— Ayudas a empleo en nuevas pequeñas empresas. Hasta 31 julio.

Agaca
Por Agaca junio 7, 2017 13:17

Información de la ayuda

Activa

 

RESUMEN ELABORADO PORAgaca

Puede consultar/descargar este resumen de la Orden en “Documentación”(formato PDF, gallego) y la Orden completa en español en el enlace “Web”

ORDE do 10 de maio de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación e se procede á súa convocatoria para o ano 2017. CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DOG Nº 97 – 23/05/2017

 

OBXECTO E FINALIDADE

  1. Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2017 do Programa de fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación, e proceder á súa convocatoria para o ano 20
  2. A finalidade deste programa é xerar emprego estable para persoas desempregadas, principalmente entre as mulleres, as persoas con discapacidade e en risco de exclusión social e as unidades familiares con todos os seus membros en situación de desemprego, apoiando e dinamizando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia, con especial atención aos concellos do rural galego.

ENTIDADES BENEFICIARIAS

1. Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as empresas privadas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, agás as persoas físicas, comunidades de bens, sociedades civís, sociedades cooperativas e sociedades laborais, sempre que cum- pran as condicións e os requisitos establecidos nesta orde para cada tipo de axuda e nas cales concorran, na data do seu inicio de actividade, as seguintes circunstancias:

    a) Que sexan empresas de nova creación; aquelas que inicien a actividade empresarial desde a data do 1 de outubro de 2016.
    b) Que sexan viables técnica, económica e financeiramente.
    c) Que xeren emprego estable para persoas desempregadas.
    d) Que teñan o seu domicilio social, fiscal e o seu centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.
    e) Que sexan promovidas, como máximo, por cinco persoas e que entre os socios ou as socias promotoras non figure ningunha persoa xurídica.
    f) Que a empresa teña un capital social máximo de 120.202 euros.
    g) Que como mínimo o 50 % do seu capital social sexa de titularidade dos promotores e promotoras que sexan persoas desempregadas que creen o seu propio posto de traballo na empresa.

TIPOS DE AXUDA

O Programa de fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación inclúe os seguintes tipos de axudas:

    a) Subvención á xeración de emprego estable.
    b) Subvención para formación.
    c) Subvención para o inicio da actividade.
    d) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.

 

Subvención á xeración de emprego estable

  1. A creación de  postos  de  traballo  estables  de  carácter  indefinido, incluídos os das propias persoas promotoras, que sexan ocupados por persoas desempregadas, incentivarase, ata un máximo de dez, cada un deles coa contía de 4.000 euros como desempregado en xeral.
     

    Esta contía base incrementarase nun 25 % nos seguintes casos:

      a) Se a persoa incorporada é unha muller.
      b) Se a persoa incorporada ten discapacidade ou se atopa en situación ou risco de exclusión social.
      c) Se a  persoa  incorporada  pertence  a  unha  unidade  familiar  en  que  todos  os  seus membros están desempregados.
      d) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) da empresa estea situado nun concello rural.

    Deste xeito, a contía máxima posible por posto de traballo, de aplicarse todos os incrementos, sería de 8.000 €.

  2. Poderán ser obxecto desta subvención os postos de traballo estables de carácter indefinido creados desde o 1 de outubro de 2016 e ata o 31 de xullo de 2017.

 

Subvención para a formación

  1. Subvencionaranse os cursos e as actividades formativas que a persoa promotora realice para obter e mellorar os seus coñecementos sobre a función xerencial e as actividades formativas directamente relacionadas coa actividade económica en que estea de alta a empresa. Esta formación  poderá  ser  impartida  por  entidades  públicas  ou  privadas  e deberá estar finalizada dentro do período subvencionable.
  1. O gasto orixinado deberase producir no período subvencionable e deberá ser efecti- vamente xustificado, mediante certificado de asistencia e as facturas e documentos banca- rios acreditativos do seu pagamento, con anterioridade á finalización do período de xustificación establecido na resolución de concesión ou, en todo o caso, ata o 20 de decembro de 2017.

A contía da subvención, que só se poderá solicitar unha vez, será de ata o 75 % do custo dos servizos recibidos, excluído o IVE, cun límite máximo de 3.000 euros polo conxunto dos cursos e actividades de formación recibidas.

 

Subvención para o inicio da actividade

Poderase conceder para o financiamento dos primeiros gastos da actividade unha subvención de ata 3.000 euros por cada emprego subvencionable, ata un máximo de dez, por persoa desempregada en xeral.

Esta contía base incrementarase nun 25% nos seguintes casos:

    a) Se a persoa incorporada é unha muller.
    b) Se a persoa incorporada ten  discapacidade  ou  se  atopa  en  situación  ou  risco de exclusión social.
    c) Se a  persoa  incorporada  pertence  a  unha  unidade  familiar  en  que  todos  os  seus membros están desempregados.
    d) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) da empresa estea situado nun concello rural.

Deste xeito, a contía máxima posible por posto de traballo, de aplicarse todos os incrementos, sería de 6.000 €.

 

Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras

  1. Co obxecto de favorecer a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas emprendedoras concederase unha subvención do 75 % do custo dos servizos de gardaría, ata un máximo de 3.000 euros, para aquelas persoas promotoras que teñan fillos ou fillas menores de tres anos.
  1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas promotoras que creen o seu propio posto de traballo estable e polo que se obtivese a subvención establecida no artigo 8 desta orde, sexan titulares de familias monoparentais ou nas cales os dous cónxuxes realicen unha actividade laboral e estean dados de alta no correspondente réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional.
  1. Serán subvencionables os gastos da gardaría correspondentes desde os tres meses anteriores ao inicio de actividade ata o fin do período subvencionable e tendo como data límite máxima o mes de xullo de 2017.

 

PRAZO PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES DE AXUDA

  1. O prazo xeral para a presentación de solicitudes das axudas deste programa finalizará o 31 de xullo de 2017.