— Ayudas a infraestructuras para energías renovables. Hasta 1 marzo.

Agaca
Por Agaca febrero 14, 2018 15:13

Información de la ayuda

Activa

RESUMEN ELABORADO PORAgaca

Puede consultar/descargar este resumen de la Resolución en “Documentación”(formato PDF, gallego) y la Resolución completa en español en el enlace “Web”

— RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequeñas infraestruturas para proxectos de enerxías renovables destinadas a particulares e cofinanciadas parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, se anuncia a convocatoria anticipada para o ano 2018 e se procede á selección das entidades colaboradoras que participarán na xestión destas subvencións. INEGA. DOG Nº 21, (30/01/2018).

OBJETO

O obxecto destas subvencións é apoiar proxectos promovidos polos particulares e as súas agrupacións e asociacións con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de enerxía térmica mediante equipamentos que utilicen biomasa como combustible e outras instalación de enerxías renovables que utilicen como fonte enerxética a xeotermia, a aerotermia ou a solar.

CONCEPTOS SUBVENCIONABLES

1. Serán subvencionables:

    a) O equipamento principal de xeración enerxética (paneis solares, bomba de calor, caldeira). No caso da biomasa o custo do equipamento térmico e os seus accesorios principais (sistema de regulación e control, sistemas de limpeza, depuración de fumes, extracción cinzas).
    b) Resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento de sistema.
    c) O custo do sistema de almacenamento do combustible.
    d) O custo do sistema de alimentación do combustible.
    e) O custo de montaxe e conexionado.
    f) No caso da enerxía xeotérmica, o sistema de captación do recurso xeotérmico: sondaxes, intercambiadores, acumuladores, tubarías, etc.
    g) No caso da enerxía fotovoltaica o acondicionamento da enerxía eléctrica (inversores, convertedores, reguladores, cadros eléctricos, elementos de interconexión, proteccións, cableado, equipamentos de medidas, etc.), monitorización (sensores, adquisición de datos, comunicación remota, etc.) e sistema de acumulación con baterías. Serán subvencionables tanto as instalacións illadas da rede como as conectadas a ela.
    h) IVE, cando non sexa recuperable conforme a lexislación nacional sobre IVE.

En todo caso, os beneficiarios que gocen da exención do IVE, deberán acreditar esta circunstancia mediante a presentación do correspondente certificado emitido pola Administración tributaria.

2. Non son subvencionables:

    a) Os gastos de funcionamento da actividade subvencionada e material funxible en xeral.
    b) Os gastos anteriores á presentación da solicitude.
    c) A reposición ou mera substitución de equipamentos existentes en proxectos financiados con fondos Feader. Para estes efectos, enténdese por gastos de reposición ou substitución aqueles que se limiten a substituír unha máquina existente ou parte desta por unha máquina nova e moderna sen ampliar a capacidade de produción en máis dun 25 % ou introducir cambios fundamentais na natureza da produción ou tecnoloxía correspondente).
    d) Equipamento e materiais de segunda man.
    e) As obras de mantemento e os gastos de alugueiro.
    f) As taxas e licenzas administrativas.
    g) As conducións de distribución interior da calor e os equipamentos emisores, salvo cando estes sexan parte activa do circuíto de xeración térmica.

INTENSIDAD DE LA AYUDA Y CUANTÍA MÁXIMA

1. A intensidade da axuda será do 50 %.
2. A contía máxima da axuda por proxecto será de 60.000 €.

INFORMACIÓN A LOS INTERESADOS

Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional a través dos seguintes medios:

  1. Na páxina web do Inega (www.inega.gal) e no correo electrónico inega.info@xunta.gal
  2. No teléfono 981 54 15 00 (Inega).
  3. Presencialmente, no Inega (rúa Avelino Pousa Antelo, 5. San Lázaro. 15703 Santiago de Compostela), previa cita no teléfono 981 54 15 00.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

1. O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 1 de marzo de 2018.