 ou a presentación dun orzamento máis vantaxoso. Así mesmo, o uso dun transporte de tipo 3 implicará a xustificación da non dispoñibilidade dun transporte dos tipos 1 e 2 ou a presentación dun orzamento máis vantaxoso. De non seren xustificados nestes termos os gastos de desprazamentos non se considerarán elixibles.

  3. Seguro:

    3.1. No caso de actividades de demostración e accións de información o beneficiario deberá contratar unha póliza de seguro, que deberá estar a nome da entidade beneficiaria, que cubra os accidentes dos asistentes e, de ser o caso, póliza de responsabilidade civil para afrontar os riscos que para os bens ou persoas poidan derivar da realización das ditas actividades.

    3.2. No caso de intercambios e visitas a explotacións, o beneficiario deberá estar dado de alta nunha póliza de seguros que cubra os seguros sanitario dos participantes, de accidentes, de responsabilidade civil e de asistencia en viaxes, estará contratada ao nome da entidade beneficiaria e incluirá unha relación nominal de cada un dos participantes, antes do inicio da visita. Independentemente da subscrición da dita póliza, para as estadías na Unión Europea (fora de España), cada participante da visita solicitará a tarxeta sanitaria europea, sempre que saian do territorio español.

A contía máxima subvencionada para intercambios e visitas a explotacións será de 12.000 euros por entidade e ano.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes remata o 9 de febreiro de 2017.