— Ayudas a inversión en tecnologías forestales (hasta 27 febrero)

Agaca
Por Agaca enero 16, 2017 14:41

Información de la ayuda

Derogada / Fuera de plazo

 

RESUMEN ELABORADO PORAgaca

Puede consultar/descargar este resumen de la Orde en “Documentación”(formato PDF) y la Orden completa en español en el enlace “Web”

— ORDE do 27 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2017 as axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020. Consellería de Medio Rural. DOG (Nº 8, 12/01/2017)

OBXECTO

  1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais (código de procedemento MR606A), e proceder á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

BENEFICIARIOS

  1. Poderán ser beneficiarios as pequenas e medianas empresas (pemes) do sector forestal radicadas en Galicia. Tomarase a definición de peme incluída no anexo I do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño de 2014. Segundo esta definición, pemes son aquelas empresas que ocupan menos de 250 persoas e cuxo volume de negocios anual non excede os 50 millóns de euros ou cuxo balance xeral anual non excede os 43 millóns de euros.

INVESTIMENTOS SUBVENCIONABLES EN ACTIVOS FIXOS PRODUTIVOS

  1. Os investimentos subvencionables deben ser novos e non se poden iniciar antes de presentar a solicitude de axuda nin antes de que se realice a inspección comprobatoria a que se fai referencia no artigo 12.
  2. Poderán ser subvencionables os investimentos relativos ás operacións de aproveitamento, transformación e comercialización dos produtos forestais (madeira, cogomelos, castañas, plantas aromáticas e  medicinais,  biomasa  e  outros  produtos  forestais),  a  excepción  dos referidos no artigo 5. Os investimentos destinados a biomasa e outros produtos forestais distintos da madeira só serán subvencionables cando estes produtos teñan a súa orixe e se recollan no monte.
  3. Consideraranse con carácter exclusivo os seguintes investimentos elixibles:
    • a) Bens de equipamento e instalacións en empresas de recolla, manexo, acondicionamento e comercialización de produtos forestais non madeireiros e non alimentarios (biomasa e outros produtos forestais).   No   caso   de   produtos   forestais   alimentarios,   poderanse   subvencionar unicamente investimentos de recolla e manexo no mont
    • b) Maquinaria específica, apeiros e implementos que permitan un aproveitamento comercial da biomasa forestal: asteladoras, empacadoras, colleitadoras ou procesadoras de biomasa.
    • c) Acondicionamento e instalacións en parques intermedios de rolla ou biomasa.
    • d) Procesadoras, autocargadores, arrastradores forestais e outros equipamentos de corta e/ou saca de madeira, así como as adaptacións e implement Os implementos deberán ir instalados en equipamentos propiedade da empresa. Os equipamentos de saca de madeira ou biomasa consistentes en cabeza tractora con doble tracción, plataforma e guindastre forestal só serán subvencionables en empresas que posúan tractocargador e/ou autocargador en propiedade.
    • e) Equipamentos tractocargadores completos e os seus implementos forestais. Os tractores deberán ter cabinas adaptadas para o xiro do operario sentado, proteccións forestais na cabina, rodas e baixos, e irán dotados de guindastre, cabrestante e remolque forestal de tracción. Estas adaptacións exixiranse tamén aos tractores orientados á recolla de bioma
    • f) Rozadoras en número non superior aos equipamentos de saca de madeira ou biomasa propiedade da empresa.
    • g) Instrumentos de medición de masas forestais en número non superior á maquinaria de saca de madeira ou de bioma
    • h) Maquinaria e instalacións para procesamento da biomasa forestal para producir enerxía: asteladura, almaceamento, clasificación, caracterización, secado e acondicionamento da biomasa forestal. Só serán subvencionables cando a biomasa teña a súa orixe e recolla no mont Os investimentos no proceso de transformación de biomasa serán subvencionables unicamente naquelas industrias que non superen os 40.000 m³ de materia prima empregada no proceso. O cumprimento deste requisito comprobarase cos datos da empresa que figuren no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor).
    • i) Maquinaria e  instalacións  de  primeira  transformación  da  madeira.  Os  investimentos  no proceso de transformación da rolla serán subvencionables unicamente naquelas serras que non superen os 40.000 m³ de madeira en rolla empregada para serrar. O cumprimento deste requisito comprobarase cos datos da empresa que figuren no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor).
  4. Poderanse subvencionar investimentos financiados mediante arrendamento financeiro (leasing) ou calquera outra figura análoga; neste caso subvencionarase unicamente o importe correspondente á opción de compra. A opción de compra deberá realizarse no prazo de execución do investimento.

INVESTIMENTOS EN PLANS E FERRAMENTAS DE XESTIÓN EMPRESARIAL

Poderá ser obxecto de axuda a implementación de plans empresariais con criterios de xestión forestal sustentable, e as cadeas de custodia dos sistemas de certificación forestal, excluída a adquisición de maquinaria. En concreto, serán elixibles as seguintes actuacións:

  • a) Implantación, e certificación se procede, na empresa de ferramentas de xestión empresarial específicas da actividade forestal para o control de custos, calidade e mantement
  • b) Implantación e certificación da cadea de custodia de madeira certificada e/ou normativas de calidade e plans de mellora de xestión empresarial.

IMPORTE DAS AXUDAS

  1. Os investimentos subvencionaranse cunha axuda dun 40 % dos gastos elixibles.
  2. Estas axudas  poderán  acumularse  con calquera  outra axuda  estatal,  sempre  que as  ditas medidas de axuda se refiran a investimentos subvencionables diferentes, ou con calquera outra axuda estatal de fondos non comunitarios en relación cos mesmos custos subvencionables unicamente se tal acumulación non supera o 50 % de axuda, de acordo co indicado no artigo 8 do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño de 2014.
  3. A axuda máxima por solicitante limitarase a 150.000 euros.

PRAZO  DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes remata o 27 de febreiro  de 2017