— Ayudas a Agrupacións de Defensa Sanitaria (hasta 6 febrero)

Agaca
Por Agaca enero 12, 2017 11:44

Información de la ayuda

Derogada / Fuera de plazo

 

RESUMEN ELABORADO PORAgaca

Puede consultar/descargar este resumen de la Orden en “Documentación”(formato PDF) y la Orden completa en español en el enlace “Web”

— ORDE do 21 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás entidades recoñecidas como agrupacións de defensa sanitaria gandeiras (ADSG) de Galicia e se convocan para o ano 2017-2018. Consellería do Medio Rural (DOG Nº 4, 05/01/2017)

OBXECTO

A orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas ás agrupacións de defensa sanitaria gandeiras para a realización das actuacións sanitarias establecidas no anexo IV da presente orde, e efectuar a convocatoria para a anualidade 2017-2018 de conformidade co establecido no Real decreto
81/2015.

FINALIDADE DAS AXUDAS

  1. A finalidade destas axudas é a mellora do status sanitario das explotacións gandeiras galegas mediante a execución de programas zoosanitarios comúns e obrigatorios para a prevención e control de enfermidades dos animais.
  2. Os programas de planificación zoosanitaria comezarán o 1 de marzo de 2017 ou na data de presentación da solicitude de axudas se é posterior, e rematarán o 28 de febreiro de 2018, e deberán incluír, como mínimo, as actuacións sanitarias dos programas sanitarios marco obrigatorios establecidos no anexo IV.

GASTOS SUBVENCIONABLES

Son gastos subvencionables os recollidos nas seguintes liñas:

  1. Os derivados da contratación de servizos técnicos veterinarios ou a remuneración do persoal veterinario responsable das agrupacións para a realización das actuacións sanitarias establecidas nos programas sanitarios marco recollidos no anexo IV.

    Poderá subvencionarse a contratación ou remuneración de máis dunha persoa veterinaria responsable por ADSG.

  2. Os derivados da compra do seguinte material funxible utilizado para o desenvolvemento do programa sanitario:
    • Guantes e calzas.

    • Tubos de extracción de sangue e agullas.
  3. Os derivados da organización de xornadas formativas para os gandeiros en relación coas materias relacionadas cos programas sanitarios das agrupacións. Neste caso, serán gastos subvencionables os correspondentes a accións de difusión e publicidade da acción formativa, material didáctico, alugamento de instalacións ou de equipamentos e útiles de traballo, así como os correspondentes ao persoal que imparte as charlas, incluíndo os custos de aloxamento, manutención e desprazamentos.

Considéranse gastos subvencionables os que sexan realizados a partir do 1 de marzo de 2017 ata o 28 de febreiro de 2018, ou desde a presentación da solicitude ante a autoridade competente en materia de sanidade animal, se esta é posterior á data do 1 de marzo de 2017.

BENEFICIARIOS

Poderán ser beneficiarios destas axudas as entidades asociativas agrarias que cumpran os seguintes requisitos:

a) Estar oficialmente recoñecidas como ADSG e, polo tanto, inscritas no rexistro de ADSG de Galicia antes da finalización do prazo de solicitude establecido na presente orde, e que manteñan as condicións do recoñecemento ao longo de todo o período de execución da axuda.

Quedan excluídas da condición de beneficiarias as ADSG formadas exclusivamente por cebadeiros de gando vacún.

b) Comprometerse na execución dun programa sanitario común que incluirá, como mínimo, o programa sanitario marco obrigatorio establecido no anexo IV da presente orde.

c) Estar integradas por explotacións de produtores gandeiros en actividade, e que as ditas explotacións teñan a condición de pemes (pequenas e medianas empresas) de acordó co establecido no anexo I do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e nas zonas rurais compatibles co mercado interior na aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea

d) Estar ao día das obrigas tributarias e da Seguridade Social, así como cumprir o resto dos requisitos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

CONTÍA DAS AXUDAS

  1. Para a cuantificación da subvención para a contratación dos servizos técnicos veterinarios ou a remuneración do persoal facultativo veterinario responsable da supervisión e execución do programa sanitario, establécese:

    a) Subvencionarase un máximo de 20.200 euros por cada persoa veterinaria con dedicación exclusiva para o desenvolvemento do programa sanitario da agrupación, e un máximo de 8.300 euros por cada persoa veterinaria responsable do programa sanitario sen exclusividade, ou no caso da contratación dos servizos técnicos veterinarios (empresa).

