— Ayudas a suministro de agua. Hasta 2 diciembre.

Agaca
Por Agaca noviembre 27, 2017 15:12

Información de la ayuda

Activa

RESUMEN ELABORADO PORAgaca

Puede consultar/descargar este resumen de la Orden en “Documentación”(formato PDF) y la Orden completa en español en el enlace “Web”

— ORDE do 30 de outubro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a garantir a subministración de auga ás explotacións agrarias, e se convocan para o ano 2017. Consellería do Medio Rural. DOG 208, 2/11/2017.

OBXECTO

1. A presente orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas, en réxime de minimis, destinadas a garantir a subministración de auga ás explotacións agrícolas e gandeiras naquelas zonas afectadas por unha declaración de seca na zona xeográfica en que están asentadas e proceder á súa convocatoria para o ano 2017 (procedemento MR405C).

2. As axudas recollidas nesta orde teñen como finalidade facilitar o acceso á auga ás explotacións agrícolas e gandeiras que basean as súas producións en superficies de cultivos
 
BENEFICIARIOS DAS AXUDAS

Poderán acollerse a estas axudas os titulares de explotacións agrícolas ou gandeiras, entendendo como tales aqueles que exercen a actividade agraria organizando os bens e dereitos integrantes da explotación con criterios empresariais e asumindo os riscos e responsabilidades civil, social e fiscal que poidan derivar da xestión da explotación, das zonas declaradas de alerta ou de prealerta por seca no ano 2017 nas demarcacións hidrográficas de Galicia Costa, Miño-Sil e do Douro no momento publicación desta convocatoria.

Quedan excluídos os titulares de explotacións de autoconsumo ou sen actividade comercial.
 
REQUISITOS PARA TODOS OS BENEFICIARIOS DAS AXUDAS

1. Serán subvencionables os seguintes conceptos:

    a) Novas estruturas e mellora das estruturas existentes para o abastecemento de auga tales como balsas de almacenamento, bebedoiros, conducións para o seu abastecemento, sempre que non supoña unha nova captación de auga nunha canle fluvial.
    b) Equipamentos para a mellora do abastecemento de auga ás explotacións gandeiras, como cisternas móbiles ou bebedoiros móbiles.
    c) En xeral, servizos de abastecemento de auga ás explotacións agrarias.

2. Consideraranse gastos subvencionables aqueles que de maneira indubidable respondan
á natureza do concepto subvencionable e se realicen no prazo establecido. O IVE non é subvencionable.

3. Considerarase gasto realizado o que estea efectivamente pagado con anterioridade á finalización do período de xustificación.

4. Cando o importe do gasto subvencionable sexa igual ou superior, IVE excluído, á contía de 50.000 euros, cando se trate de contrato de obras, ou de 18.000 euros, cando se trate doutros contratos, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que a realicen, presten ou subministren.
 
CONTÍA E TIPO DE AXUDA
1. O importe da axuda será do 50 % dos custos subvencionables.

2. O importe máximo da subvención por beneficiario non superará os 5.000 euros. En todo caso, os límites de intensidade da axuda son os especificados no Regulamento nº 1408/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis ao sector agrícola (15.000 euros nun período de tres exercicios fiscais, o actual e os dous anteriores).

3. No caso de que o crédito dispoñible non sexa suficiente para facer fronte a todos os beneficiarios, procederase ao rateo, segundo o establecido no artigo 19.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes remata o 2 de decembro de 2017.