— Ayudas a creación de empresa no agraria (hasta 2 mayo)

Agaca
Por Agaca marzo 2, 2017 11:20

Información de la ayuda

Activa

RESUMEN ELABORADO PORAgaca

Puede consultar/descargar este resumen de la Orden en “Documentación”(formato PDF) y la Orden completa en español en el enlace “Web”

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2017 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (Galicia Rural Emprende). IGAPE. DOG Nº 42, 01/03/2017

PROXECTOS OBXECTO DE APOIO

  1. Serán subvencionables os proxectos dirixidos á creación de emprego nas zonas rurais mediante axudas á primeira implantación e desenvolvemento de novas actividades económicas non agrarias viables, que deben contribuír á diversificación económica, crecemento de emprego, sustentabilidade do medio rural e equilibrio territorial, tanto en termos económicos como sociais.
  2. Actividades. Con carácter xeral serán subvencionables as seguintes actividades:
    a) Industrias, fábricas e locais destinados á produción de bens e materiais.Non obstante o anterior, os investimentos relacionados coa utilización da madeira como materia prima ou fonte de enerxía limitaranse ás operacións de segunda transformación.
    b) Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, cando o produto final do proceso de transformación e/ou comercialización derivado dos investimentos non estea incluído no anexo I do Tratado de funcionamento da Unión Europea (TFUE).
    c) Prestación de servizos en calquera sector económico (agricultura, silvicultura, sector industrial e de servizos…).
    d) Prestación de servizos sociais (gardarías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade, granxas-escola…).
    e) Actividades de lecer, recreativas e deportivas. f) Artesanía e actividades artesanais.
    g) Actividades baseadas nas novas tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), innovación tecnolóxica e comercio electrónico.
    h) Actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial, servizos técnicos, contabilidade, veterinaria.
    i) Comercio ao retallo de produtos non incluídos no anexo I do TFUE.
    j) No sector da restauración turística, exclusivamente a creación de novos restaurantes situados en construcións patrimoniais senlleiras (pazos, muíños, patrimonio industrial, pallozas, faros…) e que vaian ofertar unha cociña baseada na gastronomía galega tradicional ou que con ese substrato propoñan técnicas innovadoras ou fusións con outras gastronomías do mundo.

BENEFICIARIOS

1. Poderán ser beneficiarios:

a) Os titulares ou membros dunha unidade familiar dunha explotación agraria que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación.

A explotación agraria deberá estar inscrita no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga)
e ter a cualificación de explotación agraria prioritaria no momento da solicitude da axuda.

Para estes efectos, considerarase que forman parte da unidade familiar dunha explotación os familiares da persoa titular ata o terceiro grao de consanguinidade ou afinidade que estean empadroados no domicilio familiar vinculado á explotación.

b) As microempresas e pequenas empresas de nova creación ou que inicien unha actividade distinta á que tiña no momento da solicitude da axuda.

c) As persoas físicas que residan nunha zona rural, ben para crearen unha nova empresa ben para seguiren traballando na preexistente como traballadores por conta propia.

INTENSIDADE DA AXUDA E CRITERIOS DE AVALIACIÓN E SELECCIÓN DE PROXECTOS

1. A axuda consistirá nunha prima cuxa contía básica se establece en 20.000 euros e que poderá incrementarse ata un máximo de 70.000 € nas seguintes situacións:

    a) De acordo co seguinte rango de gasto e investimento admisible:
  1. De 20.000 a 30.000 €: incremento sobre a prima básica de 12.500 €.
  2. De 30.001 a 40.000 €: incremento sobre a prima básica de 17.500 €.
  3. De 40.001 a 60.000 €: incremento sobre a prima básica de 25.000 €.
  4. De 60.001 a 80.000 €: incremento sobre a prima básica de 31.500 €.
  5. De 80.001 a 100.000 €: incremento sobre a prima básica de 40.500 €.
  6. Maior de 100.000 €: incremento sobre a prima básica de 45.000 €.
    b) Creación de emprego adicional, ademais da man de obra correspondente aos socios do proxecto: 20.000 €
    c) Localización nunha zona con limitacións naturais ou outras limitacións específicas incluídas no artigo 32 do Regulamento (UE) 1305/2013 e relacionadas no anexo VII das bases reguladoras:
    5.000 €.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación das solicitudes remata o 2 de maio de 2017.

O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será o 15 de xuño de 2017, transcorrido o cal poderase entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión de axuda.

O prazo de execución dos proxectos rematará na data establecida na resolución de concesión, sen que nunca poida exceder o 30 de novembro de 2018.