    No caso de que unha persoa veterinaria traballe para máis dunha ADSG, a axuda a percibir nunca poderá superar o importe establecido no parágrafo anterior para unha relación contractual a tempo parcial.

    b) No caso das ADSG de gando bovino, para acadar os importes indicados no punto anterior, computarase un mínimo de 3.300 UGM por cada persoa veterinaria con dedicación a tempo completo ao programa sanitario da ADSG, e un mínimo de 1.650 UGM por cada persoa veterinaria con dedicación a tempo parcial, ou cando se contraten os servizos técnicos veterinarios dunha empresa, reducíndose proporcionalmente a axuda da entidade no caso de non acadarse as UGM mencionadas. Se a ADSG conta con varias persoas veterinarias, para o cálculo da axuda a adxudicar asignaranse tanto as UGM mínimas sinaladas como os importes a percibir por persoa veterinaria segundo a prelación destas establecida pola propia entidade no orzamento solicitado, realizándose a redución proporcional na última delas en que se asignen as UGM da agrupación por debaixo dos límites indicados.

    c) O total do importe de subvención motivada por contratación de persoal veterinario non poderá superar un importe máximo que resultará de multiplicar o número de unidades de gando maior (UGM) da ADSG polo seguinte valor en cada caso:

    1º. ADSG de vacún: 6,12.
    2º. ADSG de ovino e cabrún: 7,5.
    3º. ADSG de porcino: 1,7
    4º. ADSG de avicultura: 0,9.
    5º. ADSG de cunicultura: 1,5.
    6º. ADSG de acuicultura continental: 3.
    7º. ADSG de visóns e outras especies: 0,5.

    Os valores de UGM de cada especie animal tidos en conta para os cálculos nestas axudas serán os establecidos regulamentariamente, publicados oficialmente (Decreto 91/2001, do 19 de abril, polo que se regulan as agrupacións de defensa sanitaria gandeiras en Galicia, publicado no DOG do 8 de maio).

    Para o cálculo do importe máximo, teranse en conta as UGM en función do censo que conste de alta para cada unha das ADSG beneficiarias na base de datos da Consellería do Medio Rural á data de remate do prazo de solicitude da axuda.

  2. Compra de material funxible para o desenvolvemento do programa sanitario da ADSG. Poderase solicitar por esta liña ata o importe resultante da multiplicación das UGM totais da ADSG polo coeficiente de 0,10, excepto as ADSG de aves, cuxo coeficiente a multiplicar as UGM será de
    0,005, cun máximo de axuda a percibir por ADSG de 4.000 €.
  3. Organización de xornadas formativas para os gandeiros. Poderase solicitar por esta liña un máximo de 1.500 € por ADSG.

XUSTIFICACIÓNS

1. Consideraranse gastos subvencionables, para os efectos previstos na presente orde, aqueles que de xeito indubidable respondan á natureza da actividade subvencionada e se realicen no prazo establecido ata o 28 de febreiro de 2018.

Para subvencionar, considérase gasto realizado o que foi efectivamente pagado.

2. Os gastos realizados polo beneficiario final deberán xustificarse mediante facturas ou nóminas orixinais ou copias compulsadas delas. Nos casos en que isto non sexa posible e que non existan facturas, os gastos xustificaranse por medio de documentos contables de valor probatorio equivalente.

As facturas, nóminas e xustificantes bancarios do pagamento do gasto subvencionable realizado pola ADSG ata o 28 de febreiro de 2018 no desenvolvemento do programa sanitario poderanse presentar na oficina agraria comarcal (OAC) que corresponda ata o 10 de marzo de 2018.

Prazos para xustificar

1. O prazo de presentación dos xustificantes bancarios do pagamento do gasto subvencionable realizado pola ADSG ata o 28 de febreiro de 2018, rematará o 10 de marzo de 2018.

2. Poderá solicitarse antes do 1 de outubro de 2017 un anticipo do 44,179 % do total da subvención autorizada, suxeito á dispoñibilidades orzamentarias vixentes. O importe total correspondente aos anticipos non poderá superar o crédito orzamentario previsto para a anualidade 2017.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes remata o 6 de febreiro de 2017.